Mesa de recollida de sinaturas a favor dunha “canle xabarín” no Concello.

  • O Concello colocou un punto de recollida de sinaturas na casa consistorial para a defensa dunha canle de tv, radio e internet con contidos en galego, pero “esqueceu” facelo público.
  • A proposta de Somos Ribadumia fora aprobada por unanimidade do pleno.
  • A campaña de recollida de sinaturas ten data límite do 15 de xaneiro.

   No pasado pleno de novembro saíu adiante unha proposta de Somos Ribadumia, apoiada por todas as forzas do concello, en favor de sumarnos á campaña posta en marcha pola Mesa Pola Normalización Lingüística, a favor de que os servizos de tv, radio e contidos na rede dos servizos públicos galegos incluirán unha programación especifica para nenos. Hai que remarcar que a esta campaña xa se sumaron máis da metade  dos concellos galegos e esta tendo unha enorme aceptación por parte da cidadanía. Tal como expuxo Oubiña no pleno, o xeito de contar con contidos en galego, supuxo no seu momento unha gran ferramenta para dar valor a nosa lingua, ademais de proveer uns contidos moito máis axeitados, a través da dobraxe en galego, a nosa idiosincrasia e cultura propia, como  demostrara o éxito no seu momento gracias ao espazo da TVG “Xabarin Club”. Por non falar de que a existencia de canles en galego, como pasa noutras comunidades, pode favorecer o desenvolvemento de contidos propios, ou sexa que crearía emprego.

   O goberno local cumpriu o acordo, poñéndose en contacto coa Mesa, e dispoñendo un punto de recollida de sinaturas na casa consistorial. Porén, por algún extrano motivo, non informaron publicamente deste asunto, nin a través dos medios de prensa, nin das redes sociais, nin tampouco a través da web e plataformas municipais. Tampouco se informou a Somos Ribadumia, impulsores da proposta, de que se dera cumprimento ao acordo. Para Oubiña “non vou nin entrar a valorar que un goberno que manda un comunicado para explicar que fixo unhas placas de aceiro co escudo do concello  gravado, non colgue nin un so aviso de que se está realizando unha campaña desta importancia, ademais aprobada en pleno. A intencionalidade é evidente”.

   Dende Somos Ribadumia queremos animar á veciñanza a sumarse a esta campaña, achegarse ao concello e asinar a favor desta iniciativa, que consideramos que vai a favor do desenvolvemento dos nosos nenos e que supón unha enorme axuda a hora de preservar e promover o uso da lingua galega.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s