Lamentamos que David Castro non saiba cal é o escudo de Ribadumia

  • David Castro gabouse esta semana de por unhas xaulas para gardar os contedores no nucleo de Barrantes que son un atentado visual.
  • Somos Ribadumia xa advertimos en 2019 que ese formato non era o máis axeitado e deixamos propostas moito máis coherentes co entorno urbano.
  • O escudo que o equipo de goberno presumiu de incluir nas xaulas, non se corresponde co do Concello de Ribadumia.

 “ Lamentable. Un alcalde debe saber cal é o escudo do seu concello”, Enrique Oubiña non saía do seu asombro esta fin de semana cando se achegou comprobar como eran as xaulas que o goberno de David Castro colocou nos últimos días, logo dun retraso de case dous anos, e que teñen como obxectivo disimular a fea imaxe dos grupos dos contedores do lixo, así como evitar que se despracen co mal tempo.

  O primeiro que hai que dicir é que esta actuación, así como a colocación dos suxeita contedores individuais no resto do concello é unha actuación prevista polo anterior equipo de goberno, sendo concelleiro de Urbanismo Enrique Oubiña e de parques, xardíns e limpeza, Pepe Lede do Psoe. É importante recordalo, porque tal como explica Oubiña esta actuación o alcalde retrasouna deliberadamente para tratar de desvinculala da xestión do goberno anterior, e aparentar que fai algo. Pero a realidade é que esa proposta saíu do concelleiro do Psoe e de Somos Ribadumia, xa no 2017, como unha solución aos problemas que ocasionan os contedores cando hai temporais  de vento, concretándose a proposta no 2018 e incluíndoa no Plan Concellos 2019”. Nese aspecto, que se fixera unha “foto oficial”, e non se nos convidara ni se nomeara na comunicación o traballo que deixamos feito, parécenos de certa falta de respecto institucional, pero de David Castro nese aspecto xa non agardamos nada.

  Máis grave nos parece a solución adoptada nos caso dos grupos de contedores no núcleo urbano. No seu momento, a finais da lexislatura pasada, David Castro, ignorando ao concelleiro de Somos Ribadumia  e todo o acordado neste eido, decidiu colocar unha xaula a modo de proba no centro de Barrantes, concretamente na rúa Condesa. Oubiña xa nese momento advertiu que “de todas as solucións valoradas a que se colocou foi a mais barata, pero resulta que non foi a acordada e, o realmente grave, é  a que peor impacto visual provoca. Había outras propostas máis discretas, ou de mellor imaxe, e nos propuxemos, en principio co visto bo de David Castro, un modelo que permitía usar os paneis frontais tanto como taboeiros de anuncios, ou incluso como soportes de imaxes publicitarias do noso concello, de xeito similar ao feito cos contedores do vidro no 2016, que mitigaran a mala imaxe dos grupos de  contedores”. Ante a tardanza por colocar o resto de xaulas, pensamos que o goberno estaría valorando a proposta inicial, ou cando menos unha corrección importante, pero nada máis lonxe da realidade, pois o formato final pouco ou nada se diferencia da xaula de proba.

   Ademais disto hai que recordar que o goberno anterior tiña un acordo para tentar na medida do posible homoxeneizar a imaxe dos obxectos públicos e decorativos, motivo polo cal por orde de Oubiña se repintaron todas as farolas, papeleiras e bancos públicos coa gama cromática que de xeito corporativo se usa na loxística e publicidade da festa do Viño Tinto do Salnés. O goberno actual de David Castro ignora este acordo, e de paso todo gusto estético, e colocou unhas xaulas que son un atentado visual, nunha cor castaña escuro que no canto de disimular a mala imaxe que os contedores viñan xerando, convérteos nunha horrenda referencia visual.

Ata o escudo está mal.

  Porén, ademais do mal gusto estético, que non é unha cuestión menor porque a imaxe que os visitantes se van levar do noso concello vai ser bastante pésima, resulta que nos topamos cunha situación do máis esperpéntica cando lemos o seguinte no comunicado do Concello: “Ademais, cada cobertor leva serigrafíado e recortado a láser o escudo e_nome do Concello de Ribadumia, cun grosor de 1,5 mm e un tamaño de 50×50 cm”, que nos interpretamos que o goberno quere vender como un plus de calidade, pero que dende o noso punto de vista solo serviu para aumentar o prezo innecesariamente. A sorpresa nosa, máis alo do ridículo do argumento comercial co que o alcalde pretende dar valor a esas xaulas, ven porque o escudo que se serigrafiou non se corresponde co do Concello de Ribadumia. Un erro que xa se cometeu na xaula de proba colocada en maio do 2019, e que polo visto ninguén no equipo de goberno observou, a pesar de pasar todos os días por diante desa xaula, nin en todo este tempo, nin nas novas xaulas, xunto as que o alcalde se fixo moi ufanamente unhas fotos. A cuestión é moi grave, porque ademais ese problema xa se dera ao principio da lexislatura anterior, e o propio Oubiña mandara todo tipo instrucións internas, así como ás empresas que traballaban nese momento co Concello, para evitar colocar o escudo erroneo. Faise evidente que faltou Oubiña no goberno e faltou quen xestionara as cousas correctamente. 

   Para Oubiña que o noso alcalde descoñeza como é o escudo do noso concello, non ten perdón. E o malo é que non solo queda mal el e todo o seu equipo de goberno que anda igual de perdido que el, se non que déixannos quedar mal a todos os demais e á propia veciñanza, ademais de axudar a crear confusión con respecto a imaxe institucional que nos representa”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s