Opoñémonos a que David Castro use as entidades locais para solucionar os problemas do seu goberno.

pleno1

  • David Castro pretende que as entidades que organizan os campus solucionen os problemas de conciliación familiar que debe solventar o concello.
  • Negase que aportar toda a documentación a tratar nos plenos antes da celebración deste.
  • Presenta documentación incumprindo os prazos legais, co obxectivo de que se aprobe sen tempo a debater nin presentar alternativa.
  • Non aceptamos imposicións de ningún tipo nin que se nos sigan recortando os nosos dereitos, e por ese motivo non participaremos no pleno deste mércores.
  • David Castro forza a ruptura institucional no seu afán por desfacerse de todas as súas responsabilidades como alcalde.

  o pasado luns, logo de celebrarse as Comisión Informativas previas ao pleno extraordinario deste mercores, a Comisión Executiva de Somos Ribadumia reunímonos de urxencia para, logo do vivido nas comisións, tomar decisións ao respecto.   Tal como explica o noso voceiro, Enrique Oubiña, “a situación volveuse insostible. David Castro está metido  nunha fuxida cara adiante de todas as súas responsabilidades como alcalde, e de ataque e derribo ao traballo da oposición en xeral e da nosa formación en particular,  e  non podemos formar parte de semellante maneira de actuar”. A situación ven derivada da liña política do goberno local dende principio da lexislatura, tensando de xeito continuado a corda coa oposición, negándonos o acceso á información e bloqueando o noso traballo político. Porén, “o colmo chega con este pleno municipal, que será extraordinario e no cal o alcalde incluíu cuestións polas que nos levamos preguntando meses, pero limitándonos o acceso á documentación, tal como lle corresponde facer, non só  por saúde democrática, se non tamén por lei. E isto inda igual o podiamos pasar desta vez, pero é que o que ademais  pretende facer cos colectivos deste concello é para nos inasumible, polo que negámonos a participar do pleno”.

   Ribadumia, como moitos concellos, enfronta de cara a este verán moitas problemáticas, unha delas a da conciliación familiar.. “O covid mudou moitas cousas. Pero tanto o goberno central como a Xunta parecen non entender que para poñer un prato da comida na mesa a maioría dos mortais temos que saír a diario a traballar, nin polo tanto a situación de todas esas nais e país que teñen que ir traballar pero ao mesmo tempo teñen que coidar dos seus nenos, que non son máquinas que se poidan deixar apagadas de nove a oito”. A situación neste aspecto é pois, moi complexa, e máis aínda gracias ao goberno Popular da Xunta de Galicia, que non aporta ningunha solución, pero ademais dificulta a realización de ludotecas de verán. E resulta que ante esta situación, o noso goberno local, que nin sequera sabe se vai poder realizar a escola de verán, no canto de volcarse en axudar aos campus das entidades do Concello, que nos últimos anos xa foron un alivio importante para a escola municipal, permitindo que deste xeito ao redor de cincocentos nenos estiveran atendidos e realizando actividades todo o verán, dedicase a poñer paus nas rodas, trasladándolle a través dun documento de sinatura obrigada  ( que podes ver aquí e aquí ) que pretende aprobar en pleno este mércores, toda a responsabilidade  ás entidades e ás nais e país.

Pola nosa banda “non vemos mal que ás nais e país se lles explique antes de que as crianzas accedan a un servizo calquera de conciliación os riscos e as súas responsabilidades, como tampouco vemos mal que ás entidades se lles pida que cumpran coa lei. Pero o que non vemos ben é que o goberno local pretenda que sexan as entidades as que carguen coa responsabilidade de organizar actividades de conciliación familiar, responsabilidade que corresponde ao goberno, e ao mesmo tempo cargarlle toda a responsabilidade sanitaria  e as obrigas completas en canto as condicións nas instalacións que son municipais. Isto é como se un quere ir comprar algo ao supermercado, e se lle obriga a levar as luvas da casa, o xel hidroalcolico, e a maiores ir limpando todos os andeis do supermercado polo que vaia pasando. Inaceptable”.

   O noso alcalde aposta polo “eu convido e ti pagas”, e iso non nos parece nin serio, nin responsable.O que o goberno debe facer, nesta situación que todos concordamos que é extraordinaria, é sumar esforzos coas entidades, facer posible que todas elas realicen os seus campus de verán, e non entorpecer, pero a realidade é que a día de hoxe, de cinco posibles campus de verán, solo un está confirmado con seguridade, un xa se  anunciou que non se celebraría e o resto teñen máis dúbidas que certezas”.

   Pero o peor xa non é o que o alcalde pretende facer, se non o “como”. Vai levar a pleno un regulamento que en canto se aprobe vai ser de obrigado cumprimento para entidades e nais e país, polo que quedan así entre a espada e a parede, ante a falta de alternativas. O documento en cuestión o luns á noite estaba sen redacción definitiva, pero non se nos da tempo aos partidos da oposición a analizalo ou a elaborar unha proposta alternativa. “Todo coa escusa da urxencia. Pero a única urxencia aquí tena o alcalde por cargarlle o morto as entidades. Existen outros mecanismos para poder resolver esta cuestión, se hai vontade, pero a concelleira de contas xa onte deixou claro que de vontade nada, e que se vai facer como eles dispoñan, e nos se queremos ir de comparsa ben, e se non tamén”.

   Pero ademais, pretendese que esas cartas de exención de responsabilidades, se fagan extensivas aos regulamentos de uso de instalacións durante todo o ano. “Na práctica significaría que cando uns chavales queiran ir xogar unha pachanga a un pavillón, terán eles que facerse responsables de levar os produtos de hixiene, de limpar e hixiénizar, etc… E falamos de instalacións municipais: é  o goberno local o responsable de que estean en condicións de uso. Os usuarios son responsables de usalas correctamente, pero nada máis. Legalmente todo isto xéranos  moitas dúbidas , e por iso pedidos tempo para poder consultalo con calma, pero díxósenos que non”.

Bloqueo da documentación.

Por outra banda, ao pleno tamén van ir diversas cuestións, sobre algunhas das cales o alcalde solo ten intención de  informar, sen permitir ningún tipo de debate, cando menos de  principio. Antes de nada insistir en que concordamos con que no pleno se rendan contas das actuacións municipais. Pero os partidos da oposición temos os nosos dereitos, necesarios para poder realizar o noso traballo. Un deses dereitos é o acceso á información é documentación que se vaia presentar nos plenos municipais e poder comentar as cuestións que consideremos necesario. Á Lei de Bases do Réxime Local establece que toda documentación susceptible de debate debe aportarse aos membros do pleno antes do mesmo. É nesta cuestión onde David Castro xoga aos ditadores populistas, negándonos parte da documentación, concretamente a que el ten interese en que non teñamos, para logo no pleno solventar o tema -neste caso concreto a nefasta xestión que fixo das multas de aparcadoiro é que nos obrigamos a corrixir- aportando a súa versión da historia como verdade única. Nós non imos  entrar nese xogo, onde se nos limitan os dereitos é a capacidade de debater cuestións polas que ademais dáse a circunstancia que nos mesmos preguntamos no seu momento, meses atrás, sen que se nos será resposta polos mecanismos establecidos”.

Para Somos Ribadumia, tal como explica Oubiña, “ os plenos municipais non son unha broma, nin tampouco un chiringuito privado do alcalde. Cumpre cunhas funcións é os concelleiros temos unhas obrigas e unhas responsabilidades moi serias, pero temos tamén uns dereitos. Se David se encirra en usar os plenos para, a través de acordos unilaterais, favorecidos polos votos da procesión de caladiños que leva con el, complicarlle a vida ás entidades do concello e para cumprir os seus caprichiños políticos, con nos que non conte.  E que tampouco pense que imos aceptar esa maneira de gobernar. O que David non faga por responsabilidade democrática e vontade propia, terá que facelo por imperativo legal”.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s