David Castro segue negándose a contestar aos requirimentos da Valedora do Pobo.
- A Valedora do Pobo ven de reclamar con contundencia ao goberno de David Castro que emita o informe xustificativo de porque se nos nega o acceso a información que solicitamos.
- Hai abertos catro expedientes na Valedora do Pobo por negación da información e por non convocar os plenos ordinarios, unha obrigación legal.
- Lamentamos a actitude claramente obstrucionista de David Castro.
Este pasado martes tivemos constancia vía comunicado da Valedora do Pobo, de que o alcalde de Ribadumia, David Castro, segue encirrado en bloquearnos o acceso a calquera tipo de información municipal, ata o punto de negarse a contestar aos requirimentos da propia Valedora do Pobo.
Esta situación é de extrema gravidade pois, tal como explica Oubiña, “bloquearnos o acceso á información municipal é algo totalmente ilegal que pode ter para o alcalde consecuencias graves, por non falar de que é algo completamente antidemocrático, que nos sitúa como concello nun réxime autoritario é polo tanto, inaceptable”.
O bloqueo vense mantendo dende o inicio do mandato, de tal maneira que neste momento hai abertos catro expedientes na oficina da Valedora do Pobo, tres por negarnos acceso á información, é o cuarto pola negativa do alcalde á convocar plenos ordinarios dende o pasado novembro, outra ilegalidade da que o único responsable é David Castro , pois convocar o pleno ordinario é competencia exclusiva súa.
As malas escusas do covid e da secretaria municipal.
Por se non chegaba co recorte nos nosos dereitos como veciños é como formacións políticas, é por se as toma duras de pelo é faltas de respecto as que tivemos que facer fronte no pasado pleno foran poucas, aínda temos que aguantar que o goberno local use a escusa do covid-19 para cae todo, e cuestións persoais que afectan á Secretaría municipal para o resto. Convén recordarlle a David Castro que “ polo que respecta á información nos comezamos a presentar solicitudes de xeito formal -sen resposta a día de hoxe- en xuño do ano pasado, cando do covid-19 non se sabía nada, e polo que respecta aos plenos, os decretos en torno ao estado de alarma deixaron moi clara a obrigatoriedade de manter os procesos democráticos, e de dotar dos recursos e mecanismos necesarios para poder seguir celebrando plenos e outras xuntas de representación democrática, incluída a mesa de seguimento do covid-19 que o alcalde non convocou a día de hoxe unha soa vez. E dende logo, que o alcalde bote por diante á secretaría municipal parécenos xa que roza o absurdo, e dende logo unha completa falta de respecto cara esa persoa, que realiza un traballo encomiable”.
Que oculta David Castro?
Porque esa é a pregunta que nos facemos todas agora mesmo. As nosas solicitudes de información “van referidas a informes técnicos e custes municipais como o da festa do Tinto ou o Arousa Fútbol 7, saber a quen lle pagamos os xantares como o do Tinto cos nosos impostos, saber a canta xente afectou a metedura de pata das multas de aparcadoiro… , cuestións moi sinxelas de explicar pero que David Castro oculta cun celo sorprendente que non presaxia nada bo”.