A Consellería de Educación rectifica en parte, pero non nos parece compromiso suficiente.

  • As declaracións da Consellería de Educación demostran o despropósito do que queren facer.
  • Que non se queira buscar unha alternativa á colocación do ascensor é inaceptable. 
  • Falar de “respectar no posible” ou por condicionantes como “de ser o caso”, non nos parecen compromisos concretos.
  • Pedimos claridade e un proxecto serio e ben elaborado, respectuoso coa intervención artística e que aporte solucións aos problemas reais do centro. 

Onte tivemos coñecemento a través da propia Consellería de Educación e da prensa das intencións de actuación ara o Colexio, que chegaron e se fixeron públicas, tal como explica Enrique Oubiña “gracias a que dende Somos Ribadumia tomamos a iniciativa con responsabilidade e nos sumamos á petición do propio colexio á través do noso traballo político. Se chegamos á agardar polo goberno local levámolo claro”.
A resposta que obtivemos da Consellería, sendo máis breve que as declaracións feitas á prensa, non deixan de ser positivas, en canto que supoñen certo grado de rectificación é o compromiso de escoitar ao colexio é ANPA,  pero tamén admiten o que diciamos, que a intención é facer obras relacionadas coa eficiencia enerxética, que non sobran, pero sen solventar outras cuestións, polo menos de xeito preferente, nin moito menos de salvar a instalación artística.

   Para Oubiña “iso de  “respectar no posible” a representación artística é unha maneira fina de dicir que non a van respectar en absoluto, e de feito admiten que a van danar, algo que nos parece  admisible. Outros termos como “de ser o caso” tampouco implican compromiso de facer máis que o que está anunciado, que é gastar os cartos en ascensores é maquillaxe nun edificio con máis de cincuenta anos ao lombo”.
Dende Somos Ribadumia seguiremos traballando, pero pedimos por parte da Consellería un compromiso máis concreto e forte, sen condicionantes, que se opte de xeito certo por solucións que non poñan en perigo a instalación artística, e que se solucionen os problemas reais tal como pide o colexio e a ANPA.

wp-1582190888717.jpg

Resposta da Conselleria ao escrito que dende Somos Ribadumia enviamos o 14 deste mes. Por certo que seguen sen querer reunirse con nos. Por algo será. 

 

WhatsApp Image 2020-02-14 at 13.10.58

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s