Sumámonos á defensa da actuación artística do CPI Julia Becerra Malvar, e pedimos un investimento que signifique a solución real aos problemas do colexio.
- A solución que plantexa a Consellería de educación parécenos un atentado cultural en toda regra, e un despropósito.
- A idea dun ascensor e unha pasarela que comunique as dúas plantas altas do vello colexio non nos parece nin axeitada, nin resolutiva.
- As actuacións propostas, no seu conxunto, non van resolver os problemas de fondo dos que adoece o colexio.
- Ante a falta de iniciativa do alcalde David Castro, dirixímonos á Consellería pedindo que antes de facer nada, se escoite á dirección do colexio e a ANPA.
Fai uns, días tiñamos coñecemento de que os plans da Consellería de Educación para a suposta reforma do colexio de Barrantes, pasaban pola instalación dun ascensor que suporía a destrucción da actuación artística recoñecida internacionalmente e que fai que o colexio sexa en parte unha obra de arte en si mesmo.

Enrique Oubiña e Fernando Viscansilas conversan durante a elaboración dun mural a pasada primaveira.
Dende Somos Ribadumia queremos amosar todo o noso apoio tanto á dirección do colexio como ao mestre e artista Fernando Viscansillas, que non solo ideou e levou a cabo esta obra, se non que ten unha moi recoñecida labor sacando á luz o talento dos nosos nenos e nenas, como demostrou unha exposición no propio colexio de obras elaboradas polo alumnado, así como outras expresións como o mural que o curso pasado se elaborou no entorno do colexio como acción de concienciación medioambiental.
Pero é que ademais, tal como explica Oubiña “ xa non solo se trata dunha mostra de insensibilidade cara o arte, é que ademais á propia idea de poñer un ascensor na única zona do colexio que non ten dous andares, é facer unha pasarela que comunique os dous corpos do colexio por enriba da área de dirección, é un despropósito mírese como se mire”.
O que pasa co colexio é que hai un problema de fondo que o PP quere resolver con maquillaxe. Cando Somos Ribadumia fixo pública a ausencia de investimentos para Ribadumia e que un ano máis o colexio ía quedar sen unha máis que necesaria reforma, o Partido Popular tentou corrixir rumbo anunciando un investimento próximo ao millón de euros, pero sen determinar unha partida específica. A primeira consecuencia desa maneira de actuar a golpe de titular, foi a que anunciamos dende Somos Ribadumia:
sen partida orzamentaria, non hai garantía de que haxa fondos económicos nin de que o que se faga sexa o necesario. E foi o que pasou, que non hai fondos e a Consellería quere maquillar esta cuestión tirando dunha liña de mellora enerxética e de accesibilidade que na práctica implica cuestións como a colocación de ascensores. Dende Somos Ribadumia mantemos o contacto coa dirección do colexio e da ANPA e temos constatado, pois así nolo trasladou o director do centro, que as obras que se están estudando facer non van supoñer solución ningunha aos problemas reais do colexio, como poden ser a falta de espazo, ou o mal estado das aulas, dos baños, etc.
Ante o silencio de David Castro, actuamos.
Por outra banda, asistimos unha vez máis ao silencio do goberno local, que non toma a iniciativa en ningunha das problemáticas importantes que ten o noso concello. Pola nosa banda, tal como explica Oubiña “como non temos compromisos con ninguén nin intereses noutros lados, e solo lle debemos lealdade as xentes de Ribadumia, podemos actuar na defensa dos intereses da nosa veciñanza, como neste caso loitar porque as nosas crianzas teñan unha educación de calidade nun centro que reuna as condicións adecuadas”. Por ese motivo o venres pasado enviamos un escrito á Consellería de Educación solicitándolle, ademais dunha xuntanza para tratar estes temas, que antes se mover un ladrillo escoitaran á dirección de colexio e á ANPA, para que o que se faga non sexa un gasto de cartos inútil e se poidan solucionar os problemas dun colexio que ten máis de medio cento de anos ao lombo e acolle a medio millar de nenos e nenas.