Denunciamos os oídos xordos do goberno ante as queixas que nos ultimos meses se teñen rexistrado con respecto a diversas deficiencias no ximnasio municipal.

  • O ximnasio municipal adoece de diversos problemas, dende insuficiente potencia eléctrica a recursos materiais moi xustos para o nivel de actividade actual.
  • Temos constancia de varias queixas de usuarios presentadas nos últimos meses.
  • Solicitamos que se solucionen os problemas máis inmediatos e que se destinen partidas para mellorar o nivel material e facer as obras necesarias para a súa actualización.

   O ximnasio municipal de Ribadumia, sito en Cabanelas nun local  compartido co Náutico  O Muíño, foi dende a súa inauguración unha instalación doente de varias deficiencias,  que ademais sufriron as consecuencias dos desencontros de Salomé Peña coa dirección do naútico.  Na pasada lexislatura dende o departamento de Urbanismo que estaba na man de Enrique Oubiña xestionáronse  diversas medidas e obras que permitiron solucionar vellos problemas de humidades, así como ampliar o espazo dispoñible para o naútico, ou legalizar a cafetería logo dunha importante obra de adecuación. Tamén se estableceu unha fórmula de traballo a través da cal se renovaba o material deteriorado e se ía aumentando pouco a pouco con novas compras,  e se xestionaban con celeridade problemas tales como avarías  nas  máquinas,  ou nas instalacións,  como podían ser as caldeiras.

15252695_942978289179893_3466000991837163593_o

  Toda esta maneira de traballar parece ter pasado á historia. O xoves pasado houbo unha avaría nas caldeiras onte  luns,  cinco días despois, os usuarios seguíanse queixando da falta de auga quente. Ademais disto,  en Somos Ribadumia temos constancia,  tal como explica Oubiña “ de que nas últimas semanas varias persoas usuarias do ximnasio municipal,  que non hai que esquecer que pagán a súa cota e teñen dereito a un servizo de calidade,  presentaron escritos no rexistro do concello,  que parece ser que  ninguén se molestou en contestar nin,  visto o visto,  en ler”.

captura nautico Para Oubiña “esa manía de gardar os escritos no fondo do caixón non ten xeito nin dereito,  e ademais é unha grave irresponsabilidade por parte do goberno. Cando un veciño presenta un escrito debe ser atendido,  e a maior brevidade posible,  non fai falla agardar a ver de quen é fillo o reclamante,  nin a quen vota.  Pensabamos que iso estaba superado,  pero vemos que non, igual que vemos que as diferencias persoais do alcalde ou de membros do seu partido con según quen,  teñen máis peso que a responsabilidade de gobernar para todos e todas por igual,  como vemos neste caso,  onde todo o que emane desa instalación se trata dun xeito moi distinto as cuestións que xorden noutras instalacións deportivas usadas por outros clubs,  as que se trata con outro cariño”

   Dende Somos Ribadumia presentamos esta mañá un escrito solicitando,  ademais de diversa información relativa aos usuarios do ximnasio e aos ingresos que xera cada ano, solucións aos diversos problemas. Algúns somos conscientes de que poden requirir dun investimento algo maior, sobre todo por que como aclara Oubiña “coñecemos ben a problemática, pois xa varias veces acudimos na lexislatura anterior cos técnicos municipais para avaliar as solucións posibles, que logo tropezaban cos intereses do señor alcalde e de IR,  que sempre tiñan un pero ou outra urxencia onde destinar os fondos. Ao mellor fomos máis comprensivos do que deberíamos naquel momento. Pero agora, con veciños que se queixan, e co aumento importante  de usuarios rexistrado nos últimos anos,  non podemos máis que pedirlle ao goberno que actúe”.

IMG_20200210_102907

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s