Manifesta irresponsabilidade dende alcaldía ante a xestión das multas

David Castro non solo admite a mala xestión das multas municipais, se non que nos anuncia que inda van chegar máis multas acumuladas e con retraso, sen aportar solución nin corrección ningunha no procedemento.
• David Castro pretende chamar á Garda Civil para que pase a poñer multas, pero que a culpa a leven outros.

IMG-20200117-WA0001A semana pasada dende Somos Ribadumia, conxuntamente co PSOE denunciabamos os problemas que a mala xestión no envío das multas que a Garda Civil pon no núcleo urbano que como explicabamos é responsabilidade do goberno local, do cal agardabamos unha explicación que xustifícase a actuación e tamén unha solución que facilitase o pago aos veciños que por mor desta maneira de actuar recibiran de golpe varias multas, cousa que leva semanas acontecendo.

Porén, no canto dunha solución o que recibimos, a través dalgún medio de prensa pois David Castro insiste en manter o seu peche comunicativo coa oposición e coa veciñanza amosando unhas formas moi típicas da dereita, foi que non hai solución, é que a nosa veciñanza vai a seguir recibindo multas con retraso, nalgúns casos varias acumuladas, co pobre argumento dun suposto trámite burocrático a través do cal o alcalde quere eludir as súas responsabilidades.
Para Oubiña “esta maneira de actuar é unha total chapuza, e non hai por onde collela. O alcalde que no seu día vendeu os beneficios de xestionar os cobros municipais dende o concello -postura que nos respaldamos- , e agora dí que está externalizando ese servizo, algo do que nos non temos constancia. Pero ademais, usa ese suposto proceso de externalización, para eludir as súas responsabilidades dicindo que as multas quedaron en terra de ninguén, pero que el non ten culpa. Isto é rirse da veciñanza na súa cara”.

Dende Somos Ribadumia temos claro que o que acontece é que David Castro non quere que a súa sinatura figure as multas, máis a día de hoxe, con sinatura ou sen ela, e con independencia de como se xestione o cobro das multas, tanto el como o goberno local son os únicos responsables do que esta acontecendo, é debería admitir os seus erros e dotar os mecanismos para que a veciñanza non pague a súa mala xestión.

Con todo, somos conscientes de que poden xurdir problemas de carácter administrativo nas diferentes xestións municipais. O que nos parece algo totalmente admisible é que haxa un problema de xestión, neste caso das multas, e non solo non se faga público, se non que dende o goberno se siga actuando como se non pasara nada, solicitando a presenza da Garda Civil sabendo que as súas denuncias non van ir a ningures.

Multas prescritas.

Porque por se non era bastante, o propio alcalde admitiu que a situación leva dándose dende fai meses, polo que algunhas multas prescribiron antes de ser remitidas aos infractores. É necesario remarcar a enorme irresponsabilidade que hai detrás das declaracións de David Castro. Porque significa que ficou anulado, con total coñecemento do goberno local, todo o traballo da Garda Civil, pero tamén que durante meses as persoas e comunidades de veciños que pagan relixiosamente os vaos non tiveron ningún tipo de cobertura legal, nin as chamadas que calquera veciño puidera ter realizado por mor dun coche mal estacionado ou obstaculizando o paso, pois o trámite municipal das denuncias non se realizou correctamente. En resumo, tal como explicaba Oubiña “David Castro converteu Barrantes en cidade sen lei, onde a xente podía aparcar onde lle dera a gaña sen medo á penitencia, e a presencia da Garda Civil era anecdótica pois as multas nunca ían chegar. Unha situación inaudita, que non sabemos nin se esta solventada, pero que agora se engorda coa chegada masiva de multas, mentres o noso alcalde se fai de fora e se dedica a poñer cara bonita para as fotos”.

En calquera caso, dende Somos Ribadumia insistimos en que a solución aos problemas de estacionamento no centro de Barrantes non se solucionan con multas, se non con medidas urbanísticas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s