Solicitamos medidas urxentes de mellora na seguridade do acceso ao colexio de Barrantes.
- O acceso ao CPI Xulia Becerra Malvar leva anos sendo un lugar inseguro para as crianzas pola falta dun paso seguro para acceder ao colexio.
- Enrique Oubiña contratou estas medidas de seguridade no 2017, pero David Castro bloqueou a obra.
Fai uns días o noso voceiro e concelleiro Enrique Oubiña mantivo unha xuntanza coa dirección do colexio e da ANPA para revisar unha serie de cuestións, entre elas a evolución das medidas de loita contra o bullying postas en marcha el sendo concelleiro de política social, así como certas medidas medias pendentes, como a mellora da seguridade no acceso ao colexio.
Na xuntanza, dende a dirección do colexio e da ANPA confirmaron o acertado das medidas en prol da igualdade impulsadas por Oubiña e Somos Ribadumia, nun plan que se desenvolve ao longo do curso, financiado en parte polo concello, que está dando moi bos resultados, de tal xeito que a conflitividade entre as crianzas se reduciu ao mínimo, algo que tamén se confirmou dende servizos sociais.
No que respecta as melloras na seguridade ao acceso do colexio, Enrique Oubiña comprobou como un curso máis, o alcalde deixa de lado os seus propios compromisos, máis preocupado por non facer nada do que se lle propoña dende outras forzas políticas, que por resolver problemas.
A realidade é que hai un problema no acceso ao colexio, particularmente nas horas de entrada e saída do mesmo. A ese problema Enrique Oubiña propúxolle unha solución xa no 2016: “a creación dun corredor seguro para os nenos e nenas dende o novo ximnasio ata o propio colexio, creando un espazo seguro, que non puidera ser invadido por coches nin buses, dende o campo de A Bouza, ata a entrada do centro educativo”. Tal como explicaba Oubiña “esta solución contaba co visto bo de todo o mundo, e todos estivemos de acordo en facelo realidade, pois permitíanos solucionar un problema grave ademais dun xeito barato, polo que no económico nin sequera supoñia un problema nin se podia considerar un malgasto no caso de executar solucións de maior envergadura no futuro.”

Recreación aproximada da proposta de paso seguro para o acceso ao colexio. A día de hoxe non tería máis custe que o pintado, pois os bolardos xa foron comprados.
Tan clara estaba a cuestión, que Oubiña orzamentou e contratou o pintado da zona no verán do 2017, e comprou os bolardos necesarios. Sen embargo, “foi irme uns días descanso e a volta topeime con que dende alcaldía bloquearan a obra as miñas costas, coa escusa de que como se estaba traballando nunha solución para o entorno da gardería, xa se metía todo no mesmo proxecto previsto inicialmente para ese mesmo ano. Nos como somo xente razoable optamos por agardar entón, sen embargo era todo un conto do alcalde, non soportaba que as solucións non sairan do seu equipo.”
Dende o 2017 foron varias as veces que o alcalde deu largas a unha solución que se pode realizar nunha mañá, e que tería consecuencia directa e inmediata na seguridade dos nenos. A última escusa era que “como temos un proxecto global para o entorno do colexio, xa cando sexa solucionamos todo.” Pero, tal como explica Enrique Oubiña, “o que o alcalde non aclara é cando vai ser realidade ese proxecto para o que de momento non ten cartos, nin por que motivo se encirra en non pintar unhas raias no asfalto e poñer uns bolardos, e soluciona unha situación que un día acabará por darnos un susto, cando ademais, e isto é o máis grave, tanto a súa concelleira de obras como el mesmo se comprometeron a facelo.”
Dende Somos Ribadumia presentamos no concello un escrito pedindo que se realice esta pequena obra de mellora de seguridade de acceso tanto ao colexio como ao campo de fútbol. Ademais agora é un bo momento aproveitando o parón de nadal.
Sobre a reforma do colexio.
Outra cuestión que Enrique Oubiña tratou coa ANPA e coa dirección co colexio , foi a suposta reforma integral do centro. Do falado desprendese que anque parece ser que dende educación se están movendo para levar a cabo unha obra no colexio, non parece que a cousa vaia a pasar da simple maquillaxe, por moito que coste. O que ANPA e direccións transmitiron a este respecto é a súa preocupación, que nos compartimos, por que os problemas reais do colexio non se solucionen, e que todo quede nun parche, no caso de levarse a cabo, pois a proposta de Somos Ribadumia, levada por En Marea ao parlamento, o PP non quixo apoiala.
Pola nosa banda estivemos dando pasos, máis alo da cuestión orzamentaria, para lograr facer realizade a solución destas problemáticas pero , e así llo explicou Oubiña a ANPA e dirección, “debemos lamentar que a Conselleira de Educación, teña educación pouca e respecto institucional menos, pois néganse a reunirse con nos para explicarnos cales son os seus plans para o noso colexio. Inda que debemos dar gracias que a nos polo menos mandáronnos un mail, polo que temos constancia escrita, non como outros que din que recibiron unha chamada da que ninguén ten constancia, nin o propio PP local.”
Insistimos en reclamar un investimento suficiente para solucionar todos os problemas de espazo e de habitabilidade do colexio, e nesa liña imos seguir traballando, pois “nós, inda que non teñamos competencias, temos compromiso e ética política”.