Presentamos unha batería de medidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida no concello.

  • Non temos constancia de que o goberno estea traballando no orzamento do 2020, pero enprevisión de que así sexa achegamos unha batería de 27 propostas orzamentarias.
  • O obxectivo é establecer unhas pautas de actuación que redunden na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza en cuestións como a conciliación familiar ou o acceso a servizos básicos, ou a creación de emprego.
    Mellores servizos, e cunha política de taxas mellor á dos concellos limítrofes, pode axudar a fixar poboación, e manternos por enriba dos 5.000 habitantes.

thumbnail_large (1)“O goberno local encabezado por David Castro non nos informou de que se estivera traballando no orzamento do ano próximo, nin moito menos nos deu opción a facer achegas – explicaba Oubiña a saída do Concello onte – algo difícil de entender nun goberno que pretende presumir de dialogante. “

   A pesares disto, dende Somos Ribadumia defendemos sempre que hai que predicar co exemplo, e non imos caer na práctica habitual noutros partidos que cando están no goberno pídenlles a oposición propostas e cando están na oposición non propoñen nada. Por ese motivo na maña deste luns presentamos no rexistro municipal un documento que recolle unha batería de 27 medidas orzamentarias que consideramos que deberían incluírse no próximo orzamento. Case a metade desas partidas propostas xa existen, como no caso do convenio coa escola de música ou as axudas a entidades municipais, ou as destinadas a conciliación familiar, e solo pedimos mellorías. O resto, son novas partidas.

  O obxectivo é a mellora da calidade de vida da xente que vive no noso concello e o reforzo do apoio aos colectivos municipais e nos servizos turísticos. Cumprindo este obxectivo, temos o convencemento de que o concello establecería unha boa base para que vivir en Ribadumia resultara  atractivo en comparación con concellos veciños. E isto é dunha importancia capital, pois tendo en conta a evolución da natalidade no noso concello, necesitamos con urxencia que veña xente a vivir para o noso concello, ou pronto caeremos por debaixo dos 5.000 habitantes, cos prexuicios que iso traería.

As medidas propostas centranse en catro áreas:

conciliación familiar e política social: centradas na mellora dos servizos de conciliación familiar e de todas as actividades en prol da igualdade e a loita contra a violencia de xénero que Enrique Oubiña deixou funcionando na lexislatura anterior.

colectivos do municipio, a cultura e o deporte: centradas en mellorar o nivel de axudas as entidades e clubs e o convenio coa escola de música, así como aos eventos deportivos e ao aumento da oferta cultural

promoción económica, emprego e turismo: centradas na mellora dos servizos turísticos, no apoio ao comercio e na creación de emprego

urbanismo, servizos e medioambiente: centradas no remate das conexións aos servizos públicos básicos e na xestión do RSU, e na mellora da seguridade viaria no concello, e máis en particular no centro de Barrantes, así como a dotación de equipamentos para uso da xuventude, e tamén afrontar a necesaria ampliación da edificabilidade no centro de Barrantes.

   Dende Somos Ribadumia sabemos que en conxunto é unha proposta ambiciosa, pero a realidade é que incluír estas medidas non suporían  modificar máis de 200.000€ con respecto a orzamentos anteriores, e polo tanto consideramos que son propostas totalmente asumibles.

   Con todo, a proposta non é pechada, e quedamos a enteira disposición do actual equipo de goberno, pois consideramos que é posible, se hai vontade de dialogo, chegar a acordos que permitan aprobar o orzamento de xeito unánime, algo desexable.

foto propostas orz

 

O texto da proposta é  o seguinte:

PROPOSTAS ORZAMENTARIAS DE SOMOS RIBADUMIA PARA O ANO 2020.

  Dende Somos Ribadumia asumimos a necesidade, que debería ser común ao actual equipo de goberno, de traballar para, sen deixar de lado as necesidades en cuestións de política social ou mantemento de servizos básicos, plantexar liñas de acción que axuden a manter a poboación por enriba dos 5.000 habitantes, rectificando a liña descendente dos últimos anos, e traballando para o asentamento dun nivel de poboación que permita manter a calidade nos servizos públicos, así como correcto mantemento de todas as instalacións municipais, presentes e futuras. Uns obxectivos que significan realizar unha forte aposta polas medidas que melloren a calidade de vida da nosa veciñanza, de apoio ao diversos colectivos que compoñen o dia a dia do noso concello, clubs deportivos, entidades culturais e sociais, así como ao comercio e tecido empresarial, sen esquecer o turismo.

   Con esta idea central como guía, plantexamos as seguintes medidas orzamentarias:

  • No correspondente a conciliación familiar e política social:
  • Aumento das partidas da escola de verán, para a súa ampliación a horario de tarde, e aos períodos non lectivos.
  • Partida para a dotación do plan madruga, comedor escolar e escola de ocio nos centros dos CRAs.
  • Partida para a Remunicipalización da gardaría municipal.
  • Aumento da partida para a ampliación dos horarios e calendario da piscina municipal.
  • Mantemento e mellora das partidas destinada ao Mes da Diversidade e aos plans de loita contra a violencia de xénero (Plan Conta Comigo Ribadumia, punto morado)
  • Partidas destinadas a afianzar os plans de colaboración co colexio na loita contra o bullying, ou formación en valores positivos.
  • No correspondente aos colectivos do municipio, asi como a cultura e deporte:
  • Aumento das partidas para xudas as entidades deportivas, culturais e sociais.
  • Mellora da partida para o convenio coa escola de música.
  • Partida específica para eventos deportivos.
  • Partida para o establecemento dunha axenda cultural das parroquias.
  • No correspondente a promoción económica, emprego e turismo:
  • Partida para xestionar a apertura dunha oficina municipal de información ao consumidor (OMIC).
  • Partida para un plan de incentivos do consumo no comercio local.
  • Partida para a creación dun viveiro de empresas.
  • Partida para a creación dunha caixa de financiamento local.
  • Aumento da partida destinada alumeado e campañas de nadal e entroido.
  • Partida para a creación dunha área de autocaravanas.
  • Aumentar as partidas destinadas a oficina de turismo para mantela aberta todo o ano.
  • Partidas para a renovación e dotación de paneis informativos nas sendas fluviais do Concello, así como nos puntos de interese turístico.
  • No correspondente a urbanismo , servizos e medioambiente:
  • Partidas para a dotación de auga en Lois, nas zonas pendentes, así como para a resolucións das conexións de saneamento pendentes pola súa dificultade técnica.
  • Partida para a análise completa da rede de saneamento e pluviais, e resolución dos problemas de conexión, filtracións, etc.
  • Partida para levar a cabo a eliminación de semáforos no centro de Barrantes e a dotación doutras medidas de calmado de trafico e outras melloras na seguridade viaria.
  • Partidas para habilitar zonas de “skate” e deportes urbanos en Barrantes.
  • Partida para a apertura da rúa Ramón Cabanillas.
  • Partida para o estudio de modificación do PXOM, para aumentar o numero de polígonos edificables en Barrantes.
  • Aumentar as partidas destinadas ao punto limpo para poder aumentar o horario de atención ao público.
  • Partida para a elaboración dun plan especifico para o tratamento dos RSU do centro de Barrantes, e da compostaxe no rural.
  • Partida para a instalación de sinaléctica informativa nas fontes públicas.

  Dende Somos Ribadumia, como sempre apostamos polo diálogo e por superar as diferencias de carácter político en favor do ben común, polo que estamos en total disposición de sentarnos a falar sobre estas medidas ou outras que o equipo de goberno considere co obxectivo de elaborar un documento orzamentario que signifique mellorar a calidade de vida das persoas que viven no noso concello, e avanzar nos obxectivos arriba ditos.

Comisión Executiva de Somos Ribadumia.

9/12/2019