Denunciamos cortes constantes no subministro eléctrico en Ribadumia.

  • Nas últimas semanas son habituais os cortes eléctricos en todo o concello
  • Na parroquia de Lois na pasada fin de semana rexistráronse varios cortes de longa duración.
  • Naturgy non aporta ningunha explicación aos cortes habituais de luz, polo que pedimos a actuación do goberno local.

   Nas últimas semanas a veciñanza de Ribadumia vimos sufrindo  continuos cortes no subministro eléctrico, que nalgúns casos se prolongan varias horas, como aconteceu este fin de semana na parroquia de Lois.  Estes cortes supoñen unha molestia, pero tamén un problema que pode ter consecuencias como avarías nos electrodomésticos ou nas calefaccións eléctricas, así como nos negocios locais que ven moi afectada a súa actividade con estes cortes.

   Dende Somos Ribadumia entendemos que poida haber problemas puntuais, ou que para resolvelos sexa necesario cortar o subministro eléctrico para resolvérense, pero non é aceptable que haxa cortes continuos de luz, e moito menos que os cortes provocados pola reparación e mantemento das liñas, se realicen sen comunicarllo previamente aos usuarios.

   Pedímoslle ao goberno local que tome cartas no asunto, como lle corresponde, e esixa a Naturgy as explicacións que aclaren os motivos polos cales estamos padecendo estes continuos cortes de luz, e que normalice o servizo de subministro eléctrico á maior brevidade posible, así como que asuma as súas responsabilidades nos casos onde os cortes e reenganches -que a miúdo veñen acompañados de sobretensións – provoquen o queimado de electrodomésticos ou de maquinaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s