Somos Ribadumia e En Marea preocupados pola negativa do PP a eliminar de xeito definitivo o atranco en Cabanelas.

  • Logo de haber aprobado en marzo do 2016 unha moción para dar unha solución distinta ao abastecemento de auga para A Toxa, o PP negouse está semana a cumprir dito acordo.
  • Dende Somos Ribadumia temos a sospeita de que o PP vai autorizar o proxecto do atranco permanente en Cabanelas en calquera momento.
  • En Marea critica que o PP vaia en contra dos acordos aprobados e se negue a buscar formulas para dotar a illa de A Toxa dun abastecemento de auga público.
34483606_1008702422614515_5971139924634632192_n

Luis Villares e Enrique Oubiña nunha visita do lider de En Marea a Ribadumia.

  A principios de 2016 o equipo de goberno de Ribadumia, do que formaba parte Somos Ribadumia e onde Enrique Oubiña era tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo, tivo constancia da intención da concesionaria  Gestora Inmobiliaria la Toja SA de levar a cabo un proxecto, naquel momento en estudio por parte da Xunta de Galicia, para crear unha represa permanente a altura do punto coñecido como “o atranco”, en Cabanelas. Nese momento a mobilización da concellería de urbanismo dirixida por Oubiña, dos partidos que formaban o equipo de goberno local diversos colectivos conseguiron frear o proxecto, e en marzo dese ano o parlamento autonómico aprobaba un acordo polo cal se acordaba, citamos literalmente: o Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a que busque outras alternativas para o subministro de auga á illa da Toxa, si non é suficiente o subministro que chega ao concello de O grobe a traveso do subministro público. Este acordo na practica supoñía a eliminación do bombeo de Cabanelas, e do atranco que cada ano se levanta  para, según a version oficial, evitar a entrada e auga salgada no bombeo, sito metros máis arriba.

dsc_1092

Cada verán, a represa bloquea o paso de peixes e o correcto trasncorrer  do río. Ao fondo a praia artificial que se realiza nunha propiedade privada á vez que se  construe o atranco.

 Tres anos despois dese acordo, o atranco segue a levantarse cada verán, case sempre sen pedir autorizacións municipais. Esta semana, a instancias dunha proposta non de lei que se debateu na mesa 2ª do Parlamento que propoñía o cumprimento dese acordo e a eliminación permanente do atranco de Cabanelas, o PP demostrou, tal como declarou Luis Villares a nula preocupación polo medio ambiente e nula preocupación pola poboación de O Grobe.  O voceiro de En marea expresou na mesa do parlamento cando se debateu a cuestión que “ O Partido Popular desdícese do aprobado no Parlamento e ademais négase a negociar co concello para encontrar unha solución para o suministro de auga á poboación grovense”.

  Para Enrique Oubiña  toda esta situación “cheira a chamusco, e por varios motivos. O primeiro a inoperancia do PP, que ignora os acordos parlamentares a posta, e iso non se fai sen motivo. Por outra banda, obviando o anacronismo, pero tamén o abuso clasista, de que a illa de A Toxa se abasteza de xeito privado usando un recurso, a auga do Umia, que para o resto da cidadanía esta vedado, se o problema era a entrada de auga salgada no bombeo, chegaba con levar a captación río arriba, unha solución moito máis barata, menos invasiva e menos problemática; sen embargo hai unha curiosa insistencia, xa non en facer unha represa  que é un atentado medioambiental, se non en facelo nese lugar concreto, que é evidente que non é o máis adecuado.

 

“O atranco”, lugar importante.

2013082423104449523.jpgAs persoas que vivimos en Ribadumia sabemos perfectamente que a antiga fabrica e areeira propiedade da familia de Rafael Louzán, coñecida como “O atranco”, nome que ven precisamente da represa que dende fai medio século se levanta cada verán nese punto, era e segue a ser un lugar cun importante simbolismo para o PP. Nel celebra  dende fai anos comidas o Partido Popular, nalgunhas das cales teñen participado Rajoy e Feijoo, e ata non fai moito era habitual que os coches de propaganda usados en campaña electoral pernoctaran alí, así como diversa maquinaria da Deputación.

Como tampouco é raro que cada ano, cando se reconstrue o atranco no verán, caian por casualidade uns camións de fina area do lado da vella fabrica, creando unha pequena praia fluvial que fai  moito xogo co pantalán e co tobogán, como calquera que pasee por ali pode ver. Por iso que para Enrique Oubiña “se xa no seu día houbo que desviar a senda fluvial pola outra beira do río para non molestar á propiedade, que non nos estrañe que máis que un problema de auga salgada, o que haxa é a intención do PP de concederlle un capricho,  en forma de praia e remanso, a un vello aliado”.

Pero mentres, o río que da nome ao noso concello,  segue abandoado polo PP, que prometera o ouro e o mouro cando aconteceu a desgracia de Brenntagh, con aquel famoso “Plan Umia” presentado en 2011 -que quedou en nada- , pero  que agora non quere nin siquera cumplir un acordo que os seus deputados votaron no parlamento, agardando seguramente o momento de levar a cabo outro ataque, atroz e innecesario, a un río que xa pouco máis pode aguantar.

  Dende Somos Ribadumia estaremos atentos a todo o que poida acontecer, tanto a nivel municipal como parlamentar, onde Luís Villares comprometeu o seguimento desta cuestión por parte de En Marea .

Por último, agardamos que o noso actual alcalde non teña a man branda e a permisividade que habitualmente mostra co PP, e se opoña de xeito frontal a realización dun proxecto que nos  tememos que non foi  tirado ao lixo se non que esta gardado á espera do momento propicio.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s