O goberno de David Castro oculta as contas da Festa do Viño.

  • A pesar dos compromisos de transparencia, as contas do tinto dos anos 2018 e 2019 están sen facerse públicas.
  • Solicitamos acceso á lista de persoas convidadas destes dous últimos xantares de confraternidade, un compromiso de David  Castro que incumpriu deliberadamente.

IMG_20191005_131142  Unha das condicións recollidas no pacto de goberno na lexislatura anterior era o impulso da transparencia en varios ámbitos, un deles o que correspondía á festa do viño tinto do Salnés, o evento máis importante que financia o concello, e moi sensible polo seu alto custe e polos desmáns cometidos polo Partido Popular nos anos anteriores.

   Porén,  en palabras de enrique Oubiña, “IR non é unha forza que destaque pola transparencia, máis alo de anunciar obras, e estámolo vendo agora que se quedaron sós no goberno, que nin sequera contestan as solicitudes de información que preséntamos no Concello”. Durante a lexislatura anterior a loita por mellorar a transparencia municipal foi unha constante no debate interno, unha loita que nos, que fumos  completamente leais en todos os aspectos co Partido de David Castro e co Psoe, non visibilizamos públicamente. Pero foi gracias as presións de Enrique Oubiña e de Somos Ribadumia que conseguimos que en novembro do  2017 se fixeran públicas as contas da festa do 2016 e 2017. Por lealdade seguimos presionando en privado para que se fixeran públicas as contas no ano 2018, pero a realidade é que a día de hoxe nin se fixeron públicas as contas da festa do ano pasado, nin as deste ano.

  Unha cuestión que dende Somos Ribadumia consideramos inaceptable, pois o concello dende o ano  2016 faise cargo por completo da xestión da festa, que traballa en función de orzamentos e facturación  “en A”. Non pode ser que Concellos como Cambados e O Grove publiquen un avance das contas nos días seguintes e as contas definitivas as poucas semanas da Festa do Albariño e do Marisco, que son festas cuns orzamentos moi maiores e organización moito máis complexa,e en Barrantes a concellería de contas non sexa quen de presentar aos números da festa.

   Ademais, hai unha cuestión dentro dos actos da festa que é moi sensible socialmente, que é o xantar de confraternidade. Dende Somos Ribadumia defendemos dende sempre que se debe compaxinar o respecto institucional cara outros concellos ou institucións coa responsabilidade na xestión do xantar. Nese aspecto, tal como explica Oubiña a lista de convidados cando o equipo anterior collemos a xestión da festa polos cornos, era longa e incluía persoas as que non era necesario baixo ningún punto de vista convidar, e que solo se facía por cuestións de interese político do Partido Popular que usaba os cartos de todos os ribadumienses para facer campaña. Nese aspecto, David  Castro recolleu a herdanza do PP respaldando  con alegría esa maneira de actuar, e dende o primeiro ano impuxo que el, e solo el, sería quen decidira a que persoas se convidaba ao xantar e cales non. Con todo a lista reduciuse e o alcalde asumiu o compromiso de pasarnos unha lista coas persoas convidadas. Solo cumpliu a súa palabra no 2016. A partir dese ano, abusando da nosa lealdade e silencio público, non volveu informarnos nin de quen se convidaba nin de canto lle costaba ao concello eses convites.”

Por estes motivos, o venres  presentamos un escrito no concello solicitando que se fagan públicas as contas da festa, e que se nos dea acceso a lista de persoas convidadas nas dúas últimas edicións ao xantar de confraternidade. A transparencia debe demostrarse con feitos, e os  veciños e veciñas de Ribadumia teñen que saber canto se gasta na festa máis importante do concello, que se financia con fondos públicos, canto custan as actuacións, canto lle custa ao concello o xantar,  a quen convida o alcalde a xantar á conta nosa,  e con que xustificación.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s