A XLVII EDICIÓN DA FESTA DO VIÑO TINTO CONTARA CUN PUNTO MORADO
Unha das novidades, quizais a máis importante, que ofrecerá a edición deste ano da Festa do viño tinto, será a presencia dun punto morado de indormación e prevención da violencia de xénero.
A campaña do punto morado da Festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonasfoi impulsada polo concelleiro de servizos sociais Enrique Oubiña a traves do seu departamento, e deseñouse co obxectivo de recoller esta mensaxe de respecto cara ás mulleres e de rexeitamento cara a calquera tipo de violencia para difundilo a toda a sociedade solidarizándose con este símbolo dunha loita que nos concierne a todos e a todas.
A prevención da violencia contra as mulleres, refórzase con esta campaña do PUNTO MORADO da festa do Tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonasque lanza unha única mensaxe clara e rotunda NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Esta iniciativa insiste en facer visible o rexeitamento da cidadanía á violencia contra as mulleres a través da colocación do stand PUNTO MORADO da Festa do Tinto de Barrantes e exaltación das variedades autóctonas.
Para Oubiña “o punto morado vai ser un complemento importante a unha festa como esta cunha alta afluencia de xente. Dende Somos Ribadumia estamos moi orgullosos dos cambios que se introduciron na festa dende o 2015 gracias á nosa influencia, como os concertos de grupos locais ou á andaina solidaria, que aportan unha importante compoñente social a este evento, o primeiro de importancia no verán do Salnés”.
O punto morado disporá de dous persoais diferenciados que traballarán coordinados na festa durante os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño:
- Os/ as voluntarios/ as formados/ as no protocolo de prevención de agresións por motivo de xénero dentro da festa.
Estos voluntarios/as informarán ao público en xeral sobre o punto morado, alertarán e derivaran á muller agredida cara o punto morado.
- Os técnicos especialistas na xestión de situacións de violencia de xénero.
Estos técnicos especializados na loita contra a violencia de xénero coordinan a caseta do punto morado e informan as situacións detectadas coordinándose cos corpos e forzas de seguridade.
A colaboración cidadá e a implicación dos medios de comunicación propiciarán o éxito da campaña. NECESITAMOS A IMPLICACIÓN DE TODOS E DE TODAS PARA FACER UNHA CAMPAÑA FORTE facendo uso do PUNTO MORADO da Festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas como símbolo de rexeitamento á violencia contra as mulleres.
One comment