Enrique Oubiña: “Logo de catro anos, David xa debería saber como funciona un concello”.
- Recordámoslle ao candidato de IR que as obras necesarias para realizar proxectos do tamaño do que propón deben aprobarse en pleno, non en xunta de goberno.
- Recordámoslle tamén que a día de hoxe non hai ningunha partida económica prevista nin ningún compromiso de ningún ente superior asinado, e que a Deputación de Pontevedra, en mans do Psoe, tumbou ese mesmo proxecto, polo que o apoio socialista na realidade non existe.
- Quizais quen anda a facerlle a rosca a Gonzalo Durán, ao delegado provincial da Xunta, o señor Tourís e a outros destacados membros do PP, deba explicar a onde quere chegar, e non Somos Ribadumia, que xa demostramos sobradamente que non temos problema en enfrontarnos con claridade ao PP ou a calquera forza que vaia contra os intereses do noso concello.
A vista do comunicado emitido por IR, vémonos na obriga de facer unha serie de aclaracións.
– A primeira relativa ao pacto de goberno. O punto ao que se refire IR no seu comunicado, é correcto, pero esquece o señor Castro que un proxecto da envergadura do que se esta falando precisa dunhas partidas orzamentarias, que se deben aprobar en pleno. E para iso é necesario a día de hoxe, o apoio de Somos Ribadumia, salvo que IR chegue a acordo co PP nese punto, no suposto pouco probable de que se levara algo a pleno neste sentido nos 8 días que quedan de lexislatura.
– David Castro leva meses vendendo que ese proxecto “xa é unha realidade” , reuníndose en privado e case en segredo con diferentes colectivos no concello, e o máis grave, falando en nome do goberno sen autoridade para facelo e sen consultalo cos seus socios, para darlles a entender que o seu proxecto está en marcha, pero non é certo. Non hai máis que iso, un proxecto, que ademais xa foi rexeitado no seu dia Deputación do PSOE e sobre o que a día de hoxe non hai ningún compromiso de financiamento por parte de ningunha instancia superior, e nin sequera a obra figura, máis alo da parte xa aprobada, coa que concordamos totalmente como xa se dixo no seu día, recollida ni borrador dos orzamentos.
– Esa parte do proxecto, a que se vai realizar, consiste en melloras da seguridade viaria nas rúas de acceso ao Colexio, que se vai facer con cargo ao plan DEPOREMSE, nin sequera formaba parte do proxecto orixinal, tal como afirma o candidato de IR, se non dunha proposta anterior, por certo realizada polo noso concelleiro de obras co obxectivo de mellorar a seguridade no entorno da gardería, e que se recuperou logo de tres anos durmindo no caixón do alcalde, primeiro para complementar o proxecto tumbado pola Deputación, e despois cando saíu a convocatoria do DEPOREMSE, e que se vai a executar independentemente do que se faga co pavillón e co campo de fútbol, obras por certo que foron aprobadas, estas si co voto de Somos Ribadumia.
– Enrique Oubiña xa explicou que no seu momento, e os seus socios eran conscientes, cando a Deputación sacou a liña de axudas para “obras singulares” que aceptaba a presentación deste proxecto para intentar conseguir a subvención que se solicitaba, de ata 1,5 millóns de euros, pero advertindo que non compartía todo o proxecto e que tiña matices que non acabábamos de ver claros, como o aparcadoiro semisoterrado sen vixilancia ou o situar os autobuses ao lado da gardaría.
– Tal e como se lle explicou as socios de goberno no seu día e coa mellor das intencións, visto que a Deputación non aceptou o proxecto, entendemos que era a oportunidade de darlle unha volta e ir a un proxecto mais ambicioso, que resolvese non só os problemas de acceso ao colexio, senón tamén outros que ten o núcleo de Barrantes, como a falta de aparcadoiros e de dotación de zonas verdes e equipamentos para escola de música ou a xuventude. un proxecto mais ambicioso que se pode facer realidade a medio prazo por pouco mais coste que o que se pretende agora por parte de ir e do psoe.
– Quizais o candidato de IR, ou a súa muleta socialista, queiran explicar como pretenden, nun suposto local de so 200 metros cadrados, meter a nova escola de música, e os locais para a ANPA e para outros colectivos que el mesmo leva meses comprometendo a cada unha das entidades por separado.
– Somos Ribadumia non vendemos fume nin asumimos compromisos irrealizables, como ben demostramos nestes catro anos. Se falamos de trasladar o campo de fútbol é porque o vemos necesario e factible. No seu día non había terreos para facer o segundo campo en Ribadumia e conseguíronse, aínda que fora de mala maneira e pagando un prezo esaxerado, algo que con nos no goberno non vai acontecer. O único que fai falla e vontade e capacidade de xestión e saber negociar e chegar a acordos coas persoas afectadas, e coas consellerías e administracións que corresponda.
– sobre o intento ridículo e desesperado de tentar relacionarnos co PP. O único que temos que decir é que non somos nos, se non o candidato de IR, o que se dedica a lanzarlle loubanzas a Gonzalo Durán – na prensa onte mesmo – e evita encontronazos co resto de dirixentes populares, e non somos nos, se non o candidato de IR e o presidente do seu partido, os que se dedican a ir a restaurantes cambadeses de renome a comer e a cear con importantes cargos do PP, polo que igual é IR o partido que deba darlle explicacións aos seus votantes.
Pola nosa banda, nos presentamos o noso proxecto, e estamos encantados de haxa outros partidos que coincidan coa nosa visión do futuro para Barrantes, pero unha concordancia puntual está moi lonxe de ser un acordo de goberno, como debería saber quen leva catro anos gobernando gracias ao noso voto e sen ter problemas.
Resumindo: Por desgraza, non hai nada aprobado, nin definitivo para o entorno do colexio de Barrantes, hai 2 proxectos, un que xa foi rexeitado pola Deputación no seu momento e o que Somos Ribadumia lle ve certas deficiencias, e outro mais ambicioso pero que pensamos resolverá todos os problemas que ten Barrantes na actualidade. Os veciños terán que escoller que futuro queren para Barrantes, nos pola nosa banda como sempre, estaremos abertos a buscar solucións consensuadas con todas as partes, pero que sexan efectivas e definitivas, non unha galería de parches.