A Festa da Familia, consolidada como un evento para toda a familia, volveu a encher a praza do Concello.

60020926_2113612482092464_2391602987739906048_o

  • Na súa onceava edición, as actividades para nenos volveron compartir espazo cunha decena entidades de carácter social, o proxecto cooperativo do CPI Xulia Becerra malvar, e mesmo coa terceira idade.
  • Esta xornada, organizada polo departamento de servizos sociais, baixo a responsabilidade de Enrique Oubiña, volveu destacar pola súa boa organización.

Este pasado domingo Ribadumia volveu gozar dunha xornada de convivencia familiar coa XI Festa da Familia.

O evento, que xa esta plenamente asentado volveu apostar, como cada ano dende que Enrique Oubiña é concelleiro de servizos sociais, por promover a vertente máis social da mesma, contando coa presenza de diversas entidades de carácter social, que completaron todas as atraccións pensadas para os nenos, dende inchables ata un karaoke infantil, pasando por diversos xogos tradicionais, e mesmo un xadrez xigante.

60335761_2109038582557061_8820297920289964032_n
Un dos obxectivos da xornada, que se cumpriu sobradamente, foi o de poñer en contacto a diversas entidades de carácter social coas familias e en particular a nenos en situacións moi diversas. Así, entidades como BATA, Esperanza Salnés ou TDAH Salnés, organizaron actividades conxuntas, ademasi de expoñer o traballo que fan a diario, xunto a outras entidades como o Banco de Alimentos doSalnés, o SPAD do Salnés ou o Centro LAR.

Tamén tiveron o seu espazo os nenos do proxecto cooperativista do CPI Xulia Becerra malvar e un nutrido grupo de usuarios do xeriatrico de Ribadumia.

WhatsApp Image 2019-05-12 at 16.33.52

Enrique Oubiña ,que aparcou os traballos de campaña para axudar na montaxe da feira, e pasou a tarde colaborando e participando coa súa familia, valorou moi positivamente este evento “que mellorou gracias a nosa aportación, permitindo agora unha festa que sexa tamén un punto de encontro a todos os niveis para familias de moi diversa índole e circunstancias. Tamén valorou e agradeceu Oubiña “o traballo do departamento de servizos sociais e do educador familiar, Santiago telmo, un profesional como poucos que fai posible co seu esforzo que esta feira, e outras actividades importantes que se organizan dende servizos sociais, saian adiante. E do mesmo xeito temos que agradecer a todas as entidades que quixeron participar e colaborar nesta xornada, que pasou de ser so unha tarde de xogos a ser toda unha tarde de convivencia entre familias moi diversas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s