Somos Ribadumia propón solventar os problemas de trafico, seguridade viaria e falta de instalacións en Barrantes cun plan global de actuación.

  • A proposta inclúe o desprazamento do campo de fútbol para crear un gran espazo público e resolver de paso os problemas do colexio.
  • Prevense intervencións como a eliminación dos semáforos, a reordenación do tráfico a apertura de rúas como a do DIA, algunha das cales podería ser efectiva antes do remate do verán.
  • O proxecto, elaborado coa axuda de profesionais, en base ao falados nos últimos meses cos diferentes colectivos, veciñanza, comerciantes e hostaleiros da zona, conta cun amplo consenso social.

 

   Somos Ribadumia elaborou un programa de goberno que inclúe unha serie de actuación orientadas a mellorar a calidade vida no núcleo de Barrantes, mellorando os espazos públicos e a seguridade viaria, e alixeirando e axilizando o tráfico dentro das súas rúas.

Ganar 12.000 metros cadrados para a cidadanía.

03 USOS patio cuberto - copiaA proposta inclúe o desprazamento do campo de fútbol para crear un gran espazo público e solventar de paso os problemas do colexio. Esta actuación, sen dubida unha actuación importante por tamaño e por custe, permitirá dispor dunha bolsa de case 12.000 metros cadrados para uso público. Neste espazo será posible solucionar en primeiro lugar os problemas de acceso e de espazo do colexio, dispoñendo unha darsena de buses con acceso seguro para os nenos, illada fisicamente, do resto de accesos ao colexio, un patio cuberto e unha area de esparcemento e recreo tamén pechada.

   Por outra banda, será posible no resto de espazo dotar un edifico de usos múltiples onde dar cabida as necesidades do concello: unha nova escola de música e un local de ensaio, un local social para a veciñanza, locais para diferentes colectivos sociais, e mesmo unha nova biblioteca e ximnasios municipais. E inda quedaria espazo suficiente para construir un novo pabillón, zonas verdes, parques infantís e unha bolsa de aparcadoiros.

   Tamén se debe ter en conta que con esta actuación sería posible unha mellora importante,  a través dunhas novas instalacións,  para o Umia, que nos últimos anos tivo un importante crecemento, que as instalacións actuais xa notan. Ademais resolveríase o problema do cespede artificial, que actualmente ve recortada a súa vida útil á metade polo uso compartido co colexio, obrigando ao concello a facerlle fronte cada seis ou sete anos aos 200.000€ que custa o seu cambio.

SOMOS (2)

Reordenar o núcleo, facilitar o trafico e o aparcadoiro, dar prioridade as persoas, facerlles a vida urbana máis cómoda, favorecer o comercio e  hostalaría.

  Pero o proxecto que dende Somos Ribadumia temos para Barrantes vai moito máis aló de resolver os problemas do colexio. A idea é acometer unha modificación profunda do noso núcleo máis poboado, co obxectivo de facer máis cómoda a vida as persoas que viven nel ou que por diferentes motivos se achegan a Barrantes.

 Prevense neste senso  intervencións como a eliminación dos semáforos, e a transición paulatina á plataforma única, con beirarrúas máis anchas e máis  espazos verdes. Tamén está prevista unha  reordenación do tráfico, con rúas de sentido único, e tramos semipeonís, así como a apertura de rúas como a do DIA, e a dotación de bolsas de aparcadoiro na contorna do núcleo, de tal xeito que calquera persoa poida achegarse a Barrantes, deixar o coche  perfectamente aparcado e non ter que camiñar máis que un par de minutos para estar en pleno centro.

Proposta Calexón Loureiro 3   Algunha destas medidas, nunha primeira fase poderá facerse efectiva antes do remate do verán, e terán unha importante repercusión tanto na calidade de vida das persoas como no comercio e hostalería  locais que, como en todas as vilas que optaron pola humanización e proxectos similares, melloraron a súa actividade.

   O proxecto, que toma exemplo de outras vilas, grandes e pequenas, que o noso Concelleiro foi visitando ao longo destes últimos anos en varios viaxes organizados pola Deputacións, dende Huesca a La Oliva en Lanzarote, pasando por barrios barceloneses de recente humanización, así como outras vilas catalanas máis pequenas, e mesmo outras que visitou a titulo persoal en varios países europeos, foi elaborado coa axuda de profesionais,  en base a esas experiencias, pero sobre todo  ao falado nos últimos meses cos diferentes colectivos veciñanza, comerciantes e hostaleiros da zona, e conta cun amplo consenso social.

  Dende Somos Ribadumia apóstasmos por este proxecto por que supón mellorar  a calidade de vida das persoas, o medio ambiente, a seguridade viaria e o desenvolvemento do comercio, da hostalaría e mesmo do turismo, que encontrará en Barrantes unha vila cómoda onde aloxarse ou gozar da nosa boa gastronomía, así como dos atractivos turísticos próximos, que conectaremos correctamente.

  Para nos, as persoas son o primeiro por iso todas as nosas iniciativas están orientadas cara lograr unha mellora calidade de vida, sexa en aspectos urbanísticos, como sociais, deportivos ou culturais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s