Enrique Oubiña mostrou no debate televisado cos candidatos a solidez do proxecto de Somos Ribadumia.

  • Enrique Oubiña foi o claro vencedor dun debate onde a ausencia dun proxecto claro do resto de candidatos evidenciou a súa falta de compromiso co concello.
  • Os outros candidatos, salvo o de IR, chegaron a felicitar a Oubiña polo seu traballo durante este mandato e a mostrarse dispostos a apoiar varias das súas propostas.
  • Garantir e ampliar as políticas sociais, fomentar a contratación e a creación de empresas e rehumanizar o núcleo de Barrantes e os espazos públicos no rural, pezas clave do programa de Somos Ribadumia.

O debate do Canal Rias Baixas emitiuse na noite deste pasado xoves, co obxectivo de coñecer os diferentes proxectos das forzas que se presentan as próximas eleccións municipais (coa excepción do BNG, que no día a grabación nin siquera tiña anunciado candidato).

Foi un debate que, polo seu formato, con tempos moi reducidos de exposición, non permitiu moita confrontación de ideas. A pesar disto puidemos ver a un candidato do PP que optou pola altivez e certa falta de respecto cara os seus compañeiros, interrompendo de xeito reiterado, e vendendo propostas sen concretar, algunhas fora da realidade do concello e outras que nin siquera poden ser levadas a cabo dende o propio concello, tanto que nalgun momento chegou a admitir que algunha das súas propias propostas “era fume”. O candidato popular foi, con todo o único contrapunto ao papel desenvolto polo noso candidato, Enrique Oubiña, que mostrou claramente as liñas principais do noso proxecto, conciso e elaborado, ademais de corrixir o candidato popular nalgunha ocasión. Os outros dous candidatos mantiveron un perfil máis baixo, máis positivista, anque se moitas propostas, o candidato socialista e totalmente plano o candidato de IR, que se centrou moito en falar do traballo feito, pero non aportou propostas concretas ou de futuro, salvo no caso da reordenación do nucleo de Barrantes, onde se puxeron enriba da mesa as dúas diferentes propostas, de IR por un lado e de Somos Ribadumia polo outro.

O noso candidato deixou moi claro que o noso proxecto de concello vai moito máis alo da propsota de IR de mover o pabillón e trasladar a parada dos buses do colexio para a porta da gardería municipal cos problemas de seguridade viaria que eso podería provocar, e que vai supoñer un avance significativo na calidade de vida da nosa veciñanza, apostando por unha rehumanización completa de todo o núcleo, solucionar os problemas de trafico, de rúas como a do DIA, e trasladando o campo de futbol para ganar ese espazo e poder dispoñer de prazas aparcadoiro, un centro social, unha nova escola de música, un patio cuberto e unha darsena de autobuses segura para o colexio, e un amplo espazo verde.

O debate deu para moito máis ,e Enrique Oubiña mostrou varias das nosas propostas en outras áreas, como a de política social, onde xa demostramos un gran traballo, ou en transparencia, revitalización das nosas parroquias, etc.

En resumo, quedou bastante claro quen quere voltar a un pasado recente de politicas para os amigos e quenes se conforman con seguir como están, fronte a Somos Ribadumia, que quere avanzar en facer un concello mais aberto, ao servizo da veciñanza, máis democrático e igualitario, e cun proxecto claro de futuro.

Sen dúbida, este tipo de debates sirven para achegarnos algo máis aos nosos candidatos, e para que poidamos comprobar a súa calidade política. .

Deixamosvos un video resumo da intervención de Enrique Oubiña, e o enlace ao debate completo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s