SOMOS RIBADUMIA PRESENTA UNHA CANDIDATURA “PREPARADA PARA GOBERNAR RIBADUMIA”.

  • A candidatura formada por 8 homes e 8 mulleres, renóvase en mais dun 50% con respecto a fai 4 anos, e destaca pola implicación de persoas xovenes na conformación da mesma.

  Somos Ribadumia rexistrou na Xunta Electoral a candidatura coa que concorrerá as próximas eleccións municipais no Concello de Ribadumia.  Como xa se publicara está encabezada por Enrique Oubiña, actual Concelleiro e tenente-alcalde do Concello de Ribadumia, responsable das áreas de Servizos Sociais, Igualdade, Obras e Urbanismo.

   A candidatura está composta por 16 membros (13 titulares e 3 suplentes), 8 homes e 8 mulleres e renovase en máis dun 50% con respecto a fai 4 anos (9 novas incorporacións), para dar entrada a persoas que comenzaron a colaborar con SOMOS RIBADUMIA nestes últimos tempos e veñen a aportar máis ilusión e gañas de traballar para facer entre todos un Concello mellor para vivir.

   Queremos descatar tamén a implicación de persoas xovenes, estudantes e emprendedoras, que representan moi ben o espírito de Somos Ribadumia e o que vai seguir a ser unha das nosas prioridades na acción política:  a atención aos xóvenes, en materia de emprego, de axudas para o estudo, para o emprendemento, acceso a vivenda, tamén para atender ao seu ocio, etc.…

   No número 2 repite Fernando Ruiz Padín, veciño de Ribadumia, unha das persoas fundadoras de Somos Ribadumia e fundamental no desenvolvemento deste proxecto político.   No número 3 vai María Soledad Cores Padín (Sole), veciña de Couto de Arriba – Barrantes e moi implicada en asociacións culturais e veciñais como Pe de Cuba ou Teatro Alecrín. Tamén destaca a súa implicación social, e vicepresidenta da Asociación ESMAR de axuda a vítimas de violencia de xénero. Para Somos Ribadumia é un orgullo que persoas como Soledad acepten ir na nosa Candidatura e nos representen no Concello.

  No número 4 vai outra das novas incorporacións, Lorena Rodríguez Cores, veciña de Sisán e traballadora da Hostalería.  Muller e loitadora e unha das persoas que veu nos últimos tempos a aportar a súa ilusión e enerxía a Somos Ribadumia.

   No número 5 repite Ricardo Fontán Deza, outro dos colaboradores habituais de Somos Ribadumia, traballador da Sanidade e colaborador das Plataformas en defensa da Sanidade Pública.

   Nos números 6 e 7 dúas mulleres xóvenes, Marta Rey Gómez e Nerea Eiras Torres, exemplos de estudantes e emprendedoras. Savia nova que axudarán a que o Concello de Ribadumia se preocupe máis aínda polas políticas en favor da xuventude.

  Completan a candidatura Roberto Abal Piñeiro (8); Jenifer Rúiz Padín (9); Alfredo Señorans Vázquez (10); María Rosa Vietes Ribadomar (11);  Carlos Costa Otero (12) e María José Rivas Otero (13).   Como suplentes figuran Agustín Martínez Vieites, Eva Peña Lorenzo e Xose Manuel Casais Alfonsín

Todos e todas elas, conxuntamente cos demais colaboradores e colaboradoras de Somos Ribadumia conforman un equipo que se presenta diante dos veciños co aval do traballo feito nestes catro anos no goberno e tamén como o único garante de que non haxa “pasos atras”, e que non volten determinados xeitos de facer política baseados no amiguismo.

 Somos Ribadumia presentamos un equipo preparado para gobernar o concello, pois ese é o noso obxectivo. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s