En Marea preocúpase pola tardanza do servizo de valoracións de discapacidade
Esta mañá, a deputada de En Marea Paula Vázquez Verao visitou o noso concello. Na visita estivo acompañada polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Servizos Sociais Enrique Oubiña e polas concelleiras Mar rey e Mar Moimenta. O obxectivo da visita era coñecer de primeira man cal é a situación que estamos vivindo, neste concello e no resto da provincia, con respecto ó servizo de valoración de discapacidades.
Na visita, achegaronse ó novo centro de Sevizos Sociais do Concello, e entrevistaronse coa asistenta social, Helena Ruzo, que fixo unha exposición clara de cal é a situación: a día de hoxe o servizo de valoracións de discapacidade ten un prazo medio de resolución de entre 28 e 30 meses. Dous anos e medio para dar unha resolución, en moitos casos nin sequera definitiva. Para Enrique Oubiña, “esta situación é totalmente inadmisible. Non solo non nos contestaron as solicitudes que lle fixemos chegar logo de aprobalas en pleno a finais do pasado verán , se non que o servizo en lugar de mellorar empeora cada mes que pasa dun xeito alarmante.”

Estracto dunha resolución de valoración do grao de discapacidade dunha persoa veciña de Ribadumia. Na resolución pode comprovarse que a data de solicitude é de decembro do 2014, e a resolución do 9 de xuño deste 2017, dous anos e medio despois….e ademais é resolución “provisional”.
Paula Verao, recolleu esta problemática, avalada con exemplos claros como unha resolución chegada esta mesma maña datada de decembro de 2014, e tamen recolleu a problemática existente coa adxudicación de horas de dependencia ós concellos, cuxa mala xestión esta provocando que en Ribadumia teñamos diversas solicitudes de horas que non se conceden mentres outros concellos non consumen as súas por falta de usuarios, un desaxuste que dende servizos sociais opinan que se pode resolver sinxelamente facendo revisións trimestrais do reparto e uso das horas de dependencia.
O compromiso de Paula Verao ó final da xuntanza foi de expoñer todo isto no parlamento, solicitar que as persoas responsables que expliquen publicamente porque se dan estas situacións , propor solucións e esixirlle o goberno do PP que solvente este problema canto antes, dun xeito efectivo.