Somos Ribadumia valora como positivo, pero mellorable, o traballo realizado polo equipo de goberno.

  • A valoración feita na asemblea conclúe que hai aspectos moi positivos, pero outros, como a política social e de loita contra o paro deben recibir un empurre.
  • Rexeita aceptar o convite de “En Marea” de cara as autonómicas, e centrarase no traballo municipal.
  • A nivel individual, os membros de Somos Ribadumia teñen liberdade para participar se o desexan naqueles partidos ou plataformas e procesos que consideren.

   O pasado mércores Somos Ribadumia realizou unha asemblea onde se trataron varios asuntos.

  Entre o mais salientable está a valoración do traballo feito e da situación do pacto de goberno. Logo dun repaso exhaustivo de todo o traballo feito, concluíuse que se ben as dificultades eran moitas ó chegar,  estáse traballando moi intensamente con aspectos moi positivos, e o cambio no goberno municipal foi evidente dende o primeiro día, sobre todo no que corresponde coa transparencia e a participación veciñal os xeitos de gobernar convertendo o Concello nun ente mais aberto á cidadanía.  Pero hai outros aspectos que deben mellorarse, e nun período de tempo curto, como son a política social e de loita contra o desemprego, que necesitan de medidas mais efectivas, dentro das posibilidades do concello.

  En resumo Somos Ribadumia entende que o pacto de goberno goza en xeral de boa saúde, se ben haberá que facer un esforzo para axilizar os tempos e sacar adiante as propostas consensuadas no seu día.

  Por outra banda, non foi posible consensuar unha postura con respecto a que papel tomar de cara as eleccións municipais, algo moi lóxico nunha forza transversal como o é Somos Ribadumia e co panorama político actual. Finalmente votouse, e a opción de apoiar o proceso de “En Marea” tampouco tivo o apoio suficiente, establecido en 2/3 dos participantes na asemblea, para saír adiante, polo que Somos Ribadumia vai centrar como plataforma os seus esforzos na política municipal. A pesares disto, as persoas que forman parte de Somos Ribadumia que desexen apoiar a forzas políticas de cara as próximas eleccións autonómicas teñen total liberdade para facelo.

Para enrique Oubiña ” Levamos formando parte do goberno un ano, avanzamos moito no cambio en Ribadumia, pero non nos conformamos, e queremos levar o pacto de goberno á realidade en todos os seus puntos, que para nos son primordiais. Ademais disto en SR seguimos sendo exemplares en canto a criterios de xestión e de democracia: analizamos as cuestións abertamente, falamos con claridade e sinceridade, debatimos e tentamos chegar a acordos consensuados. E cando  eses consensos non son posibles  e temos que votar algo, non o sacamos adiante se non conta co apoio dunha parte moi maioritaria. “

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s