O pleno municipal aprobará esta tarde as axudas a entidades e clubs.
Esta tarde terá lugar, a partir das 21.00 horas, un pleno municipal extraordinario onde entre outros asuntos, vanse aprobar as axudas a entidades e clubs.
Estas axudas son parte fundamental do funcionamento do concello, e este ano presentan como principal novidade a aplicación das novas bases aprobadas polo actual equipo de goberno, e un incremento sustancial nas cuantias aprobadas. O total das axudas será de 17.000€ para entidades culturais, 28.900€ para clubs deportivos, e 3.400€ máis para entidades sociais. todo isto suma un total e 49.300€ a distribuir, que supón o 85% das partidas dispoñibles nas diferentes áreas, quedando o 15% restante, ata completar o total dos 59.000€ previsto no orzamento, para cuestións excepcionais que puderan xurdir, ou se por aumento das actividades dalgunha entidade se vira necesario facer unha revisión das axudas concedidas.
No que respecta as entidades, vanse aprobar axudas para 22, todas as que fixeron a solicitude, e dous deportistas individuais; un aumento importante pois no 2015 so 13 entidades recibiron axudas municipais. Ademais, o aumentar a proporción da parte que se emprega das partidas ata o 85%, como resultado temos que todas as entidades, sempre e cando cumpran os requisitos que se lles esixe, van ver aumentado o apoio con respecto ó ano 2015, que xa foi maior que no 2014.
Hai que resaltar que este ano, gracias as novas bases aprobadas coa oposición do PP, o abanico de entidades beneficiadas increméntase, especialmente no eido social, onde agora poden optar a percibir apoio do concello entidades como Esperanza Salnés, que coas bases anteriores ficaban forá do reparto. Para Enrique Oubiña ” non podía ser que hubera unhas bases de adxudicación a entidades sociais que foran tan excluintes. Corriximos ese erro e agora calquera entidade social que realice traballo con veciños e veciñas de Ribadumia pode optar a ter apoio do concello.”. Tamen entrará no reparto de axudas o naútico O Muiño, que o PP tiña vetado coas anteriores bases, algo que o actual tenente de alcalde Enrique Oubiña denunciou nos anos de oposición “porque era unha inxustiza enorme e incomprensible, máis nun club cos éxitos e o traballo que atesoura o naútico, e que leva a imaxe de Ribadumia por todo o mundo”.
Como novidade tamen se propoñen dous apoios a deportistas de xeito individual, unha opción que xa figuraba nas bases anteriores, pero que pola formulación era difícil de aplicar.
Para Oubiña, “en resumo as novas bases demostran o que levamos algúns anos decindo, e o que defendemos dende Somos Ribadumia, coincidindo ademais cos criterios dos nosos socios de goberno: é posible ter unhas bases que sexan xustas e equitativas, e que posibiliten unha valoración obxectiva, deixando ós políticos fora do proceso de valoración. Ademais o medo, alentado polo PP, a que as novas bases perxudicaran ás entidades demostrouse absurdo, pois, tal como nos aseguramos, ó ter un proceso totalmente medible e obxectivo non queda marxe para que ningunha entidade sexa tratada mellor ou peor que as outras.”