Asemblea de Somos Ribadumia
Este mércores, no centro social de Barrantes terá lugar as 20:30 h. unha nova asemblea de Somos Ribadumia.
Levamos un ano formando parte do goberno municipal, e toca facer balance e valorar todo o feito, e marcar os seguintes pasos.
Ademais, este outono haberá eleccións autonómicas, e como plataforma debemos decidir se queremos ter un papel nesa cita electoral.
A xuntanza, como sempre, é aberta a todos os nosos veciños e veciñas. Asi que animádevos a participar e axudar a construír un concello mellor.