SOMOS RIBADUMIA PROPÓN CENTRALIZAR TÓDOLOS SERVIZOS DO CONCELLO PARA OS XOVENES NUNHA “CASA DA XUVENTUDE”, A EQUIPAR NO NÚCLEO URBÁN DE BARRANTES.
Todos sabemos que a xuventude é o futuro da sociedade, que un Concello sen xovenes e un Concello abocado a ruina. En SOMOS RIBADUMIA somos conscientes dos problemas polos que están a pasar moitos xovenes por mor dos efectos da crise e das políticas levadas a cabo polo Partido Popular de recortes en todos os niveis: Desemprego, falta de expectativas, problemas de acceso ao 1º emprego, dificultades para poder formarse, etc…. Logo esta tamén a necesidade de crear espazos e políticas concretas para que os xovenes poidan desenvolver todas as súas capacidades, culturais, artisticas e sociais.
Nada deso pareceu ata agora importarlle ao Partido Popular en Ribadumia, que no que a política de dinamización da xuventude se refire limitouse ao “mínimo legal”, e dicir a realizar aqueles servizos que lle subvenciona a administración da Xunta de Galicia. Por non facer nin sequera levou a cabo aquelas propostas que outros Concelleiros puxeron encima da mesa, como cando Enrique Oubiña propuxo a creación de locais de ensaio destinados aos moitos e bos grupos locais emerxentes. Ou cando propuxo a dotación de becas ou axudas destinadas a aqueles xovenes que quixeran acceder a estudos universitarios e por problemas económicos non puideran facelo…. O PP nin sequera foi capaz de coller a idea e poñela en marcha….
Tampouco foi capaz o PP de cumprir sequera os seus compromisos, adquiridos diante dos veciños de Barrantes cando se tirou a casa do médico: Facer un novo Centro social con servizos para os veciños e residentes do núcleo urbán de Barrantes. Algo que en principio todos estabamos de acordo en levar a cabo no edificio do ximnasio do colexio, pero que as presas electorais fan de novo que o PP renuncie a elo….
O PP logo de catro anos de promesas inclumplidas non pode vir agora a querer vender fume. A REALIDADE E QUE NUNCA SE PREOCUPOU POLA XUVENTUDE E NON SABE QUE FACER, SOMOS RIBADUMIA SI.
UN PROGRAMA INTEGRAL PARA A XUVENTUDE DE RIBADUMIA
- E preciso centralizar todos os servizos municipais destinados a xuventude. SOMOS RIBADUMIA propón a creación dunha “CASA DA XUVENTUDE”: Este servizo estaría ubicado en Barrantes, ampliando algún dos edificios públicos existentes no núcleo urbán ou nun de nova construción; e contaría con todos os servizos para atender as demandas da xuventude: Información xuvenil, Orientación laboral, aula de formación e Dinamización local. A maiores disporía de LOCAL DE ENSAIO para grupos de música local; SALÓN DE ACTOS para uso público, e ensaios e BIBLIOCETA – SALA DE INTERNET. O seu uso podería ser compartido entre o colexio (pola maña) e aberto ao público (pola tarde).
- O Concello ten que colaborar na formación e busqueda de emprego dos xovenes, especialmente do 1º emprego: Diseñaranse accións formativas concretas en colaboración coas empresas locais destinadas a xovenes en desemprego, con oportunidades de integración laboral posterior. Programas de orientación laboral e técnicas de busqueda de emprego.
- Tamén para que os que desexen formarse poidan facelo sen que a situación económica familiar sexa un inconvinte: Establecemento de becas de acceso a estudos universitarios para xovenes con dificultades económicas.
- E preciso apoiar a iniciativa da xuventude: crearanse espazos para desenvolver a iniciativa cultural e músical da xuventude: Programación de actividades pensada na xuventude e na promoción dos grupos locais; Apoio as iniciativas dos grupos e asociacións. Etc.
- E finalmente, axudar a creación de valores e educación nun xeito saudable de vida: organización de charlas, talleres e accións sobre diferentes temas que afectan a xuventude: Sexualidade, Drogas, Acceso a vivenda, estudos, axudas, ….
A xuventude de Ribadumia ten que ver o Concello como un aliado, un apoio na súa formación e desenvolvemento, e non unicamente, como un edificio no que unicamente se fan favores a uns poucos elexidos.