SOMOS RIBADUMIA APOSTA POLAS POLÍTICAS SOCIAIS.

pobreza_aumenta_España  Recentemente, Somos Ribadumia aprobou nunha xuntanza veciñal, as que serán as medidas que porán en marcha se gobernan logo das eleccións do día 24. Un documento que condensa  en 37 propostas concretas unha nova maneira de facer política municipal, poñendo por diante os intereses e problemas dos nosos veciños e veciñas.

No ambito social logo dunha profunda análise da situación local, onde os niveis de pobreza son dos maiores da provincia, cunha de cada tres persoas en risco de exclusión social, e cun paro que ronda o 25%, fíxose evidente a necesidade de tomar medidas concretas e urxentes que poñan  freo a situación de indignidade que viven moitas persoas, que puxeran un ollo nos nosos maiores e que garantise en certo xeito o dereito dos nosos xoves a loitar polo seu futuro. Logo de analizar detidamente a evolución orzamentaria e os resultados contables dos últimos anos, chegouse a conclusión de que exercendo un axeitado control sobre os gastos correntes do noso concello, e facendo os precisos axustes na xestión municipal era posible tomar, entre outras,  as seguintes medidas :

1.- Compromiso de adicar como mínimo o 10% dos recursos orzamentarios do Concello a políticas de Atención social directa as persoas. Isto neste ano 2015 suporía unha inversión de case 300.000€, mais do dobre do que inviste o pp actualmente. Gracias a esta aposta forte pola inversión en gasto social poderanse levar a cabo as medidas necesarias para por freo a situación difícil que están atravesando moitas familias.

2.- Establecemento dunha Axuda económica directa de ata 350€/mes, destinada a familias en risco de exclusión social ou con dificultades económicas. O obxectivo e garantir uns ingresos mínimos para facer fronte as necesidades básicas da familia e aos servizos esenciais, e na practica significará, en palabras do candidato Enrique Oubiña,  “un cambio completo na xestión das axudas sociais, asumindo o goberno local as responsabilidades que lle corresponden,  e limitando ó mínimo os casos que se derivan a entidades de beneficencia, co fin de que as persoas poidan vivir cun mínimo de dignidade sexa cal sexa a súa situación”. Está prestación estará xestionada e supervisada polos Servizos sociais do Concello, e concederase vinculada a consecución duns obxectivos concretos que haberá que estudar para cada caso.

  1. Bolsa de axuda económica para acceso a estudos superiores ou universitarios, destinada a persoas con poucos recursos. Logo de que o PP e o señor Wert deixaran abandoados os nosos estudantes con menores capacidades económicas, dende Somos Ribadumia entendemos como prioritario garantir a preparación para o futuro dos nosos mozos e mozas. Por ese motivo crearemos liñas de xudas especificas para que estudar non quede reducido a unha cuestión económica. Hai que recordar ademais que enrique Oubiña en Setembro do 2013 presentou unha moción a este respecto, e o PP naquel momento aceptou incluír nos orzamentos unha liña de becas, compromiso que incumpriu reiteradamente dende entón, dando mostras do moi pouco que lle importa o futuro dos mais xovenes.
  2. Xestionar, en colaboración coa Xunta de Galicia, a apertura dun Centro de Día para maiores e persoas dependentes. Porque cada día a idade media en Ribadumia é mais alta, e conven pensar no futuro dos nosos maiores. Ademais é evidente que o mal chamado fogar dos maiores non cumpre unhas funcións mínimas que lle dean algo de sentido. Ainda así, e namentres non contemos co centro de día, dende Somos Rinbadumia apostamos por potenciar o Fogar dos maiores, ampliando á mañá o seu horario de apertura, establecendo novas actividades (fisioterapia) e suprimindo as taxas de acceso ao mesmo.

Estas medidas, xunto a outras que pretendemos tomar en materia de loita contra o paro, servirán para por freo e axudar a reverter  a situación de moitas familias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s