SOMOS RIBADUMIA DENUNCIA OS INTENTOS “DESESPERADOS” DO PP DE RIBADUMIA PARA DESPRESTIXIAR AO CONCELLEIRO ENRIQUE OUBIÑA.  

Quere aclarar que Enrique Oubiña non votou en contra da obra do ximnasio do colexio, senón do proceso fraudulento de adxudicación da mesma; e que demandou un proxecto máis ambicioso, para dar servizo ao Colexio e tamén ao núcleo de Barrantes.

Hoxe pola maña, despertamonos en Ribadumia cunha maniobra “burda e desesperada” do Partido Popular de Ribadumia, neste caso, dirixida contra o Concelleiro Enrique Oubiña e depaso contra a candidatura veciñal SOMOS RIBADUMIA.

Os veciños de Barrantes atopáronse cunha pancarta, situada por certo no recinto escolar, onde o PP, xogando coa mentira, acusa a Enrique Oubiña de estar en contra da obra de remodelación do Ximnasio do Colexio. Diante desta situación dende SOMOS RIBADUMIA queremos puntualizar as seguintes cuestións:

  • O problema do PP e que NON CONSIGUE TAPAR OS SEUS INCUMPRIMENTOS CONTINUOS TANTO CO COLEXIO PÚBLICO, COMO COS VECIÑOS DE BARRANTES, logo de 4 anos sen facer nada, de promesas incumpridas, e agora, a última hora veñen vendendo fume, “de urxencia”.
  • Prometeron no seu día facer na CASA DO MÉDICO en Barrantes un local multiusos para os xovenes e os veciños de Barrantes e acabaron DERRUBANDOA.
  • Logo prometeron un salón de actos no Colexio e terminaron incluso recortando o local do comedor de tal xeito que non collen os nenos.
  • Pediron a cesión do edificio do Ximnasio para facer unha SALA DE LECTURA E INTERNET para uso compartido do Colexio e os veciños e logo non fixeron
  • E agora veñen a última hora propoñendo UN “PARCHE”: A adxudicación en período eleitoral da remodelación do ximnasio, deixando atras moitas das necesidades actuais do colexio, como son un salon de actos, unha biblioteca en condicións ou unha sala de internet, e ESQUECENDO TAMÉN A SÚA PROMESA DE DARLLE UN USO PÚBLICO FORA DO HORARIO ESCOLAR.   Eso sí, este parche costaranos a todos 000 €. DIÑEIRO MÁIS QUE SUFICIENTE PARA ACOMETER UN PROXECTO MOITO MAIS AMBICIOSO…

E logo está a FORMA NA QUE SE QUIXO FACER: Convocando un pleno a correr, o mesmo día do incio da campaña eleitoral, e propoñendo unha ADXUDICACIÓN DE URXENCIA, que terá que resolverse coa corporación xa en funcións; sen contemplar sequera a posibilidade de estudar un proxecto máis ambicioso…..

QUE FIXO ENRIQUE OUBIÑA??:

  • SOLICITAR ESA MESMA MAÑA A RETIRADA DO PUNTO DA ORDE DO DÍA E ESPERAR A CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN PARA ESTUDAR O PROXECTO
  • CRITICAR OS INCUMPRIMENTOS DO PARTIDO POPULAR, TANTO CO COLEXIO COMO COS VECIÑOS DE BARRANTES
  • CRITICAR QUE SE ABANDONASE O PROXECTO INICIAL, MÁIS AMBICIOSO E CON MAIS SERVIZOS E PEDIR UN USO COMPARTIDO ENTRE OS VECIÑOS E O COLEXIO……

 

E si, votar en contra, PERO DO PROCESO FRAUDULENTO DE ADXUDICACIÓN DA OBRA E DEMANDAR UN PROXECTO MELLOR, CON MAIS SERVIZOS E MAIS AMPLIO.   Ese foi o seu pecado

ESO ERA MALO PARA BARRANTES???  ERA MALO PARA O COLEXIO??. POIS NON, SO ERA MALO PARA OS INTERESES DO PARTIDO POPULAR QUE QUERIA POÑER UN CARTEL EN BARRANTES PARA PARECER QUE LOGO DE 4 ANOS SI ÍA FACER ALGO POR FIN.

SOMOS RIBADUMIA está traballando por dar a coñecer as súas propostas eleitorais e pedindo o voto para cambiar o goberno do Partido Popular en Ribadumia, ademáis temos afirmado que no caso de non existir unha maioría absoluta a partires do próximo Domingo estaremos dispostos a liderar ou participar nun goberno alternativo que desplace dunha vez por todas ao PP do Concello.  PARECE QUE ESTAS COUSAS MOLESTAN AO PP, sintoma de que están nervosos porque sabén que o cambio está cerca…

 

En Ribadumia, a 22 de Maio de 2015

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s