Sumámonos á defensa da actuación artística do CPI Julia Becerra Malvar, e pedimos un investimento que signifique a solución real aos problemas do colexio.

  • A solución que plantexa a Consellería de educación parécenos un atentado cultural en toda regra, e un despropósito.
  • A idea dun ascensor e unha pasarela que comunique as dúas plantas altas do vello colexio non nos parece nin axeitada, nin resolutiva.
  • As actuacións propostas, no seu conxunto, non van resolver os problemas de fondo dos que adoece o colexio.
  • Ante a falta de iniciativa do alcalde David Castro, dirixímonos á Consellería pedindo que antes de facer nada, se escoite á dirección do colexio e a ANPA.

   Fai uns, días tiñamos coñecemento de que os plans da Consellería de Educación para a suposta reforma do colexio de Barrantes, pasaban pola instalación dun ascensor que suporía a destrucción da actuación artística recoñecida internacionalmente e que fai que o colexio sexa en parte unha obra de arte en si mesmo.

54729876_1567965950014454_7047956279498637312_n

Enrique Oubiña e Fernando Viscansilas conversan durante a elaboración dun mural a pasada primaveira.

Dende Somos Ribadumia queremos amosar todo o noso apoio tanto á dirección do colexio como ao mestre  e artista Fernando Viscansillas, que non solo ideou e levou a cabo esta obra, se non que ten unha moi recoñecida labor sacando á luz o talento dos nosos nenos e nenas, como demostrou unha exposición no propio colexio de obras elaboradas polo alumnado, así como outras expresións como o mural que o curso pasado se elaborou no entorno do colexio como acción de concienciación medioambiental.

   Pero é que ademais, tal como explica Oubiña “ xa non solo se trata dunha mostra de insensibilidade cara o arte, é que ademais á propia idea de poñer un ascensor na única zona do colexio  que non ten dous andares, é facer unha pasarela que comunique os dous corpos do colexio por enriba da área de dirección, é un despropósito mírese como se mire”.

O que pasa co colexio é que hai un problema de fondo que o PP quere resolver con maquillaxe. Cando Somos Ribadumia fixo pública a ausencia de investimentos para Ribadumia e que un ano máis o colexio ía quedar sen unha máis que necesaria reforma, o Partido Popular tentou corrixir rumbo anunciando un investimento próximo ao millón de euros, pero sen determinar unha partida específica. A primeira consecuencia desa maneira de actuar a golpe de titular, foi a que anunciamos dende Somos Ribadumia:

 sen partida orzamentaria, non hai garantía de que haxa fondos económicos nin de que o que se faga sexa o necesario. E foi o que pasou, que non hai fondos e a Consellería quere maquillar  esta cuestión tirando dunha liña de mellora enerxética e de accesibilidade que na práctica implica cuestións como a colocación de ascensores. Dende Somos Ribadumia mantemos o contacto coa dirección do colexio e da ANPA e temos constatado, pois así nolo trasladou o director do centro, que as obras que se están estudando facer non van supoñer solución ningunha aos problemas reais do colexio, como poden ser a falta de espazo, ou o mal estado das aulas, dos baños, etc.

Ante o silencio de David Castro, actuamos.

Por outra banda, asistimos unha vez máis ao silencio do goberno local, que non toma a iniciativa en ningunha das problemáticas importantes que ten o noso concello. Pola nosa banda, tal como explica Oubiña “como non temos compromisos con ninguén nin intereses noutros lados, e solo lle debemos lealdade as xentes de Ribadumia, podemos  actuar na defensa dos intereses da nosa veciñanza, como neste caso loitar porque as nosas crianzas teñan unha educación de calidade nun centro que reuna as condicións adecuadas”. Por ese motivo o venres pasado enviamos un escrito á Consellería de Educación solicitándolle, ademais dunha xuntanza para tratar estes temas, que antes se mover un ladrillo escoitaran á dirección de colexio e á ANPA, para que o que se faga non sexa un gasto de cartos inútil e se poidan solucionar os problemas dun colexio que ten máis de medio cento de anos ao lombo e acolle a medio millar de nenos e nenas.

WhatsApp Image 2020-02-14 at 13.10.58

 

 

O centro de Servizos Sociais adoece de deficiencias na capacidade eléctrica e problemas construtivos no novo anexo.

  • Os problemas de calefacción derivados da falta de potencia eléctrica que limitou a capacidade para caldear o local provocaron que todo o equipo de servizos sociais  tivera problemas de saúde.
  • As continuadas choivas sacaron a luz defectos construtivos, descunchados, humidades, etc.
  • Pedimos ao goberno local que actúe e poña solución aos problemas.

   servizos sociais

 “A semana pasada foi o ximnasio. Onte o centro de Servizos Sociais. Imos ter que seguir visitando instalacións municipais por que é evidente que o goberno non pasa de ir aos campos de fútbol”. Enrique Oubiña mostrábase sorprendido este pasado venres logo dunha visita ao centro de servizos sociais,  e de comprobar que “nin se resolveron problemas que quedaron en proceso de resolución en xuño cando deixei a concellería,  nin se fixo fronte ao deterioro que dende finais de verán amosa o local anexo construído na lexislatura pasada”.

  Servizos Sociais e CIM están na que foi a primeira casa consistorial do Concello,  logo dunha reforma acometida no 2016 que tivo un custe de 23.000€,  á que logo se lle añadiu un local anexo, centralizando así no mesmo punto tanto a atención ao público como o almacén de alimentos e o roupeiro municipal. Para Oubiña este traslado supuxo “un cambio a mellor na atención e no funcionamento do departamento de Servizos Sociais inmediato”.

Poren,  a obra de reforma do local,  que estivo limitada polo axustado dos recursos dispoñibles deixara no tinteiro un cambio na potencia eléctrica,  que era insuficiente para poder alimentar de vez todos os radiadores instalados,  a pesar de ser estes de baixo consumo. No seu momento Oubiña optou por unha solución temporal, que era regular a calefacción para evitar os picos de consumo, e pedir á empresa de mantemento eléctrico que levara a cabo o estudo das accións necesarias para o cambio de potencia eléctrica e o seu custe,  pero “tal como pasou co ximnasio municipal,  o buraco que hai no caixón da mesa da alcaldía tragou a documentación e estas reformas quedaron no aire”. Con todo,  antes de deixar o seu cargo Oubiña deixou ordeada a resolución dese problema,  para que coa chegada deste inverno non houbera problemas. Unha resolución que,  descoñecemos o motivo,  inda que podemos intuílo, de momento  non chegou. Esta irresponsabilidade págana os usuarios que teñen que pasar frío,  e o equipo de Servizos sociais,  pois como ninguén actuou nin se molestou pasado o verán en regular a calefacción,  solo se poden conectar parte dos radiadores,  unha eiva cuxa primeira consecuencia foi que todas as traballadoras e traballadores dese departamento tiveron problemas de saúde nas últimas semanas, e solo o seu sobreesforzo e sentido da profesionalidade evitou que o servizo colapsara polas baixas.

Por outra banda,  a longa tempada de choivas que estamos vivindo puxo de relevancia varios defectos construtivos no local anexo, que ten menos de dous anos de vida,  pero amosa numerosos problemas de humidades.  Explicaba Oubiña “esta obra xa nos deu problemas no seu momento,  por varios erros nos acabados,  e tiverámos que retrasar a sinatura da entrega da obra ata que foron resoltos”. O que non entendemos dende Somos Ribadumia é que tal como se pode apreciar a simple vista,  os defectos na construcción son visibles dende fai meses,  e sen embargo ninguén fixo nada.  Unha realidade  que pon en evidencia as diferencias entre como funcionaba o goberno cando Somos Ribadumia e Enrique Oubiña formaban parte del,  a como funciona agora.

Oubiña pregúntase  “ onde anda o equipo de goberno.  Pregúntome para que lle puxo IR salario a conta do noso peto á concelleira de Urbanismo,  se logo non atende as súas obrigas,  ou solo atende á parte que a ela lle parece. Por que a realidade é que no goberno de Ribadumia son tres a cobrar, e nos non temos problemas por iso, pero claro, a parte de cobrar hai que cumplir.  E o mínimo é atender ás instalacións municipais.  Máis logo dos importantes investimentos que tivemos que facer os lexislatura anterior,  a maioría deles precisamente por que o PP nos seus anos de goberno se comportou como se está comportando o goberno actual”.

Dende Somos Ribadumia presentamos onte un escrito solicitando que se solucionen estes problemas canto antes,  e se hai que tomar medidas legais coa empresa que construíu o local anexo á servizos sociais,  que se tomen.  O que non se poden é ter as instalacións nese estado,  por que ademais correse o risco,  no caso do almacén de alimentos que ademais é a parte que máis esta sufrindo,  de ter a medio prazo un problema de salubridade alimentaria. Pédimos responsabilidade.

WhatsApp Image 2020-02-14 at 13.10.45

 

Insistimos na nosa proposta de dotar os CRAs de servizos de conciliación familiar.

  • Dúas das catro aulas do Centro Agrupado Rural do concello de Ribadumia corren o risco de pechar.
    O goberno local debe tomar medidas que axuden na loita contra o peche destes tan importantes centros educativos.
    A finais do pasado ano presentamos unha batería de propostas orzamentarias, entre as que se inclúen a dotacion no rural dos servizos de plan madruga, comedor escolar e da escola de ocio.

Os Centro Rurais Agrupados do noso concello, que se dividen nas aulas de Lois, Leiro, Ribadumia e Sisán teñen unha traxectoria como centros de referencia da educación preescolar fora de toda dúbida, favorecidos polas características que lle son propias e por un equipo docente dun gran nivel e compromiso. Poren, nos últimos anos o cada vez menor nacemento de nenos no concello, en especial nas zonas rurais, sumado a outras cuestións relacionadas coa difícil conciliación familiar dos proxenitores, están provocando que mentres as aulas de infantil do centro de Barrantes están saturadas, os centros do rural teñen cada ano menos nenos, chegando xa no curso pasado a por en perigo a continuidade dunha das aulas.

Unha situación que este ano, seguindo a liña dos anteriores, se agrava un pouco máis, estando en perigo de peche dúas das catro aulas. Por ese motivo , ANPA e dirección do CRAs puxeron en marcha unha campaña de captación de crianzas que dende Somos Ribadumia apoiamos completamente.
Ademais, non podemos esquecer que na situación actual de Ribadumia, cunha perda gradual de poboación e co risco de baixar dos 5.000 habitantes, non podemos permitirnos perder nas parroquias servizos que son esenciais a hora de que unha familia decida establecerse.
Por ese motivo queremos volver insistir na necesidade de que o goberno municipal poña en marcha medidas específicas neste eido. Dende a nosa formación, e inda sendo concelleiro de política social Enrique Oubiña estudouse a posibilidade de dotar as aulas do CRAs dos mesmos servizos que goza Barrantes: plan madruga, comedor escolar, e escola de ocio. Por ese motivo temos moi claro que son servizos que dende o concello é viable prestar, e asumibles no económico. Ademais os centros teñen espazo suficiente para poder dispoñer estes servizos – so pode haber un pequeno problema de espazo no centro de Ribadumia facilmente subsanable se o goberno local ten vontade de facelo – , o cal permitiría ademais prescindir do taxi co que actualmente se traslada a algúns nenos a Barrantes para ter estes servizos. De feito, explica Enrique Oubiña, “esta solución, que Somos Ribadumia levabamos no noso programa electoral, se nos estiveramos no goberno xa estaría operativa neste curso, pois estaba moi encamiñada, e hoxe a ANPA no canto de ofertar estes servizos en Barrantes, previo traslado en taxi, estariaos ofrecendo en cada aula, sen necesidade de traslado ningún dende a maña á tarde”.

A finais do ano pasado presentamos no rexistro do Concello un documento cunha bateria de propostas onde se incluia a dotación dos servizos referidos nos CRAs. Tal como explica Oubiña “a día de hoxe non tivemos constancia de se o goberno local ten previsto incluír algunha destas propostas no orzamento, pero vendo o vacío que lle están facendo a esta cuestión é probable que oa cartos vaian a outras cousas. De feito, algo pasa, por que non sabemos tampouco cando se vai aprobar o orzamento, e nin sequera nos chegou unha proposta do documento, algo sorprendente tendo en conta que IR e David Castro, a diferencia do 2019 – onde nun acto de traizón política como poucos bloqueou o debate orzamentario porque non quería incluír as nosas propostas – agora conta cunha maioría suficiente para aprobar o orzamento que considere”.

Dende Somos Ribadumia pedímoslle ao goberno local que asuma as súas responsabilidades e teña altura de miras, e que centre a atención nos problemas importantes da cidadanía. Non é de recibo que podendo dar os mesmos servizos no rural que no urbano, non se faga e se condene con iso ás parroquias, que coa perda de servizos esenciais como poden ser os CRAs, seguirán perdendo poboación.

Denunciamos os oídos xordos do goberno ante as queixas que nos ultimos meses se teñen rexistrado con respecto a diversas deficiencias no ximnasio municipal.

  • O ximnasio municipal adoece de diversos problemas, dende insuficiente potencia eléctrica a recursos materiais moi xustos para o nivel de actividade actual.
  • Temos constancia de varias queixas de usuarios presentadas nos últimos meses.
  • Solicitamos que se solucionen os problemas máis inmediatos e que se destinen partidas para mellorar o nivel material e facer as obras necesarias para a súa actualización.

   O ximnasio municipal de Ribadumia, sito en Cabanelas nun local  compartido co Náutico  O Muíño, foi dende a súa inauguración unha instalación doente de varias deficiencias,  que ademais sufriron as consecuencias dos desencontros de Salomé Peña coa dirección do naútico.  Na pasada lexislatura dende o departamento de Urbanismo que estaba na man de Enrique Oubiña xestionáronse  diversas medidas e obras que permitiron solucionar vellos problemas de humidades, así como ampliar o espazo dispoñible para o naútico, ou legalizar a cafetería logo dunha importante obra de adecuación. Tamén se estableceu unha fórmula de traballo a través da cal se renovaba o material deteriorado e se ía aumentando pouco a pouco con novas compras,  e se xestionaban con celeridade problemas tales como avarías  nas  máquinas,  ou nas instalacións,  como podían ser as caldeiras.

15252695_942978289179893_3466000991837163593_o

  Toda esta maneira de traballar parece ter pasado á historia. O xoves pasado houbo unha avaría nas caldeiras onte  luns,  cinco días despois, os usuarios seguíanse queixando da falta de auga quente. Ademais disto,  en Somos Ribadumia temos constancia,  tal como explica Oubiña “ de que nas últimas semanas varias persoas usuarias do ximnasio municipal,  que non hai que esquecer que pagán a súa cota e teñen dereito a un servizo de calidade,  presentaron escritos no rexistro do concello,  que parece ser que  ninguén se molestou en contestar nin,  visto o visto,  en ler”.

captura nautico Para Oubiña “esa manía de gardar os escritos no fondo do caixón non ten xeito nin dereito,  e ademais é unha grave irresponsabilidade por parte do goberno. Cando un veciño presenta un escrito debe ser atendido,  e a maior brevidade posible,  non fai falla agardar a ver de quen é fillo o reclamante,  nin a quen vota.  Pensabamos que iso estaba superado,  pero vemos que non, igual que vemos que as diferencias persoais do alcalde ou de membros do seu partido con según quen,  teñen máis peso que a responsabilidade de gobernar para todos e todas por igual,  como vemos neste caso,  onde todo o que emane desa instalación se trata dun xeito moi distinto as cuestións que xorden noutras instalacións deportivas usadas por outros clubs,  as que se trata con outro cariño”

   Dende Somos Ribadumia presentamos esta mañá un escrito solicitando,  ademais de diversa información relativa aos usuarios do ximnasio e aos ingresos que xera cada ano, solucións aos diversos problemas. Algúns somos conscientes de que poden requirir dun investimento algo maior, sobre todo por que como aclara Oubiña “coñecemos ben a problemática, pois xa varias veces acudimos na lexislatura anterior cos técnicos municipais para avaliar as solucións posibles, que logo tropezaban cos intereses do señor alcalde e de IR,  que sempre tiñan un pero ou outra urxencia onde destinar os fondos. Ao mellor fomos máis comprensivos do que deberíamos naquel momento. Pero agora, con veciños que se queixan, e co aumento importante  de usuarios rexistrado nos últimos anos,  non podemos máis que pedirlle ao goberno que actúe”.

IMG_20200210_102907