SOMOS RIBADUMIA PROPÓN CENTRALIZAR TÓDOLOS SERVIZOS DO CONCELLO PARA OS XOVENES NUNHA “CASA DA XUVENTUDE”, A EQUIPAR NO NÚCLEO URBÁN DE BARRANTES.

jovenes-siluetas-vector-material_15-3147  Todos sabemos que a xuventude é o futuro da sociedade, que un Concello sen xovenes e un Concello abocado a ruina. En SOMOS RIBADUMIA somos conscientes dos problemas polos que están a pasar moitos xovenes por mor dos efectos da crise e das políticas levadas a cabo polo Partido Popular de recortes en todos os niveis:  Desemprego, falta de expectativas, problemas de acceso ao 1º emprego, dificultades para poder formarse, etc….   Logo esta tamén a necesidade de crear espazos e políticas concretas para que os xovenes poidan desenvolver todas as súas capacidades, culturais, artisticas e sociais.

Nada deso pareceu ata agora importarlle ao Partido Popular en Ribadumia, que no que a política de dinamización da xuventude se refire limitouse ao “mínimo legal”, e dicir a realizar aqueles servizos que lle subvenciona a administración da Xunta de Galicia.  Por non facer nin sequera levou a cabo aquelas propostas que outros Concelleiros puxeron encima da mesa, como cando Enrique Oubiña propuxo a creación de locais de ensaio destinados aos moitos e bos grupos locais emerxentes. Ou cando propuxo a dotación de becas ou axudas destinadas a aqueles xovenes que quixeran acceder a estudos universitarios e por problemas económicos non puideran facelo….  O PP nin sequera foi capaz de coller a idea e poñela en marcha….

Tampouco foi capaz o PP de cumprir sequera os seus compromisos, adquiridos diante dos veciños de Barrantes cando se tirou a casa do médico: Facer un novo Centro social con servizos para os veciños e residentes do núcleo urbán de Barrantes.  Algo que en principio todos estabamos de acordo en levar a cabo no edificio do ximnasio do colexio, pero que as presas electorais fan de novo que o PP renuncie a elo….

O PP logo de catro anos de promesas inclumplidas non pode vir agora a querer vender fume.  A REALIDADE E QUE NUNCA SE PREOCUPOU POLA XUVENTUDE E NON SABE QUE FACER, SOMOS RIBADUMIA SI.    

UN PROGRAMA INTEGRAL PARA A XUVENTUDE DE RIBADUMIA

  • E preciso centralizar todos os servizos municipais destinados a xuventude. SOMOS RIBADUMIA propón a creación dunha “CASA DA XUVENTUDE”: Este servizo estaría ubicado en Barrantes, ampliando algún dos edificios públicos existentes no núcleo urbán ou nun de nova construción; e contaría con todos os servizos para atender as demandas da xuventude: Información xuvenil, Orientación laboral, aula de formación e Dinamización local. A maiores disporía de LOCAL DE ENSAIO para grupos de música local; SALÓN DE ACTOS para uso público, e ensaios e BIBLIOCETA – SALA DE INTERNET. O seu uso podería ser compartido entre o colexio (pola maña) e aberto ao público (pola tarde).
  • O Concello ten que colaborar na formación e busqueda de emprego dos xovenes, especialmente do 1º emprego: Diseñaranse accións formativas concretas en colaboración coas empresas locais destinadas a xovenes en desemprego, con oportunidades de integración laboral posterior. Programas de orientación laboral e técnicas de busqueda de emprego.
  • Tamén para que os que desexen formarse poidan facelo sen que a situación económica familiar sexa un inconvinte: Establecemento de becas de acceso a estudos universitarios para xovenes con dificultades económicas.
  • E preciso apoiar a iniciativa da xuventude: crearanse espazos para desenvolver a iniciativa cultural e músical da xuventude: Programación de actividades pensada na xuventude e na promoción dos grupos locais; Apoio as iniciativas dos grupos e asociacións. Etc.
  • E finalmente, axudar a creación de valores e educación nun xeito saudable de vida: organización de charlas, talleres e accións sobre diferentes temas que afectan a xuventude: Sexualidade, Drogas, Acceso a vivenda, estudos, axudas, ….

A xuventude de Ribadumia ten que ver o Concello como un aliado, un apoio na súa formación e desenvolvemento, e non unicamente, como un edificio no que unicamente se fan favores a uns poucos elexidos.

SOMOS RIBADUMIA APOSTA POLAS POLÍTICAS SOCIAIS.

pobreza_aumenta_España  Recentemente, Somos Ribadumia aprobou nunha xuntanza veciñal, as que serán as medidas que porán en marcha se gobernan logo das eleccións do día 24. Un documento que condensa  en 37 propostas concretas unha nova maneira de facer política municipal, poñendo por diante os intereses e problemas dos nosos veciños e veciñas.

No ambito social logo dunha profunda análise da situación local, onde os niveis de pobreza son dos maiores da provincia, cunha de cada tres persoas en risco de exclusión social, e cun paro que ronda o 25%, fíxose evidente a necesidade de tomar medidas concretas e urxentes que poñan  freo a situación de indignidade que viven moitas persoas, que puxeran un ollo nos nosos maiores e que garantise en certo xeito o dereito dos nosos xoves a loitar polo seu futuro. Logo de analizar detidamente a evolución orzamentaria e os resultados contables dos últimos anos, chegouse a conclusión de que exercendo un axeitado control sobre os gastos correntes do noso concello, e facendo os precisos axustes na xestión municipal era posible tomar, entre outras,  as seguintes medidas :

1.- Compromiso de adicar como mínimo o 10% dos recursos orzamentarios do Concello a políticas de Atención social directa as persoas. Isto neste ano 2015 suporía unha inversión de case 300.000€, mais do dobre do que inviste o pp actualmente. Gracias a esta aposta forte pola inversión en gasto social poderanse levar a cabo as medidas necesarias para por freo a situación difícil que están atravesando moitas familias.

2.- Establecemento dunha Axuda económica directa de ata 350€/mes, destinada a familias en risco de exclusión social ou con dificultades económicas. O obxectivo e garantir uns ingresos mínimos para facer fronte as necesidades básicas da familia e aos servizos esenciais, e na practica significará, en palabras do candidato Enrique Oubiña,  “un cambio completo na xestión das axudas sociais, asumindo o goberno local as responsabilidades que lle corresponden,  e limitando ó mínimo os casos que se derivan a entidades de beneficencia, co fin de que as persoas poidan vivir cun mínimo de dignidade sexa cal sexa a súa situación”. Está prestación estará xestionada e supervisada polos Servizos sociais do Concello, e concederase vinculada a consecución duns obxectivos concretos que haberá que estudar para cada caso.

  1. Bolsa de axuda económica para acceso a estudos superiores ou universitarios, destinada a persoas con poucos recursos. Logo de que o PP e o señor Wert deixaran abandoados os nosos estudantes con menores capacidades económicas, dende Somos Ribadumia entendemos como prioritario garantir a preparación para o futuro dos nosos mozos e mozas. Por ese motivo crearemos liñas de xudas especificas para que estudar non quede reducido a unha cuestión económica. Hai que recordar ademais que enrique Oubiña en Setembro do 2013 presentou unha moción a este respecto, e o PP naquel momento aceptou incluír nos orzamentos unha liña de becas, compromiso que incumpriu reiteradamente dende entón, dando mostras do moi pouco que lle importa o futuro dos mais xovenes.
  2. Xestionar, en colaboración coa Xunta de Galicia, a apertura dun Centro de Día para maiores e persoas dependentes. Porque cada día a idade media en Ribadumia é mais alta, e conven pensar no futuro dos nosos maiores. Ademais é evidente que o mal chamado fogar dos maiores non cumpre unhas funcións mínimas que lle dean algo de sentido. Ainda así, e namentres non contemos co centro de día, dende Somos Rinbadumia apostamos por potenciar o Fogar dos maiores, ampliando á mañá o seu horario de apertura, establecendo novas actividades (fisioterapia) e suprimindo as taxas de acceso ao mesmo.

Estas medidas, xunto a outras que pretendemos tomar en materia de loita contra o paro, servirán para por freo e axudar a reverter  a situación de moitas familias.

As nosas contas: claras e transparentes

En Somos Ribadumia predicamos co exemplo, e cando falamos de transparencia comezamos por nos mesmos.

Nos non estamos financiados por ningún partido, nin por ningún ente escuro; nos estamos financiados única e exclusivamente por veciños e veciñas que colaboran con nos voluntariamente. Parte do recadado  entrou como prestamo a Somos Ribadumia, polo que logo das eleccións será devolto coas aportacións que o estado e o concello nos fagan en función do noso resultado.

Este é o noso estado contable a día de hoxe, con 1.505€.  Estes cartos  e os que recademos de aquí o día 22, destinaranse a sufragar  ós gastos da campaña electoral, unha campaña que estamos desenrolando a base de imaxinación, tentando gastar o mínimo necesario para ter algo de presencia e centrada especialmente na comunicación cos veciños, e en facer chegar o noso proxecto, para que o día 24 teñades todos claro porque Somos ribadumia é o grupo que debe gobernar Ribadumia e por qué.

15/04/2015  Aportacion INICIAL 150,00 € 150,00 €
23/04/2015 Aportación Nº121 50,00 € 200,00 €
23/04/2015 Aportación Nº122 50,00 € 250,00 €
25/04/2015 Aportación Nº123 100,00 € 350,00 €
25/04/2015 Aportación Nº123 PRÉSTAMO       100,00 € 450,00 €
30/04/2015 GASTO PINCHO -230,00 € 220,00 €
30/04/2015 RECAUDACION PINCHO 360,00 € 580,00 €
30/04/2015 Aportación Nº124 20,00 € 600,00 €
30/04/2015 Aportación Nº125 40,00 € 640,00 €
12/05/2015 Aportación Nº101 30,00 € 670,00 €
12/05/2015 Aportación Nº102 100,00 € 770,00 €
12/05/2015 Aportación Nº103 PRÉSTAMO       200,00 € 970,00 €
12/05/2015 Aportación Nº104 PRÉSTAMO       150,00 € 1.120,00 €
12/05/2015 Aportación Nº105 PRÉSTAMO       150,00 € 1.270,00 €
12/05/2015 Aportación Nº106 50,00 € 1.320,00 €
12/05/2015 Aportación Nº107 PRÉSTAMO        100,00 € 1.420,00 €
12/05/2015 Aportación Nº108 60,00 € 1.480,00 €
12/05/2015 Aportación Nº109 25,00 € 1.505,00 €

SOMOS RIBADUMIA PRIORIZA A LOITA CONTRA O PARO.

O apoio ás novas empresas e o autoemprego, con axuda a través dunha caixa de financiamento e con exencións nos impostos, eixe fundamental na loita contra o paro.
banca-eticaRecentemente, Somos Ribadumia aprobou nunha xuntanza veciñal, as que serán as medidas que porán en marcha se gobernan logo das eleccións do día 24. Un documento que condensa en 37 propostas concretas unha nova maneira de facer política municipal, poñendo por diante os intereses e problemas dos nosos veciños e veciñas.
No ámbito da loita contra o paro, logo dunha profunda análise da situación local, onde o paro supera as 500 persoas, e ronda 25%, cun PP que solo ten ollos para obras faraónicas que ademais de innecesarias non resolven ningún dos problemas dos nosos veciños e veciñas, fíxose evidente a necesidade de tomar medidas concretas e urxentes que axuden a loitar contra esta situación, buscando axudar os emprendedores e mellorar a formación.

Logo de analizar detidamente a evolución orzamentaria e os resultados contables dos últimos anos, chegouse a conclusión de que exercendo un axeitado control sobre os gastos correntes do noso concello, e facendo os precisos axustes na xestión municipal , especialmente no que respecta a creación de empresas, e no seu aspecto impositivo era posible tomar unha serie de medidas, entre as que destacan:
1. Establecemento dunha caixa de financiamento local para apoiar proxectos empresariais viables de emprendedores de Ribadumia. Primando as axudas de financiación a aqueles proxectos empresariais que xeren emprego.
2. Aprobar a posibilidade de aprazar e acollerse a un período de carencia dun ano e de bonificacións nas Licenzas de apertura e Taxas municipais para aqueles comercios e negocios de nova apertura no Concello de Ribadumia. Porque Ribadumia necesita que se establezan novas empresas eu xeren emprego e aporten servizos os nosos veciños e veciñas.

3. Impulsar a creación dunha cooperativa social, para recoller e tratar a biomasa vexetal (restos de poda, forestais, etc.) e transformala en produtos comerciais (pellets, abonos, compostaxe, ….), unha proposta moi completa, porque permitiríanos crear postos de traballo impulsando o cooperativismo, pero tamén estariamos axudando a manter os montes limpos, a mellorar a xestión dos residuos organicos das plantacións, tanto das parras como dos invernadoiros, coa evidente mellora ambiental , e unha importante redución do risco de incendios.

4. Recuperación das parcelas do polígono industrial de Cabanelas sen actividade para poñelas a disposición de empresas en réxime de concesión a cambio da creación de empregos
5. Creación dun Viveiro de empresas para apoiar a emprendedores que queiran abrir novos negocios.
6. Apoio ó autoemprego na agricultura e viticultura; porque en Ribadumia a porcentaxe de terras de cultivo é moi alta, e polo tanto hai un nicho de posibilidades que explotar. Por iso centrarémonos no asesoramento nos trámites para aquelas persoas que queiran darse de alta, en informar sobre axudas económicas e na programación de cursos e obradoiros específicos.

7. Potenciar o mercado municipal de Abastos impulsando a realización de mercadiños e exposición de produtos da zona. Unha correcta xestión e impulso da, case abandonada polo pp, praza de abstos, permitira que o nosos comercio se mova, que as vendas aumenten e en xeral que a económia local mellore. E nesta liña Somos Ribadumia impulsara a creación de incentivos para fomentar o consumo no comercio e a hostalería local, con axudas, e descontos no acceso a instalacións e actividades do Concello (piscina, auditorio, …).

8. Promoción do turismo aproveitando o sector do viño; a recuperación dos cursos fluviais e o patrimonio arqueolóxico e natural do Concello (Castro de Besomaño – Ruta dos pazos, …). Programar rutas guiadas polo Concello, creando oferta laboral arredor do ocio e o turismo.

Con estas e outras medidas que Somos Ribadumia aprobou, sen demasiado esforzo económico na maioría dos casos , poderemos manter unhas liñas activas de loita contra o paro, algo moi necesario neste concello, e que o PP leva anos deixando completamente de lado