Uns apuntes sobre as obras de remodelación do ximnasio
Fai uns días tivemos coñecemento de que o PP, sen dirixirse de xeito oficial ó goberno municipal pero usando á prensa e ás redes sociais como altofalante, fixo unhas declaracións ó respecto da obra do ximnasio de barrantes, criticando que inda non estean realizadas, etc, etc. Dende o equipo de goberno xa se emitiu o correspondente comunicado deixandolle claro a Salomé Peña e o seu partido cal é situación, e grazas a quen a día de hoxe a obra inda está en procedemento e non rematada como a todos nos gustaría, pero queremos dende aquí clarificar un pouco mais se cabe este asunto.
Contra o que o PP pretende facernos ver, unha obra non se aproba en pleno e inmediatamente se pon en marcha. Polo menos se traballamos acorde a lei. Hai uns procedementos de actuación e uns requerimentos legais que cumprir, e para a obra que nos ocupa o camiño seguido foi o seguinte:
– 7 de Maio: Aprobación polo Pleno de proxecto e prego de condicións para a contratación da obra. (a obra neste punto inda estaba sen adxudicar, ou sexa, non estaba decidido que empresa ia realizar a obra, nin siquera se abrira o plazo para que as empresas pesentaran propostas).
– 21 de maio: Publicación no BOP e no perfil do contratista do prego de cláusulas e apertura do prazo para presentación de proposicións. (a obra segue sen adxudicar, neste punto é a partires do cal as empresas presentan as súas propostas)
– 6 de xuño: finalización do período de presentación de plicas.
– 10 de xuño: Apertura dos sobres A e B das plicas (ó terceiro día hábil segundo o prego de cláusulas aprobado polo PP)
– 12 de xuño: apertura dos sobres C das plicas (unha vez emitido o informe técnico) e emisión do informe técnico do sobre C.
– A nova corporación constituiuse o día 13 de xuño e o 22 de xuño tivo lugar o pleno organizativo.– O pleno organizativo era necesario para poder definir as áras de traballo, entre as que se inclue a comisión de goberno (que é a que aproba as licenzas de obra, os pagos de facturas, etc) , as comisións informativas, os responsables das diferenetes áreas, etc.
– 14 de xullo: Proposta de adxudicación da obra polo pleno. (Aqui, e non antes, é onde se aproba a adxudicación da obra a empresaa que según informes técnicos presente a mellor proposta)
– 17 de xullo (so tres días despois, e logo de realizar o pertinente informe): Notificación ó adxudicatario para que presentara a fianza e demáis documentos sinalados nos pregos de cláusulas.
– 23 de xullo: Data de presentación da fianza e demais documentos.
– 3 de agosto: Data de adxudicación e de notificación da adxudicación .
– 4 de agosto: Data do contrato.
Segundo o prego de cláusulas (que foron redactadas e aprobadas polo anterior equipo de goberno, ou sexa, polo PP) despois da sinatura do contrato haberá que realizar a acta de replanteo de comprobación, para o que hai un prazo dun mes.A partires da sinatura de dita acta de replanteo, o contratista terá un prazo DUN MES E MEDIO para a realización da obra.
Isto colócanos no día de hoxe dentro do prazo que ten a empresa adxudicataria para realizar a obra.
Por outra banda, queda caro que esta obra foi unha manobra electoralista do PP, feita de socato e sen ningún tipo de previsión ou idea clara do que se quería conseguir con ela, salvo un puñado de votos, o cal nos leva a actual situación, cunha obra sen levar a cabo cando sería desexable, unicamente por non calcular ben no seu momento os prazos legais do proceso, algo que si se tería feito se a obra estivese planexada con tempo. Que agora o PP pretenda facernos creer que había posibilidade de acelerar os tramites, fainos albiscar que quizais o anterior goberno do PP tiña un xeito de traballar que non ia moi acorde coa lei, o cal, de ser así, sería lamentable.
Dende o equipo de goberno, en todo caso, informouse puntualmente á dirección do colexio e á ANPA de todo o procedemento seguido, e de que cal era a situación.
Para o concelleiro de obras, Enrique Oubiña, “chama a atención o “aparente” descoñecemento que ten o PP do funcionamento destes asuntos, anque supoñemos que o que en realidade acontece é que a señora Peña e o seu equipo, ante a falta de alternativas ou ideas que propór, se dedican a facer demagoxia de baratillo, a contaminar á veciñanza con críticas sen sentido nin base, e a intentar desestabilizar ó equipo de goberno. Eu agardo que pronto se lles pase a pataleta que arrastran dende o 24 de maio e poidamos ver a un PP que propón en positivo, e que exerce a oposición dun xeito constructivo “.