O equipo de goberno acusa a Salome Peña de mentir e realizar críticas infundadas
O equipo de goberno do Concello de Ribadumia, ante as recentes declaración feitas por Salomé Peña sobre os 100 días de goberno, considera que as súas críticas son infundadas e faltas de toda veracidade.
En primeiro lugar, hai que recordarlle ó PP que cando este equipo de goberno empezou o seu labor, fíxoo cuns orzamentos xa aprobados e a medio executar, con partidas xa esgotadas e outras cun enorme déficit (investimento en Deportes, cun saldo negativo de 24.000€, por exemplo). En segundo lugar, atopámonos cunha total ausencia de documentación: tal e como a propia Sra. Peña recoñeceu en Pleno, “os caixóns estaban totalmente baleiros” e foron os traballadores municipais os que nos puxeron ó día da situación real do Concello.

Unha semana antes de abrir a piscina o PP inda non acometera as tarefas de mantemento da piscina, nin se ocupara da contratación do persoal.

Tamén era grave a situación do tanatorio, que grazas a deixadez do PP a piques estivo de ter que ser pechado temporalmente. Algo que en dúbida tería acontecido se o novo equipo de goberno non entrara no concello, e se puxera mans a obra para solventar estes problemas
A pesar destas limitacións presupostarias, este equipo de goberno tivo que facer fronte ó arranxo dunha serie de urxencias como o estado deficiente da piscina municipal, sen ningún tipo de mantemento, a unha semana da súa apertura e, igualmente, o importante arranxo do tanatorio que estivo a piques de provocar o seu pechamento provisional. En verbas do propio alcalde “Cando se fan as obras hai que facelas con garantías e. Estes desperfectos xa se viñan arrastrando e a Sra. Peña, non fixo nada por arranxalos”.
A día de hoxe, tal como explica o concelleiro de obras, Enrique Oubiña “todas as obras realizadas desde a chegada do novo equipo de goberno foron levadas a cabo dentro dos prazos e respectando todos os trámites legalmente esixidos. Así mesmo, podemos destacar que se realizou unha clara aposta polas empresas locais e e se conseguiu un importante aforro económico na realización daquelas obras que non tiñan presuposto pechado, nalgún caso con melloras do 20% sobre o orzamentado.”
Outra das urxencias ás que o novo equipo de goberno tivo que prestar atención, foi a atender as necesidades das entidades culturais, deportivas e sociais, ás que o PP deixara de lado, levando a un pleno urxente a aprobación das axudas para estas entidades e clubs. Cando o PP fala de corta-pega na adxudicación desas axudas esquece dicir que o que en realidade se fixo foi unha aprobación parcial, poñendo como punto de partida as cantidades entregadas o ano anterior. Esta aprobación parcial foi motivada pola mala elaboración das bases de adxudicación, que non permitía unha valoración “real” das entidades, e todas esas axudas se van revisar antes de final de ano, co obxectivo de aproximar, dentro das posibilidades económicas do concello, as axudas concedidas a realidade das entidades e clubs, ó mesmo tempo que se esta traballando nunha nova base de adxudicación que, esta vez si, sirva para poder evaluar e apoiar ás entidades e clubs xustamente .

A señora Peña acusa o actual equipo de goberno de falta de transparencia, cando a realidade é que dende que se produciu o cambio de goberno os veciños teñen mais acceso a información municipal e a oposción ten mais representación na vida municipal, ten acceso a toda a documentación que solicita e non sufre os bloqueos nos plenos os que o propio PP sometía ós outros partidos.
Respecto das acusacións á falta de transparencia, hai que recalcar que Salomé Peña minte nas súas afirmacións. Desde o Pleno de constitución deste novo equipo de goberno xa se fixeron públicos os soldos tanto do Alcalde coma do concelleiro liberado; é máis, Salomé Peña xa dispón dunha copia das nóminas dos mesmos, tal e como consta no Concello. O resto dos membros do equipo de goberno perciben exactamente as mesmas asignacións cós concelleiros do Partido Popular, tal e como se establece no pleno de constitución do 22 de xuño: asistencia a plenos e comisión.
Por outra parte, queremos facer constar que é a primeira vez na historia do Concello de Ribadumia que se inclúe a membros da oposición na mesa de contratación (ou, cando menos, que nos conste). Ademais, este equipo de goberno, para fomentar a transparencia e a democratización, eliminou o limite as intervencións de todos os grupos políticos, para que expoñan os seus plantexamentos, e favorecendo que todos os concelleiros e concelleiras se poidan expresar libremente. En definitiva, máis democracia e maior participación nos plenos, tamén coa recuperación da xunta de portavoces como exemplo de participación da oposición no desenrolo político municipal.
Tamén é falso que non se leven a pleno as mocións do PP. A única moción presentada polo PP ata o de agora, referente ó monte do castro, está á espera dunha información primordial que nos permita saber cal é situación real do xacemento arqueoloxico. E hai que recordarlle a señora Peña, , que deste tema foi perfectamente informada na xunta de portavoces previa ó último pleno, onde por certo non obxetou nada. Resulta curiosa esta acusación de quen en lexislaturas anteriores si se negou a levar mocións a pleno e si retrasou a propósito e sen xustificación a presentación da maioría das mocións da oposición .
Con respecto a acusación de non ter realizado ata o momento ningún pleno ordinario e de non entregar a documentación con tempo abondo, hai que recordarlle o PP de novo que os plenos ata o de agora viñeron marcados pola necesidade de cumprir uns prazos, que non supuxeron nin aumento nin redución no número de plenos, pois solo se trasladou a data dos xa previstos en calendario, nin supuxo un menoscabo na democracia nin no funcionamento, pois incluíuse en ambos o punto de rogos e preguntas e a aprobación das actas anteriores. O que non fixo nin vai facer este goberno é convocar plenos innecesarios que solo servirían para tirar cos cartos dos nosos veciños e veciñas. E con respecto a entrega de documentación, xa se lle explicou o PP no pasado pleno, que a documentación se estaba entregando con tempo suficiente. De feito, para este pleno, a conta xeral do 2014, foi entregada a oposición para o seu estudo con mais dun mes de antelación.
Na atención pública tamén se constata unha importante mellora con respecto ó equipo de goberno anterior. A día de hoxe a comunicación a través das redes mellorou enormemente, transmitindose diariamente moita información útil; as actas dos plenos son públicas, e subense a nube para que calquera veciño poida acceder a elas. Ademais de todo isto, este concello mellorou a xestión e organización de diversos eventos, aforrando custos e mellorando na súa calidade, como se puido comprobar na festa do pan ou na xuntanza dos maiores, ambos exemplos de xestión, organización, e de integración veciñal. Tamén se mellorou na oferta e na xestión municipal doutros servizos que se ofrecen no concello,como as actividades deportivas, centralizando os cobros das actividades organizadas para unha mellor xestión e control do gasto.
A Sra. Peña e o seu equipo saben que, o igual que calquera veciño e veciña, teñen á súa disposición nas oficinas municipais toda a documentación que consideren oportuno solicitar, e que este equipo de goberno, a diferenza do que no seu día dirixiu a señora Peña, non nega documentación. Calquera veciño ou veciña deste concello que queira ter máis información sobre estes 100 días de goberno só ten que pasar polas oficinas municipais para informalos detalladamente ou, tamén, nas reunións que se van organizar por todas as parroquias onde o equipo de goberno estará á súa disposición para darlles toda a información necesaria, tal e como é a nosa obriga.
En resumo, pódese dicir que Salomé Peña, ademais de mentir nas súas afirmacións e de pretender esixir agora todo o que ela se negou a facer en todos os seus anos á fronte do Concello de Ribadumia, é totalmente incapaz de elaborar unha crítica construtiva. E temos que recordarlle que ela non deixou ningún “legado” en Ribadumia: O ÚNICO LEGADO ó que Salome Peña se refire É PROPIEDADE DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE RIBADUMIA, pagado cos seus impostos, e levado a cabo nalgúns casos con moita controversia.
Este equipo de goberno entende que a Política é fundamental, é algo serio e responsable, e necesita de partidos políticos e representantes políticos serios e responsables. É unha pena que nestes momentos o Partido Popular de Ribadumia e os seus representantes, con Salomé Peña liderando o equipo, non estean á altura das circunstancias. A Sra. Peña o que non parece asumir é que está na oposición.