O CONCELLO DE RIBADUMIA LEVOU A PLENO A ADAPTACIÓN DE VARIAS ORDENANZAS FISCAIS.

Aumentáronse as bonificacións e exencións nas ordeanzas reguladoras do acceso a piscina municipal e as instalacións deportivas.

De todas as taxas, só se revisou á alza a da Escola de Verán, para axustala proporcionalmente ao aumento do número de horas e período de apertura da mesma, tal e como demandaron os usuarios do servizo.

 

PLENO MUNICIPALNo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ribadumia que tivo lugar o xoves pasado, abordouse a adaptación de varias ordenanzas fiscais, a fin de poder publicalas e que entren en vigor no período 2016.

Na maioría dos casos tratouse simplemente de adaptar as ordeanzas á actualidade e á lexislación vixente, sen aplicar ningún tipo de incremento nas mesmas. Así, en palabras do alcalde David Castro: “algunhas das taxas estaban aínda en pesetas; o que se fai é adaptalas á lexislación e pasalas a euros, unha cousa por certo, que tiña que haber feito no seu día o anterior equipo de goberno e por deixadez non fixo”.   A reforma destas taxas mereceu a aprobación unánime de toda a corporación.

AUMENTO DAS BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS NAS ORDANANZAS DA PISCINA MUNICIPAL E NA DE ACCESO AOS CAMPOS DE FUTBOL:

O equipo de goberno decidiu propor varias modificacións nas ordenanzas reguladoras de acceso ás instalacións deportivas municipais e á piscina municipal de Cabanelas, coa finalidade de facilitar o acceso ás mesmas.

Así no caso da piscina amplíase a posibilidade de aplicar as exencións de pago das que disfrutan xa na actualidade os veciños empadronados aos seus familiares ata segundo grado. Esto permite rematar co problema que tiñan por exemplo aqueles veciños de Ribadumia que por motivos laborais teñen que residir fóra do noso concello e veñen de vacacións no verán e non podían acceder ao servizo…..  Tamén se inclúen no mesmo apartado para poder acceder ás bonificacións a aquelas persoas e familiares que, sen ser residentes en Ribadumia, si teñen empresas ou comercios no noso concello. Neste caso considerouse de xustiza que si están xerando emprego, servizos ou economía en Ribadumia, e pagando impostos, poidan acceder a este servizo en igualdade de condicións que os residentes no municipio.

No caso do acceso ás instalacións deportivas, acordouse estender as bonificacións que existían para poder usar os pavillóns polideportivos aos campos de fútbol de titularidade municipal.  Esto, na práctica, permite que os veciños de Ribadumia que ata agora pagaban polo uso do campo de fútbol deixen de facelo, unha medida que afecta especialmente aos equipos de fútbol veterán existentes no Concello.  Finalmente tamén se reformou a ordananza do ximnasio municipal, para incluír a posibilidade de adquirir bonos de acceso individual sen ter que abonar a cuota mensual.

TAXA POLA ESCOLA DE VERÁN:

No ámbito da conciliación familiar tamén se aprobaron melloras na taxa e no servizo. Por unha banda os usuarios do plan madruga e da escola de ocio e tempo libre terán unha rebaixa nos meses de Xuño e Setembro, que ata agora era obrigatorio pagar completos inda que solo se disfrutara do servizo unha parte do mes.

No caso da Escola de Verán, o que se levou a Pleno foi unha revisión da ordeanza para segregala da “escola de ocio e tempo libre”, e adaptar a taxa  ampliación e mellora do servizo que se vai levar a cabo a partir do 2016, cando  aumentará tanto o tempo de duración da escola, como o horario de apertura da mesma; así como as prazas.

Todas estas modificacións leváronse a cabo a demanda dos propios usuarios do servizo, e coa fin de adaptalas ao horario laboral de verán e permitir unha maior conciliación da actividade familiar e laboral, que ao fin e ao cabo é o obxectivo primordial da escola.

Así incrementarase o período de servizo da Escola de Verán dende mediados de xuño ata mediados de setembro, para facela coindicir co final e principio do curso escolar, e o seu horario de funcionamento (de 8 a 15 horas).

Finalmente xa tamén no presente ano se aumentaron as prazas da Escola de Verán para poder atender toda a demanda existente e que non quedase ninguén sen poder acceder ao servizo. Así pasouse de 50 prazas (límite que tiña o anterior equipo de goberno de Salomé Peña, aínda que o regulamento non o establecía) a atender xa no 2015 a 86 usuarios, co conseguinte aumento de persoal, e polo tanto de partida económica. Con Salomé Peña e o seu equipo este servizo mantiñase cun presuposto de 10.000 euros e co novo equipo de goberno temos que contar cunha partida duns 19.000 euros.

Todas estas melloras fixeron preciso unha modificación da taxa, que se acordou facer de xeito proporcional ao correlativo aumento de horas do servizo que se prestan (sempre baseándonos na cuota que se viña aplicando en anos anteriores) Así pásase de pagar 30 euros ao mes a pagar 45, pero tamén se pasa de prestar un servizo de 240 horas a 420 horas, entre os meses de xuño e setembro.

O concello pon en marcha o parque infantil anexo ó colexio de Barrrantes

Este venres,  quedou aberto para disfrute do público mais novo o parque infantil, que amplía as instalacións do complexo educacional no que se circunscribe o  CPI Xulia Becerra Malvar.

IMG_8794  A instalación, plantexada como unha superficie de 220 metros cadrados, totalmente cuberta de caucho e con sete elementos de xogo para nenos de entre 3 e 6 anos, tiña un orzamento inicial de 50.396,50€, pero a negociación levada a cabo polo equipo de goberno con varias empresas do sector, reduciu esa cantidade en algo mais de 6.000€ ata deixala nos 44.323€, dos cales 15.019€ foron aportados polo concello, e o resto subvencionado pola Xunta de Galicia, a través do GDR. Hai que destacar, tal como explica Pepe Lede, o concelleiro responsable da área de parques e xardíns, “a axilidade coa que este equipo de goberno xestionou está obra para conseguir, a pesares das críticas do PP, por un lado  que os prazos se cumpriran, e por outro que o orzamento se vira mellorado, ademais da aposta forte por buscar formulas que conseguiran implicar a empresas locais.

Dende o equipo de goberno recordan que para poder facer fronte á parte da obra que debe pagar o concello, debido a mala xestión e falta total de previsión do goberno anterior presidido por Salome Peña, que non incluíu ningunha partida orzamentaria para esta obra, e ademais destinou o total da partida prevista para ó colexio á obra do ximnasio, foi preciso acometer unha modificación de crédito.  O mesmo tempo hai que lamentar que o feito de coller este proxecto xa pechado, non permitiu facer o que tiña que ter feito o equipo da señora Peña e non fixo, que é  presentar a obra ós colectivos afectados, colexio, ANPA, etc, para entre todos poder corrixir posibles erros e mesmo melloralo de ser posible.

O equipo de goberno quere insistir tamén na necesidade de facer unha boa previsión orzamentaria, pero sobre todo, é moi importante tomarse o tempo necesario para desenrolar un proxecto que poña enriba da mesa qué tipo de concello se quere conseguir, cara onde se quere medrar, qué necesidades se necesitan cubrir, etc, e deixar de realizar obras por impulso ou a golpe de subvención sen unha correcta planificación.

O concello edita un boletín informativo con información de interés

O longo da semana pasada chegaron ós fogares de Ribadumia dous boletíns con información diversa. Un deles contén toda a información das actuacións do auditorio para oboletin auditorio último trimestre deste ano, e o outro documento aporta información das diferentes actividades que se van realizar no concello, tanto municipais como de outras entidades.

A edición destes boletíns supón un importante avance na comunicación municipal; logo de anos atrancada no propagandismo da señora Peña, que investía miles de euros públicos en mandar folletos moi caros onde mais que a información boletinprimaba a mensaxe da alcaldía, apostouse por editar uns documentos, nun formato moito mais económico,  que abandonen ese propagandismo e permitan por ó día ós veciños non solo da actividade que se desenrola no auditorio, se non tamen das   actividades que tanto  concello como asociacións organizan e levan a cabo,e tamén  información de diferentes subvencións en vigor  que moitas veces pasan desapercibidas.  Un documento moi completo que inclue datas, horarios, lugares, contacto para informarse, etc.

Dende Somos Ribadumia parabenizamos ó equipo de goberno e as concellerías de cultura e participación veciñal por esta iniciativa, que da un paso importante na comunicación do concello cos veciños, e tamen no apoio á actividade das asociacións
.

Somos Ribadumia acusa a Salomé Peña de pretender favorecer economicamente ós seus concelleiros.

descarga (3)

Salomé peña e o PP levan dende o inicio da lexislatura buscando o xeito de que os seus concelleiros estean todos presentes, e cobrando, nas comisións informativas.

En días pasados, o PP local de Ribadumia centrouse en acusar a IR de pagar soldos encubertos a  SR e o Psoe, argumentando que no pleno de organización se debería ter creado un grupo mixto, que reunira a SR e Psoe.  Salomé Peña pretende esgrimir un argumentario económico para xustificar a súa petición de que se cree un grupo mixto, pero esquece dar as cifras e dicir que o que pretende en realidade é que se cambie o organigrama das comisións para favorecer os seus concelleiros economicamente.

Por este motivo, dende o grupo de Somos Ribadumia queremos aportar algúns datos:

  • As comisións informativas creadas garanten a participación de todos os grupos que conseguiron representación nas pasadas eleccións. Pola contra, a proposta do PP de crear un grupo mixto, algo que eles mesmos descartaron na pasada lexislatura cando o concelleiro Oubiña abandonou o BNG, coartaría esa representación democrática ó obrigar a dous partidos a repartirse a representación nas comisións, ou sexa, que non todos os partidos políticos estarían en todas as comisións nin en todas as áreas de traballo..
  • A proposta do PP con respecto as comisións, tal como expuxo no pleno de organización e reiterou en varias ocasións, solucionaría o problema da representatividade, pero pasaría por reducir as comisións das oito actuais a catro, e metendo nelas a todos os concelleiros de todos os grupos (13 contra os 7 que hai actualmente : 3 do PP, 2 de IR, 1 de SR e 1 de Psoe), unha barbaridade innecesaria que tal como xa explicou Enrique Oubiña no  seu momento “non ten sentido porque as comisións non son plenos, e o único que hai que garantir é que estean representados todos os partidos, non todos os concelleiros como pretende a señora Peña, e facer algo así  ademais suporía un aumento no custo económico en mais de catro mil euros ó ano”.  
  • Hai que recordarlle ó PP que Enrique Oubiña non cobra pola asistencia a comisións nin plenos, se non que unicamente cobra a súa asignación como liberado, polo que acusalo de cobrar salarios encubertos ademais de ser unha falsidade non ten sentido. 
  • A asignación económica que o concello concede ós grupos políticos e que hai que remarcar que non se da ós concelleiros se non os partidos  ten dúas partes: unha fixa de 30€/mes, e outra que se asigna por cada concelleiro electo, de 30€/mes. Estas cantidades non as aprobou o actual equipo de goberno,  foron aprobadas polo PP cando aprobou os orzamentos deste 2015, e significa que o PP recibe do concello 210€/mes, IR 180€/mes, e SR e Psoe 60€/mes. Enrique Oubiña preguntase “onde está o pago de favores, se o único que se fixo foi manter a formula e as cantidades que o PP aprobou nos orzamentos”.
  • A creación do grupo mixto suporía un enorme recorte no funcionamento democrático do concello, pero so 30€ menos de gasto ó mes. Somos Ribadumia consideramos que a defensa da democracia no concello, dentro dos marxes lóxicos da viabilidade económica, debe estar por riba dos intereses económicos.
  • convén remarcar que a decisión de non formar grupo mixto, unha situación que se da en varios concellos de Galicia e en moitos no resto do estado,  está amparada en informes de secretaría, e que ante a insistencia do PP  se fixo unha serie de consultas a diferentes ámbitos, coa intencións de ter as garantías legais que permitan este organigrama de goberno, e que de non ser así, tomaranse as medidas pertinentes.

Dende Somos Ribadumia queremos denunciar as manobras do PP, orientadas a buscar o xeito de que todos os seus concelleiros reciban das arcas municipais a mesma cantidade de euros, que rondarían de cumplirse as expectativas dos populares  os 1000€ por concelleiro e ano, cando agora algúns concelleiros reciben menos da metade desa cantidade,  unha postura fora de toda ética política, que nos mostra a un Partido Popular mais centrado en encher a carteira dos seus  que en facer traballo político.