Entrevista a Enrique Oubiña

Logo de cumprirse un ano do comezo da andaina de Somos Ribadumia, e con motivo do lanzamento dun boletín informativo, entrevistamos a Enrique Oubiña, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras Servizos e Urbanismo, Servizos Sociais, 3ª Idade e Sanidade.

IMG_20160426_122840Levas case un ano traballando no concello ¿Qué sensacións tes? Moi boas. Isto é moi absorbente, a verdade é que non me chegan as horas do día para todo o que hai que facer. O positivo é que cos socios de goberno estamos traballando de xeito fluido, e hai bo entendemento.

Somos Ribadumia entrou no goberno coa transparencia como unha das súas bandeiras ¿Estase cumprindo este compromiso? Evidentemente si. Dende o cambio de goberno a comunicación cos veciños mudou radicalmente. Como exemplos claros, ademais das charlas que houbo polas parroquias, agora as actas plenarias fanse públicas, e a partires de maio os plenos vanse gravar e emitir. Por outra banda, agora para ser escoitado no concello non fai falta ter carné de partido. Os veciños son todos iguais e tratados do mesmo xeito.

Falemos das túas áreas, ¿Cómo atopaches Obras Servizos e Urbanismo? Moi saturado e cunha importante falla de medios e persoal. O nivel de atasco era tal que había expedientes no concello sen dar saída dende o 2008, e nalgún caso dende o 2004. Era algo inasumible, e por ese motivo dende o primeiro día traballamos para corrixir a situación. E aí seguimos.

Fochedes criticados polo peche do tanatorio, os retrasos na obra do ximnasio, do campo de futbol…O  PP non pode pedirnos ós que estamos gobernando que esteamos fora da lei. O tanatorio estaba nunha situación inasumible, e podemos dar gracias que non pasara nada nestes anos, porque as consecuencias ían pagalas os usuarios. Pero agora a realidade é que a situación esta resolta e os veciños teñen garantías de estar usando unha instalación con todas as da lei. O do campo de fútbol é moi complexo debido a falta de documentación e a varias cuestións no desenrolo da obra, pero estanse dando os pasos para poder solucionar todos os problemas. E con respecto a obra do ximnasio creo que esta todo dito xa. O PP perdeu os papeis o meternos con calzador unha obra, que o final demostrou ter moitas deficiencias. Agora é responsabilidade nosa que esa obra se faga correctamente, e polo que a min respecta, levará mais tempo ou menos, pero cando se remate será con garantías, e non unha chapuzada chea de humidades, como outras que se fixeron antes.

IMG_9876 (3)

As actuacións de posta ó día dos parques infantis, supuxeron unha inversión superior os 30.000€, inversion que o PP non aprobou en pleno.

¿Qué outras actuacións fixéchedes neste ano? Realizouse unha mellora na beira do Umia en Barrantes, e levouse a cabo unha revisión profunda de todos os parques infantís, onde houbo que investir mais de 30.000€ en reparacións. Tamén se reparou todo o paseo fluvial logo das choivas do inverno, e ademais resolvéronse multitude de incidencias, a maioría delas relacionadas cos servizos, sumidoiros, recollidas de pluviais, etc.

¿Parte fundamental do programa de Somos Ribadumia residía nos Servizos Sociais. ¿Que se está facendo neste eido? Esa é unha área na que temos moito traballo por diante. O departamento funcionaba e segue funcionando bastante ben gracias sobre todo o equipo humano que ten, pero ata que chegamos nos había certas inxerencias políticas que facían que nalgunhas cousas ese funcionamento fallara e nin sequera había partida económica nin intención política para desenrolar proxectos deste tipo. Solucionado isto, agora o reto é por en marcha unhas políticas mais fortes no eido da integración social. Son cousas que levan tempo, porque supoñen un cambio importante, e hai normas que elaborar e aprobar, pero o noso empeño está en ter todos os obxectivos cumpridos ó remate da lexislatura.

Tamén asumiches competencias en 3ª idade e Sanidade. Os nosos maiores son unha parte fundamental da nosa sociedade; durante anos traballaron e sacrificáronse moito para facer vida e axudaron a que este país saíra adiante, e agora xa xubilados merecen que a sociedade e as institucións nos esforcemos por eles. Para elo é imprescindible que a deixadez coa que o PP tiña por costume de tratar todolos temas que van dirixidos os veciños desapareza, pois os nosos maiores non poden ser tratados como un número nun papel. E nese sentido estamos traballando en accións que lles dean a relevancia que merecen, con actividades especificas para eles, e tamén poñer unha maior atención dende Servizos Sociais ós que están en situacións mais delicadas.

 Outro cantar é o centro de saúde. É unha instalación onde, como no caso do colexio,  o Concello solo ten como competencia o mantemento. Iso quere dicir que a nos non nos compete facer obras no edificio, que está moi deteriorado, nin temos responsabilidade sobre o persoal ou o servizo de atención.

Iso non quere dicir que esteamos mirando para outro lado. Todo o  contrario, vendo que o Sergas nos está tratando como se foramos  un concello de segunda, levamos dende que chegamos traballando para, por un lado conseguir melloras no servizo e o terceiro medico que tanta falta fai, e por outro para que sexa o Sergas quen asuma todas as competencias con respecto o edificio, e así liquidar os problemas que estamos tendo, metidos nunha loita diaria por ver a quen lle corresponde reparar isto ou facer aquilo.

¿Algo parecido entón o que acontece no colexio? Efectivamente, o problema é o mesmo. As consellerías do PP  tentan escorrer o bulto, e cargarlle ós concellos competencias que non lle corresponden. E non pasaría nada se nos cargaran tamén os fondos para facer fronte as obras necesarias e o mantemento das instalacións, pero non é o caso.

Como membro do equipo de goberno e polo tanto responsable en certa medida da elaboración dos  orzamentos ¿Que destacarías deles para este ano 2016? O orzamento é o documento mais importante do ano, pois  conten as previsións de gasto e as inversións que o equipo de goberno prevé realizar. Neste sentido é moi importante a transparencia, algo que ata agora non había e no que nos traballamos moi intensamente, cun resultado que está á vista, nun documento que calquera veciño pode entender á perfección. Ademais disto,  este ano fíxose un esforzo por, sen aumentar impostos, poder incluír inversións útiles para os veciños, e buscar medidas de apoio ós mais desfavorecidos. Eu destacaría, mais aló de obras de saneamento e canalizacións, que son moi importantes, as partidas novas de promoción do emprego e inserción social, e o aumento do apoio ás entidades deportivas, culturais e sociais.

Falemos agora da oposición ¿Cómo ves a labor que esta realizando o PP? Mira, eu estiven na oposición antes que Salomé Peña, e sei que é un traballo arduo e as veces pouco grato. Pero un ten que saber onde está e para que. No meu momento, na oposición plantexei alternativas, realicei diversas propostas, e esforceime en chegar a acordos con quen gobernaba. E tamén fun crítico co que considerei. Sen embargo, agora encontrámonos cun PP que non asume a súa labor opositora, non fiscaliza ó goberno, non fai propostas de ningún tipo, non quere chegar a acordos  e o seu único obxectivo parece ser tentar  crear fisuras que rompan o goberno actual.

IMG_9617

Momento no que o PP abandona un pleno municipal, logo de que Luís Serantes forzara a súa expulsión.

Ultimamente os plenos municipais están algo movidos.¿ Hai tensión co PP?  Non, pero faise evidente que o PP ten interese en tensar os plenos municipais, para así desviar a atención dos asuntos importantes, e evitar que a xente se dea conta de que realmente eles non están facendo absolutamente ningún traballo político.

No PP local tamén se deron casos de investigados xudiciais¿ Como valoras que non se tomen medidas políticas? Se eu  estivera na situación de Luís Serantes o PP xa me tería pedido a dimisión, pois todos sabemos que o PP  ten valores distintos cando trata dos seus que cando se trata dos demais. A verdade é que pregunteille en pleno a Salomé cando consideraba ela que os políticos imputados deberían dimitir, e inda estou agardando pola resposta. Somos Ribadumia ten uns criterios moi estrictos con estes temas, e eu como concelleiro estou sometido á asemblea,   pero en último caso  son os veciños os que deciden co seu voto que tipo de políticos queren.

¿Cómo ves o futuro do concello de Ribadumia? Polo de pronto o que vexo é que o concello como institución xa traballa dun xeito mais próximo o cidadán, que era algo que moitos votabamos de menos. Co cal un dos obxectivos de Somos Ribadumia xa esta cumprido. Agora queda o mais difícil, que é aportar solucións, pero se facemos as cousas ben veremos que Ribadumia se convirte nun sitio moito mellor para vivir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s