Category: Sen clasificar

As contratacións a dedo de David Castro, punta dun iceberg en servizos sociais.  

  • O Colexio oficial de Traballo Social leva ante a Valedora do Pobo a negativa de David Castro a explicar como contratou a unha traballadora social.
  • Unha contratación realizada a dedo, tal como denunciamos dende Somos Ribadumia en marzo de 2021.
  • O departamento de servizos sociais está nunha situación inaceptable, con actitudes cara os profesionais que poderian considerarse bullying e unha xestión moi politizada.

  En marzo de 2021 dende Somos Ribadumia fixemos públicas dúas cousas, que David Castro había contratado a unha traballadora social a dedo e dun xeito irregular, e que o Colexio Oficial de traballo Social había requirido documentación sobre esa contratación.

 Así pois ao anuncio de que o COTSG acude á Valedora do Pobo non nos colle de sorpresa, ao contrario, era máis que previsible que algo disto pasaría, e temos claro que a cousa non vai rematar nunha queixa ante a Valedora nin nun problema cunha contratación, porque a situación que está vivindo o departamento de servizos sociais é dramática. Máis aló de que o propio goberno local, en pleno municipal, declarou no seu momento que se contratou de maneira directa, sen proceso aberto e público de ningún tipo, á persoa que cubriu a baixa da traballadora social, e de que o posto do educador familiar, que tamén causou baixa de longa duración, non chegou a cubrirse co prexuízo e coa merma na calidade do servizo que iso supuxo para a veciñanza, a realidade é que eses profesionais están, agora que volveron das súas respectivas baixas laborais, nunha situación insostible.

   Tanto o educador familiar como a traballadora social encóntranse nunha situación que nos só podemos valorar como de claro e evidente bullying . En ambos casos á volta das súas correspondentes baixas, que xa se deberon á presións dende o ámbito político que lles afectaban no seu posto de traballo, encontráronse con que lle cambiaron o posto de traballo, e que as someten a todo tipo de impedimentos para realizar o seu traballo, recortándolle funcións para evitar que atendan á veciñanza, negándolle acceso ao local de servizos sociais, controlando de maneira abusiva todo canto fan, requerindolle datos que están protexidos, interferindo en todos os procesos, pretendendo que dende alcaldía se autoricen determinadas actuacións que son competencia exclusiva dos profesionais … Unha longa lista. Ademais de que para poder levar a cabo este ataque continuado que nos temos claro que só busca que estas persoas dimitan dos seus postos, David Castro tivo que duplicar o persoal que atende no departamento de servizos sociais, disparando así o custe económico, pero empeorando o servizo.

   Temos a seguridade de que esta situación vai rematar nos xulgados, máis pronto que tarde, e de feito xa houbo inspeccións de traballo, pero mentres, o comportamento do goberno local está causando un gran malestar, nos traballadores que nos consta que están aguantando carros e carretas porque son uns profesionais e están máis pendentes da veciñanza que dos desvaríos de David Castro e de Sofía Nuñez, pero tamén na veciñanza, que non está sendo atendida como corresponde, con importantes atrasos en todo tipo de trámites, algúns de importancia, como tramitación de incapacidades permanentes, ou de horas de SAF.

   Xa pedimos no seu momento a dimisión de Sofía Nuñez, por incompetente e por polítizar o departamento de servizos sociais. Agora reafirmámonos, porque non se pode permitir que persoas con esa maneira de pensar e actuar estean ao mando dun departamento tan sensible e onde se traballa con situacións moi delicadas.

Inaudito: a dirección  CPI Xulia Becerra Malvar pide ao Concello que lle recolla material para a reciclaxe e este mándalle a un chatarreiro.

  • O concelleiro de medio ambiente, Miguel Castro, enviou a un recolledor de chatarra a retirar no colexio diverso material para a reciclaxe, ignorando toda normativa ao respecto.
  • Miguel Castro meteu nun apuro á dirección do colexio, que está obrigada a entregar os materiais de reciclaxe a entidades autorizadas para o seu tratamento.
  • O concello dispón de recursos propios para tratar o material de reciclaxe, incluídos os aparellos electrónicos, que teñen un regulamento específico.

     Esta fin de semana tivemos noticia dun feito tan absurdo que tivemos que chamar á dirección do CPI Xulia Becerra Malvar para confirmalo. Pero así foi.

   Fai uns días a dirección do CPI Xulia Becerra Malvar chamou ao Concello para solicitarlle que pasara a recoller diverso material para enviar ao punto limpo e o seu posterior rexiclaxe. Entre ese material había varios aparellos electrónicos, que debido á presenza de metais pesados e outros elementos perigosos para a saúde, teñen un tratamento particular. Particular e regulado.

  Tal como nos explicaron dende a dirección do propio colexio, no Concello trasladaron ao concelleiro de medio ambiente a cuestión e el mesmo enviou a alguén a recoller ese material. E aquí empeza a caída ao absurdo deste goberno local. Tal como explica o noso voceiro, Enrique Oubiña, “o concello ten un camión de recollida de voluminosos e persoal, e ademais temos un punto limpo preparado para recibir o material para a súa reciclaxe, incluído, grazas as xestións que na lexislatura pasada levamos a cabo eu mesmo e Pepe Lede, un espazo específico para a almacenaxe de equipos electrónicos, que debe ter unhas condicións moi concretas de illamento. Pois tendo os recursos, Miguel Castro, concelleiro de medio ambiente nin máis nin menos, mándalle ao colexio a un autónomo recolledor de chatarra”.

   Dende Somos Ribadumia non temos nada que dicir das persoas que se dedican a ir retirando os metais que sobran polas casas gañándose o pan como poden, pero é que un Concello non pode mandar a calquera a facer este tipo de traballos. Cando dicimos isto queremos dicir que o Concello, e tamén neste caso o Colexio, como calquera entidade e empresa, teñen obriga de rexistrar a trazabibilidade dos materiais de reciclaxe. “Con esta actuación cuñadista a máis non poder, Miguel Castro meteu nun apuro á dirección do CPI Xulia Becerra Malvar, que ademais de educar na correcta reciclaxe dos materiais aos nenos e nenas que van a ese colexio, debe rexistrar que entidade recolle o material e debe ser unha entidade autorizada, e que cumpra uns requisitos, non un recolledor das características que enviou”.

   Dende Somos Ribadumia  non somos capaces a entender como pode ser que dispoñendo dos recursos pasen estas cousas. “O concelleiro de medio ambiente, que xa debería ter dimitido fai meses polas súas actitudes, lonxe diso aínda se veu arriba, sobre todo dende que se librou das súas dúas compañeiras liberadas, e dedícase a accións como esta, que non teñen cabida dentro do funcionamento dunha administración pública”.

David Castro admite publicamente que o PP comprou a alcaldía de Ribadumia.

  • Nunha entrevista nunha canle de TV, David Castro dixo que o PP favorecería a Ribadumia a cambio do seu paso ao PP.
  • Dirixímonos ao PP provincial e a Alfonso Rueda para que aclare se é certo que o goberno do PP favorece as súas alcaldías e se leva oito anos prexudicando a Ribadumia.
  • David admitiu ser incapaz de xestionar correctamente os 5 millóns de euros que move cada ano e de cumprir os seus compromisos electorais, e admite que se vendeu polo asfaltado de catro pistas e por cinco saneamentos, que non sumarían nin 300.000€, cando ten máis de 1’5M € de remanente no banco.
  • Por certo, a administración que máis fondos destina a Ribadumia cada ano, logo do goberno central, é a Deputación, que dota de maneira directa e sen pedirlle a alcaldía a ninguén, catro veces máis que a Xunta de Galicia.
  • O que David Castro non dixo, foi o que se leva el persoalmente co seu paso ao PP.

   De todas as escusas que David Castro podía poñer para xustificar a venda do seu partido e da alcaldía de Ribadumia ao PP, e logo todas as mentiras que leva dito, optou polo inaudito.  Tal como explica o noso voceiro Enrique Oubiña, “nuha entrevista concedida a unha canle de TV comarcal,  David Castro, que durante toda a entrevista refireuse a si mesmo en terceira persoa recordándonos a  aquela Aida Nizar dos tempos máis duros da tele-lixo, declarou que os motivos polos cales se pasaron el e parte o seu equipo ao PP foron estritamente económicos”. En concreto dixo, e recalcou en varias ocasións que “ pasamos ao PP porque nos permite acceder a maior financiamento”.

   Estas declaracións a nós deixáronnos moi preocupados. Xa sabiamos e xa denunciamos en varias ocasións que a Xunta de Galicia se esquecía de Ribadumia nos orzamentos de cada ano. Pero unha cousa é que o goberno da Xunta estableza prioridades en base a urxencias ou en base aos seus proxectos políticos, e outra moi distinta é que bloquee posibles investimentos  e prexudique á veciñanza dun concello co obxectivo de exercer presión sobre un goberno local distinto do PP, ou que use os recursos económicos da Xunta para   comprar alcaldías.

   Pola nosa banda, imos dirixirnos ao Partido Popular Provincial e tamén ao señor Alfonso Rueda, para que aclaren por canto comprou o PP a alcaldía a David Castro , e se leva oito ano prexudicando a Ribadumia por non ser o goberno local do PP. Tamén pediremos que aclaren a cantos concellos máis está prexudicando e favorecendo en base as siglas que gobernan, pero de partida, queda patente, e David Castro así o confirma coas súas declaracións, que cando gobernos como Cambados, o Grove, a Illa ou Vilagarcía acusan á Xunta de abandono ou de prexuízo, detrás hai unha motivación política, e que o PP non ten problemas en prexudicar a veciñanza deses concellos incluídos os seus propios votantes, con tal de ir contra os gobernos “inimigos”.

A xestión de David Castro.

    Por outra banda, estas declaracións de David Castro son algo contradictorias. Porque ao longo da entrevista dixo en varias ocasións que precisaba recursos económicos para poder atender a diversas “peticións veciñais, algunhas de fai sete anos” , en concreto referiuse a saneamentos e asfaltado de pistas, o único tema do David Castro sabe falar.

O que David Castro non dixo é que a Deputación é a administración, logo do goberno central, que máis fondos aporta a Ribadumia, catro veces máis que a Xunta. É iso sen contar os plans que David Castro perdeu. “Entón por que David, xa postos a venderse, é dado que polo visto non foi por causas ideolóxicas, non se pasou ao PSOE, que acaba de regalarlle  400.000€?? Que lle ofreceu o PP ? Que se vai levar el? “.

   Estas declaracións, en todo caso “demostran a incapacidade para o goberno de David Castro, e a aínda maior incapacidade para a xestión económica. David Castro ten máis de 1’5 Millóns de euros no remanente, e manexa un orzamento anual que arranca nos 4’5 millóns e que por exemplo no 2022 vai rematar en case 6 Millóns. Como pode ser que con todos estes cartos para gastar David Castro non fora capaz de realizar media ducia de saneamentos e asfaltados, obras que non chegarán aos 300.000 € ?”

  A resposta á pregunta, novamente é que David Castro minte. O que David Castro leva facendo nestes últimos catro anos foi priorizar os investimentos para beneficiar á súa xente e para captar votos. “Pero que ninguén se confunda, quen leve catro anos agardando por un saneamento ou polo asfaltado dunha pista levaos agardando porque para David non é unha prioridade, e porque intencionadamente agardou a este momento para agarrar os votos con promesas de futuro”. É falamos con coñecemento de causa, na lexislatura anterior Oubiña dedicou a maior parte do plan concellos a completar a rede de auga é saneamento, deixando xa preparadas no 2019 as obras que faltaban para que nesta lexislatura quedara todo completo. “E dende logo, ” coa Xunta no tempo que eu estiven e naquilo que eu participei, tivemos entendendo e logramos investimentos ou acordos como a cesión do centro de saúde ao Sergas, ou as liñas económicas para o polígono que superaron o millón de euros, e que só elas xa superaron a todo o logrado por David Castro do PP nestes catro anos, que foi cero”.

David Castro é un incapaz no político que tivo que vender a alcaldía por pura desesperación é por un interese meramente persoal, porque en catro anos non foi quen de xestionar correctamente os case 20 Millóns de euros dos que dispuxo. A súa xestión demóstrao, en vez de usar correctamente os cartos, preferiu dedicalos a mellorar os accesos a unha empresa amiga, e a favorecer a catro familias en concreto, tirando os cartos en peches de perpiaño e deixando os traballos importantes sen facer, e se quedaban dúbidas despexounas todas o mércores ao dicir que se vendía por uns asfaltados e uns saneamentos.

David Castro falsea os números para intentar vender como éxito o que é un sonoro fracaso de xestión.

  • Un ano despois de perder dúas liñas económicas que supoñian un investimento total  de 1.372.000 € ( Plan Ágora + Plan ReacPon) David Castro gábase de lograr un convenio por valor de 704.482,97 € .
  • David Castro di que o concello so aporta 211.000 € pero aporta  case 400.000€.
  • Despois da chapuza de presentarse a dúas liñas de axuda para a mesma obra e perder  as dúas, vende como logro unha obra que apenas vai solucionar nada, e logo de axeonllarse ante a Deputación.
  • David Castro non quería aceptar a titularidade de 305 m na rúa Condesa, e rematou aceptando 980 metros en tres vías distintas do Concello.
  • Sen novas do patio cuberto para o colexio, nin da nova cafetería para o Umia, nin da nova sede de protección civil. E o aparcadoiro actual do Umia en perigo.

   Faltou Enrique Oubiña do último pleno por motivos laborais, e David Castro respirou tranquilo, tanto que dedicou boa parte do tempo para explicar o convenio asinado coa Deputación para unha obra de mellora da seguridade viaria nun tramo da rúa Condesa en Barrantes, a mentir con total descaro.

  Dende Somos Ribadumia queremos deixar claro que non nos opoñemos a ningunha obra que vaia en mellora da seguridade da nosa veciñanza, pero debemos aclarar varias cuestións sobre as que David Castro faltou a verdade de maneira sonroxante.

  En primeiro lugar o  baile das cifras. David Castro, tal como explica o no noso voceiro Enrique Oubiña “minteu no pleno cando dixo que no seu momento perdeu 400.000 € do plan ReacPon. A realidade é que David Castro perdeu os 601.000€ do plan Ágora, e os 771.000 € do Plan ReacPon, pois estas son as cifras dos investimentos totais previstos neses dous plans, en base aos proxectos presentados polo goberno local. E perdeunos por dous motivos, o primeiro pretender xogar a picaresca presentando o mesmo proxecto a  dúas liñas de axuda distintas, podendo presentar dous plans distintos e realizar desta maneira investimentos por valor 1.372.000 € no noso Concello. O segundo por non solicitar a titularidade do tramo de vía afectado, que era da Deputación”.

   Por outra banda, David Castro asegurou que o Concello tiña que poñer menos cartos, comparando a parte que o Concello lle correspondería no caso de non perder o Plan ReacPon, 342.000 €, cos 221.000 € que debe poñer neste novo convenio. “O que David Castro esqueceu nomear é que para poder levar a cabo esta obra nova, primeiro tivo que facer fronte á compra dunha parcela de 1000 metros, por valor de 163.000€, co cal en realidade neste proxecto o Concello de Ribadumia está poñendo 384.000€. Polo tanto, David Castro vai investir neste proxecto 42.000€ máis dos que se investiría no plan ReacPo

Outro aspecto a resaltar é a diferenza das obras propostas. Mentres que no Plan ReacPon se propoñía unha serie de actuacións de mellora urbanística, incluíndo un patio cuberto para o Colexio, con este novo convenio, que en total vai custar case 870.000 €, “ao final todo se vai limitar a facer unhas beirarúas e un aparcadoiro para o colexio, sen dubida necesario, pero o resto de promesas de David Castro para a contorna e para o campo do Umia desaparecen do taboleiro, deixando ademais , case un 1M de euros despois a maior parte dos problemas sen resolver e coa dubida, que David Castro non aclarou, de se co novo aparcadoiro vai eliminar o aparcadoiro actual ao carón do campo de A Bouza, unha situación ante a cal o Umia C.F. amosase contrario”. E ademais, topámonos que foi preciso requirir da veciñanza cesións de terreos para poder facer as beirarúas e con que unha boa parte do custe da obra se vai ir nos peches novos que hai que facerlle a eses veciños. Todo isto demostra que David Castro é incapaz de pensar e proxectar unha obra que non consista en poñer tubos e farolas, asfaltar e facer muros de perpiaño.  

  Tampouco hai que deixar de lado as condicións postas pola Deputación e o cambio de actitude da David Castro, que pasou de ameazar co xulgado a aceptar o que lle puxeron diante cos ollos pechados. Como dixemos, as liñas dos plans Ágora e ReacPon perdéronse por non aceptar a titularidade dos 305 metros de vial afectado na rúa Condesa, un vial titularidade da Deputación. “Tanto eu mesmo como Pepe Lede do Psoe instamos  a David Castro a aceptar a titularidade dese tramo de vía e non perder esas axudas tan importantes, pero David Castro insistiu con moita autosuficiencia en que el nunca aceptaría a titularidade dun tramo de vía que lle corresponde á Deputación, cousa que de partida é mentira pois xa aceptara no 2019 un tramo de máis de 400 metros na rúa A Torre. Un ano despois de amosarse tan firme nesta cuestión, David Castro non so aceptou a titularidade dese tramo de vía, senón que tragou a titularidade de dous tramos máis. Non quería asumir 305 metros, e acabou asumindo 980, mais do triple”.

   En resumo, as ansias electoralistas de David Castro, que necesita anunciar algunha obra de importancia para tentar tapar os catro anos desidia municipal, levárono a aceptar unhas poucas farangullas e tragar da Deputación  todo canto dixo que non ía tragar. Un fracaso a todos os niveis. Ademais a obra nin sequera se vai facer nesta lexislatura. “Repítese a situación dos anos 2014 e 2015, cando o PP renunciou a un proxecto de importancia en Barrantes logo de aprobalo no 2014, e a dous meses das eleccións apaareceu cun parche en forma de reforma do ximnasio. E como daquela o PP, David Castro, que acaba de recordar que é pepero de toda a vida, pretende comprar á veciñanza con caramelos en forma de cifras económicas anunciando obras no último minuto; pero se no 2015 a tomadura de pelo non colou con aquel PP todopoderoso, agora, cun PP comprado no bazar chino, menos”.

   “E todo isto sen ter aprobado o orzamento, acudindo unha vez máis ao remantente de crédito, do cal en menos dun anos fundeu preto de 1 M€. A conclusión máis clara disto é que urxe poñer a David Castro lonxe dos cartos da veciñanza, porque non esta deixando nada, e aínda por enriba sen resultado visible nin mellora algunha para a vida da veciñanza”.