Máis de 500 sinaturas en defensa da atención primaria en Ribadumia.

  • Damos por rematada a campaña local de recollida de sinaturas a favor do reforzo da atención primaria.
  • En Ribadumia superáronse as 500 sinaturas, un dato de participación moi positivo.
  • Seguinte paso: a manifestación en Santiago o próximo 12 de febreiro.

 Esta fin de semana demos por rematada a campaña de recollida de sinaturas para a apoiar a ILP que propón medidas urxentes de reforzo da atención primaria.

  En Ribadumia, ademais de ter varios puntos fixos de recollida de sinaturas realizáronse recollidas puntuais en varias xornadas. En total recolléronse máis de cincocentas sinaturas, unha cifra moi importante, que da proba da preocupación que hai na nosa veciñanza ante o degradamento progresivo da atención primaria.

   Dende Somos Ribadumia queremos agradecer o apoio amosado pola nosa veciñanza, e animar a todas as persoas do noso  concello a participar na manifestación do 12 de febreiro en Santiago, onde toda Galicia clamará pola recuperación da calidade na atención primaria e polo remate dos recortes e a degradación dese servizo. Por suposto dende Somos Ribadumia estaremos presentes, tanto a nivel institucional como a nivel persoal, pois antes que políticos e políticas somos veciños e veciñas, e como tal queremos defender o noso dereito a ter unha atención sanitaria digna.

A demagoxia de David Castro.

  Por desgraza, tamén debemos por de relevancia a falta de compromiso real do  equipo de David Castro e a súa actitude absolutamente demagóxica. A pesar das verbas bonitas e de  verse obrigado fai uns meses a apoiar unha moción presentada conxuntamente por Somos Ribadumia e pola agrupación socialista, a realidade é que o goberno local tivo moito coidado de poñerse de perfil nesta loita, de feito non fixo ningún esforzo por apoiar esta campaña de recollida de sinaturas a favor da ILP en defensa da atención primaria. Tal é así, que a pesar de que había follas de recollidas de sinaturas na casa consistorial e nas dependencias de servizos sociais, David Castro silenciou a campaña, e non fixo ningún tipo de comunicación animando a participar, nin sequera un aviso a través das redes sociais de que as follas estaban a disposición da veciñanza. Para o que si tiveron tempo foi para enlamear esta campaña no pleno municipal e para tratar de gañar protagonismo nos actos públicos e saír nas fotos.

   Pola nosa banda, lamentamos esta actitude, a falta de compromiso coa nosa veciñanza, e esa maneira de actuar buscando quedar ben con todo o mundo sen facer nada concreto nin amosar ningún tipo de compromiso a través da practica política, pero tampouco imos prestarlle a máis mínima atención.  Cada quen saberá valorar e saberá tamén diferenciar entre as formacións que traballamos para recuperar a atención sanitaria que a veciñanza merece e ten dereito, e as que so andan a facer propaganda para xuntar catro votos e aguantarse na cadeira sen facer nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s