Os orzamentos da Xunta ignoran os problemas de Ribadumia e da nosa comarca co silencio cómplice de David Castro.

- O colexio mantén importantes carencias, e seguimos sen pediatra no centro de saúde.
- A única mención a Ribadumia é unha obra que acumula cinco anos de retraso para supostamente eliminar un punto negro de verquidos.
- Nin rastro nin da necesaria ampliación da depuradora de Treviscoso, nin do PEF
- David Castro, comprice silencioso do abandono da Xunta a Ribadumia.
Os orzamentos da Xunta de Galicia, un ano máis pasan de puntillas pola comarca, limitando os investimentos a un par de actuacións no ámbito da depuración de augas e moita maquillaxe en forma de anuncios que nin sequera teñen partidas orzamentarias específicas, para actuacións claramente electoralistas..
Dende Somos Ribadumia seguimos mantendo a posición de que hai problemas locais, como as deficiencias na atención primaria ou no CPI Xulia Becerra Malvar, onde a Xunta debe deixar de poñer parches e realizar actuacións claras e decididas, que solucionen problemas. A situación do CPI de Barrantes é clamorosa, pois 800.000€ despois dunha actuación lograda gracias á nosa presión, segue habendo carencias sen resolverse, como o tellado de primaria, ou o illamento do edificio de infantil, obras incluídas no proxecto de reforma realizado no 2021 que inexplicablemente quedaron sen executar, pero tamén outras cuestións como os baños de todo o edificio de primaria, que dende a construcción do colexio, fai máis de cincuenta anos, só recibiron reformas parciais, e piden unha actualización a gritos. E isto sen entrar a falar de problemas máis complexos como a falta de espazo físico dentro do colexio, ou dun patio cuberto.
Non menos grave é a situación do centro de saúde, que segue sen atención pediátrica, mentres o conselleiro de Sanidade, o señor Júlio García Comesaña, se dedica a visitar centros de saúde sen médicos e sen pediatras que atendan aos nosos nenos e nenas, para anunciar obras e ampliacións que ninguén pideu.
Para Oubiña “o feito de que Ribadumia apareza como “beneficiario” dunha obra de reparación dun bombeo que acumula seis anos de retraso e que no seu día o PP comprometeu gracias á presión da esquerda de Ribadumia e Cambados, non nos parece tampouco algo como para escusar outras actuacións”.
Máis aló do estritamente local, temos ademais outras carencias importantes. Nos, remarcamos a necesidade de ampliar a captación de auga de Treviscoso, outra obra comprometida pola Xunta da que agora Gonzalo Durán non se acorda, e cuxa necesidade se fixo evidente este verán, onde o disparado consumo de auga ocasionou diversos problemas no subministro, problemas que levan anos indo a máis.
Ademais a captación debe facer fronte a outros problemas, como o custe enerxético, que antes ou despois acabaran por repercutir na veciñanza a través do recibo da auga, mentres que o goberno Popularanten conxeladas as transferencias directas aos concellos, nun momento onde a inflación disparada encarece os servizos, máis tamén as contratacións das obras e os subministros, unha situacións que se agrava en concellos como o noso, adoecidos dunha pésima xestión municipal.
Tamén estaba comprometida a posta en marcha dun punto de encontro familiar na comarca, un servizo moi necesario, así como o reforzo dos CIM, que no Salnés da atención xa a cinco concellos, e seguimos tendo un grave problema de comunicación a través do transporte público, ou de acceso á unha rede de Internet de calidade no rural, entre outras carencias.
David Castro, comprice.
Tres alcaldes da nosa comarca gardan silencio ante as carencias dos orzamentos do próximo ano da Xunta: o de Sanxenxo, o de Vilanova… e David Castro.
É lamentable que David Castro manteña unha posición tan compracente co PP ante o evidente abandono da Xunta cara o noso Concello, “pero moito máis lamentables son os motivos, principalmente dous: por unha banda a incapacidade de David Castro para xestionar nada, que levou a Ribadumia en tres anos e medio a pasar de concello exemplar a ser vergoña e exemplo de como non se debe gobernar, e por outra a súa necesidade de non enfadar ao PP nun intento de manter abertas as portas dese partido, mentres desfolla a margarida da integración de IR nel”. A nós as cuitas de David Castro por encontrar unha cadeira cómoda e ben pagada traennos sen coidado, pero non podemos aceptar que un alcalde non estea ao carón dos seus veciños e veciñas, nin que antepoña as súas aspiracións persoais aos problemas do noso concello, que xa leva perdidos máis de 1000.000 € en investimentos, unha cifra que sube mes a mes.