Solicitamos xunto ao resto da oposición un pleno para aclarar a situación xurídica .

  • No pasado pleno Enrique Oubiña puxo de relevancia a existencia dun recurso xudicial contra unha traballadora do concello.
  • As explicacións e informes achegados non aclaran cales son os intereses municipais neste asunto.
  • Todos os concelleiros da oposición asinamos unha solicitude de pleno extraordinario para aclarar está cuestión.

  Cando no pleno do pasado 3 de setembro Enrique Oubiña puxo de relevancia a existencia dun recurso presentado contra unha sentenza relativa a unha baixa dunha traballadora, o que agardabamos dende Somos Ribadumia era que David Castro respondera a unha pregunta sinxela: cales son os motivos específicos que xustifican que se presentara ese recurso?.

 No pleno non foi posible obter unha resposta. E nin o informe que posteriormente se nos fixo chegar dende os servizo xurídicos do Concello , nin as  consultas de documentación que o noso voceiro realizou na casa consistorial lograron aclarar está cuestión.

 O proceso xudicial referido foi iniciado por unha traballadora, que  o 24 de abril de 2018 sufriu unha caída durante a xornada laboral. A caída, que derivou nun problema nun ombreiro que finalmente non lle permitiría volver ao traballo, coincidiu no tempo con outras cuestións de saúde que tamén supoñían para a traballadora estar un tempo de baixa. De todo isto desprendeuse un conflito por dilucidar se a baixa temporal, que inicialmente se concedeu como enfermidade común,  que tivo esa traballadora correspondía que fose por accidente.

   O proceso xudicial seguindo o procedemento legal correspondente, conlevaba demanda contra a Seguridade Social , a Mutua e a empresa, neste caso o Concello. A sentenza foi favorable á traballadora, ao dar por probado que o motivo da baixa fora o accidente acaecido o 24 de abril do 2018. Unicamente o Concello presentou un recurso ante esta sentenza.

   Cabe sinalar, e remarcar, explica Oubiña a conclusión a que chegamos a partir de toda a información aportada e consultada, así como das consultas profesionais externas realizadas por Somos Ribadumia,  é que a sentenza non tivo ningunha repercusión para o Concello, nin económica nin de ningún outro tipo, nin a pode ter no futuro, pois a caída da traballadora non foi motivada por ningunha causa achacable ao Concello, nin se derivou ningunha inspección por cuestións de seguridade no traballo, nin se estaba incorrendo en ningunha irregularidade laboral. Así que a pregunta  é: se non hai efectos para o concello, porque gastar cartos nun recurso? “.

    A cuestión é que para o Concello non, pero si pode ter efectos este recurso,  de provocar un cambio nesa sentenza, na situación da propia traballadora, que actualmente ten aberta outra causa para tentar que o xulgado determine que a Incapacidade Permanente que se derivou desa baixa, sexa tamén, en toda lóxica, declarada como baixa por accidente e non por continxencia común. A sentenza podería ter, de saír favorable á traballadora, repercusións na súa pensión de xubilación. 

  En resumo. O concello presentou un recurso ante unha sentenza xudicial que non lle afecta no máis mínimo. Unha sentenza tan clara que nin a Seguridade Social nin a propia mutua puxeron en dúbida, nin moito menos formalizaron un recurso. Porén, ao recorrer dita sentenza, o Concello está xogando, voluntaria ou involuntariamente,  coa pensión dunha traballadora municipal.”

  Dende Somos Ribadumia queremos pensar que ou ben non se nos transmitiu correctamente a información, ou houbo un erro na xestión deste asunto, por que a alternativa posible resultaría dunha extrema gravidade.

Está é a posición de Somos Ribadumia. O resto de partidos da oposición chegaron a unha conclusión similar, por ese motivo consideramos que era preciso solicitar un pleno extraordinario, e en paralelo un informe da secretaría-intervención municipal, e tratar de aclarar está cuestión.

Pola nosa banda temos confianza en que o informe solicitado nos aporte a xustificación desta actuación dun xeito claro, ou no seu defecto que nos próximos días David Castro rectifique e dea orde de retirar ese recurso. Nese caso retiraremos a solicitude do pleno. Porén, de non ser así, e se o informe solicitado non aclara as dúbidas, no pleno proporemos que se vote a retirada dese recurso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s