Lamentamos a chapuza e improvisación nas actuacións de mellora na seguridade do acceso ao colexio de Barrantes.

  • O colexio leva seis meses pechado, pero o goberno decide facer actuacións de maneira improvisada no seu acceso o mesmo día de inicio das clases, xerando problemas de seguridade.
  • A demarcación dunha zona de acceso segura, parcial e limitada a uns tubos e cadeas de plástico, parécenos unha chapuza.
  • O próximo inicio das obras de reforma teñen moi preocupada a dirección do colexio e a ANPA.

   Onte levantámonos coa sorpresa de que, despois de tres anos agardando porque David Castro aceptara realizar a obra proposta por Enrique Oubiña no 2017 para mellorar a seguridade de acceso viario ao colexio, ver aos obreiros do concello traballando nesta cuestión.

  Dende o noso punto de vista, partindo de que calquera actuación de mellora no acceso ao concello é ben recibida, temos que lamentar a completa improvisación e unha actuación que so se pode definir como chapuza.

  Tal como explicaba Oubiña “o colexio leva pechado seis meses, sen embargo non foi ata onte, primeiro día de colexio, que o concello decidiu mandar aos obreiros a facer esta “artistada” de traballo. Ademais, meteron a maquinaria na area de aparcadoiro dos autobuses estorbándolle para as súas manobras, sen delimitar as áreas de traballo e permitindo a nenos, nais e pais pasar polo medio da obra, cos perigos que calquera pode imaxinar”.

  Aínda que nos alegra que por fin se actuara temos que lamentar o limitado e inadecuado da actuación, que non pasa de ser un parche para quedar ben. Para Oubiña “no concello consta, como xa se dixo en varias ocasións, un plano coa obra que se debería facer, delimitando, coa correcta demarcación, sinalización e pintado horizontal, a zona de acceso dende a baixada dos autobuses ata a entrada do colexio. O traballo feito onte limítase a colocar unhas varas de pvc cunha cadea de plástico nunha zona de paso, pero non garante o acceso seguro nin ao colexio nin evita en modo algún a perigosidade das manobras dos autobuses. Iso é literalmente como pintar un paso de peóns ata a metade da vía unicamente: absurdo.”

   Ademais disto, a actuación feita consistiu en colocar unhas varas de pvc pintadas, unidas cunha cadea de plástico, e todo nun formato de poñer e sacar, que queremos interpretar que ten o obxectivo de deixar libre o espazo fora do horario lectivo, anque non sabemos a razón, e no Umia C.F. descoñecian que se fora realizar esta actuación, polo que tampouco a puideron valorar. O que ninguén sabía tampouco as once da mañá era quen se vai ocupar  de realizar a instalación pola maña ou a recollida ao final da xornada escolar, pois entendemos que será deste xeito, porque temos seguro que eses tubos como fiquen colocados un par de dias e noites, van tardar pouco en desaparecer.

   Como explica Oubiña “e o que ninguén pareceu pensar neste goberno de postín que temos, é que na situación actual xa non solo hai que garantir acceso seguro ao colexio, se non tamén ao campo de fútbol, e polo tanto convén que esa zona de paso sexa permanente, por non falar de que se debería ordenar a zona de aparcadoiro”.

  Pola nosa banda deixar claro que a actuación non pasa de ser unha versión cutre, limitada e posiblemente inútil da proposta que realizou no seu momento Enrique Oubiña, e para a que mesmo se chegara a comprar o material, que agora apodrece no almacén municipal.

Sobre o inicio do curso escolar e a reforma do colexio.

Outros temas  que Enrique Oubiña tratou  coa ANPA e coa dirección co colexio nesta semana foron as cuestións de seguridade neste inicio de curso, e como van afectar as obras previstas a vida escolar. Sobre a primeira cuestión no noso colexio a situación é como no resto de colexios galegos, con mais incertezas que seguridades, pero a dirección xestionou os seus recursos o mellor posible para adecuarse as cambiantes directrices da Xunta, priorizando a seguridade das crianzas. Con todo, dende Somos Ribadumia estamos moi preocupados pola parte que afecta ao concello, pois inda que temos constancia de que se van reforzar os servizos de limpeza, o concello non aclarou de que maneira se vai enfrontar está situación, nin que repercusións pode ter no resto de instalacións municipais. “E a vista do que o alcalde lle respostou a Pepe Lede no pleno cando preguntou por esta cuestión, todo apunta a que o concello vai insistir nun formato baseado na improvisación, algo que nos preocupa sobremaneira, pois non esta a cousa para improvisar, e tempo de organizar correctamente estas cuestión houbo abondo. Que con dúas concelleiras ingresando 900€ ao mes non teñamos mellores nin máis claras solucións tamén di moito do noso goberno”.

Por outra banda, tanto a dirección do colexio como dende a ANPA a estas alturas, xa cun contedor de obra ao carón do centro educativo, seguen sen saber as actuacións concretas que se van acometer, e ninguén lles amosou o proxecto final. Esta mesma maña o director do colexio nos contaba que descoñecía como se van solventar cuestións como a retirada do amianto, algo delicado sometido a normas de seguridade moi estritas, e que a empresa adxudicataria lle comunicou que as obras se van ter que realizar durante o horario escolar, algo totalmente inadmisible, mais se como se dixo a través da prensa, as obras inclúen actuacións nas aulas.

Pola nosa banda, como o alcalde xa declarou que el non vai buscarse conflitos de ningún tipo co goberno do PP e polo tanto deixa as nais e pais tiradas, tomamos de novo a iniciativa e  diriximos un  escrito ao novo conselleiro de educación para solicitarlle que mantivera unha xuntanza coa comunidade educativa, se explicara o proxecto a realizar e se lles tivera en conta antes de poñer a piqueta a traballar”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s