Lamentamos a falta de compromiso real co feminismo do goberno local.
- Os actos ao redor do Día da Muller limítanse ao mínimo establecido pola concellería de Enrique Oubiña na pasada lexislatura.
• Apenas se lles da repercusión e o goberno mantén un perfil baixo, sen medidas políticas.
• A algúns actos ou xestos, como a postal conmemorativa, rebaixouselle o perfil feminista.
• Vergoñenta situación durante s Gala de Homenaxe as Mulleres do noso concello.
Dende Somos Ribadumia seguimos moi de preto as actuacións do goberno municipal, o cal nos permite comprobar como, tristemente, cuestións onde o noso concello era pioneiro e punta de lanza comarcal, como a loita feminista ou contra a violencia de xénero, perden peso na acción de goberno, que pouco a pouco vai recuperando as vellas posturas das dereita, moi reacia a recoñecer o movemento feminista.
O primeiro exemplo tivémolo cando o goberno local puxo en dubida o punto morado contra a violencia de xénero implantado por Oubiña na Festa do Tinto do ano 2019, con criticas a ese servizo – que durante os tres dias de festa non visitaron nin unha sola vez – e mesmo poñendo trabas ao pago das facturas.
Coa chegada do Dia da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, puidemos comprobar como efectivamente, o feminismo do goberno local se nos volve, en palabras de Enrique Oubiña, “un feminismo de garrafón cada día máis augado, cun descurso que se vai asentando pouco a pouco, tentando que non nos deamos conta, nos argumentos da extrema dereita.”
A dinámica de actos e actividades que se estableceu na pasada lexislatura, na cal a área de Oubiña multiplicou os investimentos e converteu o noso concello nun referente, é o claro exemplo do que estamos a dicir. Non se veu na axenda de actividades deste 2020 o máis mínimo interese de innovar nin de darlle un peso especifico nin relevancia, que fixera ir a máis o movemento creado en anos anteriores. Para comezar a comunicación e promoción de todos os eventos reduciuse ao mínimo. A lectura do manifesto foi disimulado na presentación dunha exposición, tan interesante como oculta, pois así como Oubiña traia ese tipo de exposicións e actos á casa consistorial, para que as vira o maior numero de xente posible, o goberno actual colocouna no auditorio, un bo lugar, pero cunha afluencia de publico mínima, o cal tamén serviu para que a lectura do manifesto pasara totalmente desapercibida, e nin sequera se subiu as redes.
Pero o máis grave, en verbas do propio Oubiña “é o cambio no discurso. Na lexislatura pasada tomamos a iniciativa de poñer á muller no centro dos actos e actividades. E incluímos detalles de importante simbolismo, como por exemplo mandar unha postal ás mulleres do concello para recoñecerlle o seu traballo e a súa función primordial na nosa sociedade. Agora esa mesma postal perdeu todo o seu peso simbólico e xa solo é unha maneira cara de anunciar un acto, tanto que xa nin sequera se lle manda ás mulleres do concello, se non a “todos os veciños/as”. Non imaxino un discurso máis próximo ás posturas do PP e de VOX.”
Bochorno na gala de homenaxe ás mulleres de Ribadumia.
Por se era pouco, para completar este retroceso inda nos quedaba a bochornosa situación vivida durante a Gala do pasado domingo, onde se organizou como complemento a actuación dunha cantante “ que non solo se fixo acompañar dun home, nun xesto organizado dun xeito torpe que deturpou por completo o sentido e significado da propia gala e do propio traballo da artista dando a impresión de que precisaba o complemento masculino, se non que inda por riba tivemos que escoitar supostos chistes do tipo, cito literalmente, “cando se celebra o día do home traballador?” e todo tipo de situacións moi propias das vellas actuacións que xogaban cos roles de xénero, de certo éxito fai anos pero totalmente fóra de lugar nos tempos actuais e menos aínda nunha gala como a do pasado domingo”. Dende Somos Ribadumia a este respecto entendemos que as pouco acertadas expresións que escoitamos durante a actuación non son responsabilidade directa do goberno, pero tamén consideramos que para que iso non pase hai que coidar máis a organización deste tipo de eventos así como as actuacións que se traen.
Lamentamos que o goberno local, que nin sequera estivo presente en algunha das concentracións que tiveron lugar na comarca neste 8M, -non falamos xa de organizar unha concentración no concello – non estea pola labor de apoiar con firmeza a loita feminista, que é a loita pola defensa dos dereitos das mulleres a ser consideradas iguais aos homes en todos os aspectos da vida, dende os laborais aos sociais, e que prefira abrazar os argumentos da dereita máis rancia no canto de manter a Ribadumia como o exemplo que foi ao longo da lexislatura pasada.
Con todo, na outra cara da moeda, queremos unha vez mais agradecer a labor do CIM comarcal, responsable das actividades realizadas en torno ao 8M, que seguen facendo unha imprescindible labor ao longo de todo o ano.