O mal estado do mobiliario urbán provoca feridas en varios nenos.
- O mal estado dun tobogan provoca feridas a varios nenos xusto despois de que o goberno anunciara que puxo as instalacións dos CRAs a punto.
- Dende Somos Ribadumia levamos advertindo de desperfectos no mobiliario urbán dende o mes de xullo.
- Irresponsabilidade manifesta, ao atender os avisos entregados no concello en función de quen os asine, en lugar de dar prioridade a seguridade.
“Ao final pasou o que se vía vir.” Así resumía na maña de onte Enrique Oubiña o acontecido no centro infantil de Lois, onde xa dous nenos se fixeron feridas por causa do mal estado dun tobogan, e onde as mestras tiveron que tomar cartas no asunto para evitar que seguira acontecendo, mentres o noso alcalde se dedica a súa actividade privada deixando o concello sen atender.
O mal estado das instalacións públicas, con elementos rotos ou en mal estado, así como da falta de atención dos bens patrimoniais, foi denunciado en varias ocasións de xeito público por Somos Ribadumia, pero tamén temos advertido de outras deficiencias dun xeito máis particular, tal como explicaba esta maña Enrique Oubiña “nos actuamos con responsabilidade e en varias ocasións chamamos ao concello para que atenderan a cuestións que, sendo pequenas, poden traer problemas non tan pequenos, pero debe parecerlles que nos fan un favor arranxando calquera cousa da que nos deamos parte, así que as chamadas na maioría dos casos quedan en nada”.
O resultado disto é que cousas que deberían terse reparado non se repararon por puro capricho político, e nesta semana co inicio da escola, varios nenos pagaron o prezo desa irresponsabilidade, pois o brazo en mal estado dun tobogan no CRA de Lois provocou feridas en polo menos dous nenos, e mesmo as mestras tiveron que facer un amaño para evitar que os cativos seguiran feríndose.
A este problema, súmanse as denuncias aparecidas nas redes sociais por unha fonte tirada no chan no entorno do comedor escolar en Barrantes, e outras denuncias de mobiliario nos parques e paseos en mal estado.
E todo isto na semana na que o goberno local, nun exemplo claro de oportunismo político, anuncia na prensa e a través das súas redes, a realización de varias actuacións que, a vista do acontecido igual non eran as máis urxentes, ademais de que nalgún caso véndense como importantes actuacións bastante ridículas e ineficientes, como no caso do parque infantil da praza da carballeira en Barrantes, onde cun pouco de pintura venderon unha actuación importante, deixando ademais a valla referida case no mesmo estado no que estaba, oxidada e apodrecida en moitas partes.

Esta é a valla na que supostamente o concello investiu 1000€

E así é como está, oxidada e a podrecida por moitas partes.
Esto con Enrique non pasaba.
Durante a lexislatura anterior, con Enrique Oubiña de concelleiro de urbanismo, ademais do mantemento diario e da resolución inmediata de calquera defecto que se detectase, facíase de xeito anual unha inspección pormenorizada de todas as áreas públicas, nas zonas de impacto turístico antes da semana santa, e nas áreas infantís, que requiren unha atención moi particular, antes do inicio do verán, co obxectivo de detectar as carencias que puideran terse producido ao longo do inverno e por algún motivo non foran advertidas, así como actuación de máis calados, como o mobiliario que debido ao desgaste tivera que ser substituido. A partir de aí establecíase un plan de actuación, orzamentábanse as actuacións que non podían ser realizadas por persoal municipal, xeralmente en conxunto para abaratar custes, e nos meses do verán procedíase a intervir onde fora preciso. Gracias a esta maneira de traballar, coa chegada da semana santa as zonas turísticas do concello contaban cunha imaxe moito máis que aceptable, e no inicio de curso os cativos do concello encontraban sempre as instalacións en perfecto estado.
Agora temos un goberno que funciona a golpe de prensa e de facebook, e solo actúa naquilo que pensa que lle vai dar un bo titular, ou ante queixas públicas nas redes sociais -sempre que non veñan de Somos Ribadumia -. Ademais sorprende comprobar que en lugar de resolver os problemas que tanto Somos Ribadumia como a veciñanza denuncian, o goberno usa as redes sociais para poñerse a facer campaña anunciando obras. Citamos a modo de exemplo a resposta do concello no caso do tobogan, denunciado por unha nai en Facebook: Boas noites, na reunión veciñal que mantivo o alcalde e concelleiros na Casa de Cultura de Lois xa se dou conta dunha obra que se acometerá no recinto escolar e no cal tamén está incluído o parque. Para Enrique Oubiña “é inaceptable que ante a evidencia de que hai mobiliario en mal estado e ferindo a nenos, a resposta sexa que nalgún momento se vai acometer unha obra, e non a solución inmediata ao problema”.
One comment