O goberno municipal está politicamente paralizado.
- Total abandono das responsabilidade de goberno por parte do equipo de IR.
- O goberno non ten aprobado a día de hoxe o orzamento municipal, nin o reparto de axudas a entidades e clubs.
Dende Somos Ribadumia queremos poñer de manifesto o estado de parálise política na que vive o concello de Ribadumia, que esta supoñendo un grave prexuicio, xa non solo a veciñanza, se non tamén a entidades e clubs deportivos, que a estas alturas do ano inda non saben se van recibir axuda municipal, nin que cantidades.
Dende o pleno de organización, onde os concelleiros de IR estiveron moi rápidos a aprobar os seus salarios e os seus representantes na Mancomunidade do Salnés, non volvemos ter constancia da existencia do goberno municipal salvo unhas cantas fotos aparecidas en prensa. E mentres o verán avanza, tal como vimos denunciando nas últimas semanas:
- O estado de mantemento dalgunhas zonas públicas estase vendo afectado por certo abandono ao que ninguén pon remedio.
- Non existe control municipal sobre as obras en marcha.
- A situación do centro de saúde é inadmisible e chegou a un punto insostible, pero do goberno municipal non tivemos máis novas que unha recollida de sinaturas, e unhas declaracións de David Castro poñendo escusas para non mover un dedo.
- Non temos aprobado o orzamento municipal, vital para poder executar unha correcta xestión municipal.
- Están sen aprobar as axudas a entidades sociais, culturais e deportivas.
Dende Somos Ribadumia consideramos que podía ser compresible, aínda que fose desleal, que David Castro non quixera aprobar o orzamento antes das eleccións, porque se negou a aceptar a inclusión de varias propostas nosas, algunhas delas en beneficio dos colectivos municipais, e polo tanto non tiña apoio suficiente, pero agora que ten a maioría necesaria para aprobar o documento orzamentario que considere, é totalmente inaceptable que non tiveramos xa un pleno para aprobar o orzamento, e con el as axudas a colectivos.
Para Enrique Oubiña, “a falta de respecto cara os colectivos é inaudita. Fai uns meses aprobamos modificacións nas bases para favorecer que todas as entidades puideran percibir o 25% das axudas inmediatamente despois de seren aprobadas. Unha medida importante que non lles vai servir de nada estando a estas alturas do ano as axudas sen aprobar, pois as entidades culturais xa teñen organizado o próximo curso, e as deportivas as correspondentes campañas deportivas, salvo no caso do piragüismo, polo que uns e outros tiveron que ou ben organizarse sen contar co concello ou ben facendo a conta da leiteira, en función do ano anterior, sen seguridade ningunha. Todo por unha irresponsabilidade de David Castro, que parece andar máis preocupado polo que pasa coa Mancomunidade e co seu amigo Gonzalo Durán que en axudar aos colectivos municipais e solventar os problemas do Concello que di gobernar”.