Enrique Oubiña causa impresión en Europa coa súa explicación da realidade no noso concello.

  • A súa referencia ó machismo institucional e as prácticas fascistas de alcaldes como o de Vilanova de Arousa levou á mesa de debate a modificar a declaración institucional, para incluir a loita contra o machismo e a defensa dos dereitos das mulleres como parte das medidas de loita contra o fascismo.
  • A súa intervención, explicando a realidade salarial do noso concello, e a necesidade de implementar políticas efectivas que axusten os salarios co nivel de vida e regulen o acceso á vivenda e os servizos básicos levouse un dos maiores aplausos da xornada.

WhatsApp Image 2019-02-08 at 11.06.42  A presencia de Enrique Oubiña nas  xornadas  da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe), promovida polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e onde participou xunto a varios representantes da política municipal de 14 países europeos, e varios europarlamentarios non pasou inadvertida.

   Tampouco pasaron inadvertidas as súas ponencias. Expuxo  a realidade da nosa comarca no referente o fascismo onde, sen ter partidos denominados de ultradereita, convivimos con cargos institucionais que usan tácticas fascistas e machistas de xeito habitual, facendo mención expresa  ó caso do alcalde de Vilanova de Arousa, tristemente coñecido polos seus habituais ataques verbais a concelleiros da oposición, pero máis duramente a concelleiras, así como insultos graves  de corte machista como os proferidos contra a presidenta da Deputación de Pontevedra. Unha exposición , no tramo final das xornadas, que  provocou que a presidenta da mesa, a Eurodeputada Marie-Christine Vergiat do Front de Gauche de Francia, pedira a palabra para modificar a declaración institucional do Grupo Parlamentario Europeo, e se incluíra o acordo explícito de apoiar a loita contra o machismo e defensa dos dereitos das mulleres, como parte das medidas de loita contra o fascismo no “Acordo por unha Fronte Europea Antifascista” e que foi aprobado por aclamación.

Antes diso, Oubiña expuxo, na súa ponencia central, de forma moi esclarecedora a realidade á que se enfrontan moitos dos nosos veciños e, especialmente, das nosas veciñas, debido á precariedade salarial imperante, e os problemas que acarrexa  en varios ambitos, pero facendo especial fincapé nas problemáticas sociais e económicas, dando claras mostras do seu alto  nivel político, que para os que formamos parte de Somos Ribadumia supón un orgullo.

img_20190208_123721_474-e1549749139982

Enrique Oubiña conversa co chipriota Stavros Yerolatsites, durante unha das xornadas.

 O noso concelleiro aproveitou as xornadas para coñecer outras realidades europeas, así como as problemáticas e medidas para enfrontalas  que  se están levando a cabo noutros países, unha experiencia sobre á que á súa chegada expresou que foi “moi enriquecedora e necesaria. Saír do noso ambiente natural permítenos coller conciencia  da nosa realidade dende a distancia. Coñecer a persoas do calado da escritora iraní Nazanin Armanian , ou do chipriota Stavros Yerolatsites, por nomear algunhas das persoas coas que compartimos impresións e conversas, que teñen ó seu lombo experiencias duras e difíciles, pero seguen sendo valentes activistas a pesares das dificultades, resulta impactante, pero sobre todo permite aprender moito da vida e da política”.

     Tamén o resto de participantes do Salnés (Xurxo Charlín de Somos Cambados e Elena Cores e Conchi Rodriguez de Gañemos Vilanova) fixeron aportacións positivas recollidas nos documentos finais en relación á necesidade de rehabilitación das vivendas existentes para crear un parque de vivenda pública e de calidade en toda Europa, a implantación dunha lexislación vinculante contra a especulación financeira e a evasión fiscal, incluíndo os “Fondos Buitres” propietarios destas vivendas, e a necesidade da construción dunha verdadeira diversidade social para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, que están forzadas a vivir soas ao non contar con prazas en centros públicos para o coidado da terceira idade.

Deixamosvos aqui os enlaces os videos das intervencións de Enrique Oubiña:

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s