O Concello de Ribadumia impulsa o mantemento das zonas verdes e do mobiliario urbán
Nas últimas semanas intensificáronse os traballos de mantemento na parte ribadumiense por onde transcorre a Ruta da Pedra e da Auga e na senda fluvial do Umia. As labores de mantemento xa se viñan mantendo ó longo do ano, e xa a finais do verán pasado se habían reforzado os traballos coa adquisición de maquinaria nova, un tractor de reducido tamaño con desbrozadora e unha podadora manual, que axilizaron moito estas labores e permitiron que se acadara un nivel óptimo e sostido no mantemento das sendas fluviais, que agora locen en calquera época do ano unha moi boa imaxe.

Enrique Oubiña e Pepe Lede están estes días supervisando os traballos de mantemento nas sendas fluviais e nos parques municipais.
Con todo, coa chegada da nova cuadrilla de traballadores e coa vista posta na semana santa e no verán, apostouse por reforzar eses traballos. As labouras que estes días se están levando a cabo, ademais das habituais de corte de herba e repaso do firme das sendas, consisten basicamente en revisar o arbolado, podando algunha ponla que no inverno puidera irse descolgando e renovar o mobiliario defectuoso, especialmente tramos de valla. Ademais, para prolongar a vida útil das vallas e outros elementos decorativos, estase optando, aproveitando que se van renovando, para meter uns soportes de formigón e pvc, que eviten que a madeira teña excesivo contacto coa terra, que era o motivo de que a vida útil destes elementos fora tan reducida.O resultado de todos estes traballos, tal como explica o tenente de alcalde Enrique Oubiña “salta á vista, tanto que a propia Salomé Peña cando en días pasado quixo criticarnos polo mantemento das sendas fluviais tivo que ir facer a foto a outro concello“ Oubiña aproveitou que lle preguntamos por esta cuestión para mostrar a súa decepción co PP “que en visperas de semana santa en lugar de defender as virtudes das nosas sendas fluviais utiliza estes importantes atractivos turísticos para facer ataques políticos danando a imaxe do noso concello. Estamos vendo entristecidos como ó PP non lle importa nada Ribadumia , e solo pensa en recuperar o poder que o pobo lle quitou”.
Traballos nos parques municipais.
Estes días tamén se están intensificando os traballos de mantemento dos parques e espazos públicos municipais, realizando labouras de barnizado e pintado de elementos de xogo, farolas, bancos, etc, e a substitución de pezas defectuosas. Hai que remarcar que, grazas a importante inversión realizada nos anos 2015 e 2016 para corrixir a situación de abandono na que os parques municipais se encontraban, e que superou os 50.000€, estes traballos agora son moito máis reducidos, co cal estase conseguindo que os parques luzan nunhas condicións de mantemento óptimas e o mesmo tempo mellorouse a xestión dos recursos, unha xestión que Oubiña valora “máis que outra cousa como lóxica, o que non era lóxico era ter os parques que daban pena. “
One comment