En marcha as obras de reparación e mantemento dos parques infantís en Ribadumia.

O equipo de goberno acordou añadir un elemento accesible nun dos parques, para facilitar a integración de nenos con problemas de movilidade.

   O equipo de goberno de Ribadumia informa que están en marcha as obras de reparación e mantemento dos parques infantís do concello, iniciadas en decembro, anque logo, tal como explica o concelleiro de obras enrique Oubiña, ” quedaron paralizadas ata fai uns días por mor do mal tempo, que non permiten realizar este tipo de traballos no exterior”.

IMG_9876 (3)

Este venres o concelleiro de obras de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, e o concelleiro de parques e xardíns do Psoe, Pepe Lede, estiveron comprobando como marchan as actuacións que se están levando a cabo nos parques infantís do concello.

   As obras prevén actuacións en oito parques infantís, ós cales se lles realizarán labouras de limpeza, mantemento e substitución de elementos defectuosos, e logo da aprobación en pleno municipal dunha partida de 30.000€ para este fin, e do correspondente procedemento, denominado “negociado sen publicidade”, no que se convidou a catro empresas do sector a presentar ofertas, foron adxudicadas,  por un valor de 25.410€, correspondente coa que os técnicos municipais consideraron mellor oferta. Hai que resaltar a mellora da transparencia con este tipo de contratacións, onde o procedemento que se segue é totalmente aberto, pasando polo pleno municipal para que os partidos políticos valoren a proposta,  e xestionado despois polos técnicos municipais, que son os que elaboran os seus informes e valoracións sen inxerencias políticas. 

  A maiores disto, no parque infantil anexo a aula de primaria do colexio estase procedendo a substitución de toda a superficie de caucho. Esta substitución, que suporá mais da metade dos 25.410€ que se van investir nas reparacións de todos os parques municipais, ven motivada, según os informes técnicos realizados, pola mala colocación e baixa calidade dos materiais existentes, que axudada por un defectuoso mantemento derivou en problemas diversos, como o desgaste do caucho que rematou por tinguir a roupa dos nenos, empozamento de augas en varias zonas, etc. Ademais, unha vez retirado o caucho vello, fíxose evidente que a soleira sobre a que estaba asentado realizouse no seu día dun xeito moi deficiente, o cal obrigou agora a realizar unha soleira nova, cun sobrecusto na obra de preto de 4.000€.

  Para Enrique Oubiña,  concelleiro de obras, “a deixadez do goberno anterior, que non exercía ningún tipo de control sobre as obras que adxudicaba, e permitía que as cousas se fixeran de calquera maneira, lévanos agora a ter que gastar cartos de todos os veciños en corrixir estas situacións”.

   O equipo de goberno acordou tamén aproveitar estas obras e añadir un elemento  accesible nun  dos parques do núcleo de Barrantes, e non descarta no futuro, se se vira a necesidade, incluír mais elementos deste tipo noutros parques.

   A  inversión final nos parques do concello vai superar os 30.000€, unha cantidade en gran medida derivada da situación na que estaban os parques, denunciada xa por Somos Ribadumia en marzo do 2015 ainda co goberno do PP, que obriga agora a unha actuación en profundidade. Para Enrique Oubiña, “son inversións necesarias,  porque os parques infantís teñen que ter un mantemento correcto que  garanta  cuestións como a seguridade,  e obviar ese mantemento  ou seguir mirando para outro lado como facía o anterior equipo de goberno solo serviría  para que no futuro os problemas foran maiores, e tamén mais caros de corrixir.

Dende Somos Ribadumia entendemos que o equipo de goberno está facendo un bo traballo, e inda que o procedemento para levalas a cabo non é tan rapido como nos gustaría, nos preferimos que se fagan  as cousas ben, tanto no político levando a obra a pleno, onde por certo comprobamos a oposición do PP a estas actuacións,   e seguindo unha formula de contratación aberta,  como na execución das obras, para  garantir que os parques ó remate das actuacións van estar en optimas condicións e mínimizar os custes de mantemento no futuro.” 

  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s