A asemblea Organizativa aproba o Documento Fundacional.

O “Documento Organizativo e Carta Financeira” queda pendente dunha segunda asemblea.

   Na tarde de onte tivo lugar a asemblea programada para debater os documentos que deberían servir para asentar e organizar o funcionamento interno de Somos Ribadumia.

   Para o debate había propostos dous documentos, por una banda una carta fundacional, que expresara dalgún xeito os motivos que nos levaron a crear Somos Ribadumia e as pautas éticas e programáticas que a plataforma e as persoas que forman parte activa dela deberían seguir; e por outro lado un documento organizativo que ademais da carta financeira  establecera as bases de funcionamento interno, da asemblea, da Comisión Executiva, a figura do colaborador, etc.

   O debate, que transcorreu nun ambiente moi aberto e animado que favoreceu o contraste de ideas e posicións,  prolongouse durante mais de tres horas, e como resultado del aprobouse por consenso o Documento Fundacional, e deixouse moi avanzado o Documento Organizativo e Carta Financeira.

   Nunha próxima asemblea  pendente de concretar debaterase o que falta do documento organizativo e da carta financieira e, se procedera, elixirase a Comisión Executiva que deberá levar adiante o traballo do día a día e realizar os acordos que se tomen nas distintas asembleas.

   Hai que remarcar, ademais do respecto e carácter dialogante que mostraron todos os veciños e veciñas que se achegaron a asemblea, a capacidade mostrada para sacar adiante un documento desta importancia por consenso. Hai que recordar que todas as decisións que ata o día de hoxe tomou esta plataforma foron precisamente  “por consenso”, sen necesidade de votacións, e se algo quedou claro na asemblea de onte, é precisamente que un pilar fundamental do funcionamento de Somos Ribadumia debe ser a busca de acordos consensuados.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s