REPARAR AS DEFICIENCIAS NOS PARQUES INFANTÍS DERIVADAS DA INCOMPETENCIA DO PP VANLLE CUSTAR  AS ARCAS MUNICIPAIS 32.000 EUROS.

CapturaO equipo de goberno do Concello de Ribadumia vén de celebrar, con data 05/11/2015, un pleno no que entre outros asuntos informou que o estado no que se encontran os parques infantís  que hai no Concello de Ribadumia é deficiente e, nalgún caso, de abandono.

Este equipo de goberno pon en duda a xestión de Salomé Peña e o seu equipo, pois durante estes últimos anos enténdese que non  houbo ningún tipo de mantemento. Esta conclusión está perfectamente documentada, pois vén avalada por un informe do técnico municipal no que se indican as graves deficiencias existentes e o conseguinte perigo para os usuarios, cuestión gravísima tratándose de nenos.

Entre o mantemento que hai que levar a cabo nos parques infantís inclúense aspectos como: valado deteriorado, pezas soltas, rotas ou astilladas, manifestacións de óxido e corrosión nas pezas metálicas, as pezas de unión como anclaxes ou  parafusos están soltas e frouxas, as rampas dos tobogáns deterioradas, etc.

Este equipo de goberno solicitou presupostos a distintas empresas para levar a cabo a reparación dos parques infantís. O custo das actuacións está valorado nuns 32.000 euros.

Denunciamos e lamentamos a falta de previsión por parte da exalcaldesa Salomé Peña, pois a partida económica que deixou para o mantemento dos parques infantís é de 3.906,79 euros a 30/09/2015, e a partida inicial que tiñan era de 6.000 euros, necesitándose 5 veces máis do que tiñan previsto presupostariamente. Ao PP parece que lle importaban máis as grandes obras que o benestar e a seguridade dos nenos de Ribadumia.

Dende o concello temos claro que, por esta falta de interese e previsión, nos vemos obrigados a actuar de xeito rápido e urxente e a facer un importante esforzo económico para levar a cabo a reparación dos danos que hai nos distintos parques infantís, pois nestas condicións supoñen un perigo para os nenos que os utilizan.

Os informes técnicos que xustifican a necesidade deste investimento están a disposición dos veciños nas oficinas municipais.

Á parte destas reparacións, de cara ós próximos anos, o equipo de goberno ten previsto realizar un calendario de revisión e mantemento de todas estas instalacións, para conseguir que estean en mellores condicións de uso, alongar a súa vida e un aforro para as arcas municipais, pois entendemos que o investimento que agora se vai facer para solucionar as graves deficiencias que existen é moi superior ó que suporía realizar un mantemento anual.

Este equipo de goberno, despois de informar no pleno, nos próximos días vai adxudicar a obra valorando os presupostos dos que xa dispoñemos, para poñer en marcha  as reparacións dos distintos parques infantís que ten este concello en cada unha das parroquias  e tamén no colexio de Barrantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s