O CONCELLO DE RIBADUMIA LEVOU A PLENO A ADAPTACIÓN DE VARIAS ORDENANZAS FISCAIS.

Aumentáronse as bonificacións e exencións nas ordeanzas reguladoras do acceso a piscina municipal e as instalacións deportivas.

De todas as taxas, só se revisou á alza a da Escola de Verán, para axustala proporcionalmente ao aumento do número de horas e período de apertura da mesma, tal e como demandaron os usuarios do servizo.

 

PLENO MUNICIPALNo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ribadumia que tivo lugar o xoves pasado, abordouse a adaptación de varias ordenanzas fiscais, a fin de poder publicalas e que entren en vigor no período 2016.

Na maioría dos casos tratouse simplemente de adaptar as ordeanzas á actualidade e á lexislación vixente, sen aplicar ningún tipo de incremento nas mesmas. Así, en palabras do alcalde David Castro: “algunhas das taxas estaban aínda en pesetas; o que se fai é adaptalas á lexislación e pasalas a euros, unha cousa por certo, que tiña que haber feito no seu día o anterior equipo de goberno e por deixadez non fixo”.   A reforma destas taxas mereceu a aprobación unánime de toda a corporación.

AUMENTO DAS BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS NAS ORDANANZAS DA PISCINA MUNICIPAL E NA DE ACCESO AOS CAMPOS DE FUTBOL:

O equipo de goberno decidiu propor varias modificacións nas ordenanzas reguladoras de acceso ás instalacións deportivas municipais e á piscina municipal de Cabanelas, coa finalidade de facilitar o acceso ás mesmas.

Así no caso da piscina amplíase a posibilidade de aplicar as exencións de pago das que disfrutan xa na actualidade os veciños empadronados aos seus familiares ata segundo grado. Esto permite rematar co problema que tiñan por exemplo aqueles veciños de Ribadumia que por motivos laborais teñen que residir fóra do noso concello e veñen de vacacións no verán e non podían acceder ao servizo…..  Tamén se inclúen no mesmo apartado para poder acceder ás bonificacións a aquelas persoas e familiares que, sen ser residentes en Ribadumia, si teñen empresas ou comercios no noso concello. Neste caso considerouse de xustiza que si están xerando emprego, servizos ou economía en Ribadumia, e pagando impostos, poidan acceder a este servizo en igualdade de condicións que os residentes no municipio.

No caso do acceso ás instalacións deportivas, acordouse estender as bonificacións que existían para poder usar os pavillóns polideportivos aos campos de fútbol de titularidade municipal.  Esto, na práctica, permite que os veciños de Ribadumia que ata agora pagaban polo uso do campo de fútbol deixen de facelo, unha medida que afecta especialmente aos equipos de fútbol veterán existentes no Concello.  Finalmente tamén se reformou a ordananza do ximnasio municipal, para incluír a posibilidade de adquirir bonos de acceso individual sen ter que abonar a cuota mensual.

TAXA POLA ESCOLA DE VERÁN:

No ámbito da conciliación familiar tamén se aprobaron melloras na taxa e no servizo. Por unha banda os usuarios do plan madruga e da escola de ocio e tempo libre terán unha rebaixa nos meses de Xuño e Setembro, que ata agora era obrigatorio pagar completos inda que solo se disfrutara do servizo unha parte do mes.

No caso da Escola de Verán, o que se levou a Pleno foi unha revisión da ordeanza para segregala da “escola de ocio e tempo libre”, e adaptar a taxa  ampliación e mellora do servizo que se vai levar a cabo a partir do 2016, cando  aumentará tanto o tempo de duración da escola, como o horario de apertura da mesma; así como as prazas.

Todas estas modificacións leváronse a cabo a demanda dos propios usuarios do servizo, e coa fin de adaptalas ao horario laboral de verán e permitir unha maior conciliación da actividade familiar e laboral, que ao fin e ao cabo é o obxectivo primordial da escola.

Así incrementarase o período de servizo da Escola de Verán dende mediados de xuño ata mediados de setembro, para facela coindicir co final e principio do curso escolar, e o seu horario de funcionamento (de 8 a 15 horas).

Finalmente xa tamén no presente ano se aumentaron as prazas da Escola de Verán para poder atender toda a demanda existente e que non quedase ninguén sen poder acceder ao servizo. Así pasouse de 50 prazas (límite que tiña o anterior equipo de goberno de Salomé Peña, aínda que o regulamento non o establecía) a atender xa no 2015 a 86 usuarios, co conseguinte aumento de persoal, e polo tanto de partida económica. Con Salomé Peña e o seu equipo este servizo mantiñase cun presuposto de 10.000 euros e co novo equipo de goberno temos que contar cunha partida duns 19.000 euros.

Todas estas melloras fixeron preciso unha modificación da taxa, que se acordou facer de xeito proporcional ao correlativo aumento de horas do servizo que se prestan (sempre baseándonos na cuota que se viña aplicando en anos anteriores) Así pásase de pagar 30 euros ao mes a pagar 45, pero tamén se pasa de prestar un servizo de 240 horas a 420 horas, entre os meses de xuño e setembro.

One comment

  1. Sergio

    Me parece un error lo que se ha decidido con las tasas de la piscina, y además es diametralmente opuesto a todo lo que se había comentado en nuestras xuntanzas.

    En lugar de procurar un servicio que se autofinancie (o que al menos lo intente hasta donde sea posible) lo que han hecho es que el concello tenga que asumir aún más gastos para abrir gratuitamente unas instalaciones de ocio, ya no a residentes, sino a sus familias vivan donde vivan, familias de comerciantes locales, … Barra libre, que pagamos todos!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s