O concello pon en marcha o parque infantil anexo ó colexio de Barrrantes

Este venres,  quedou aberto para disfrute do público mais novo o parque infantil, que amplía as instalacións do complexo educacional no que se circunscribe o  CPI Xulia Becerra Malvar.

IMG_8794  A instalación, plantexada como unha superficie de 220 metros cadrados, totalmente cuberta de caucho e con sete elementos de xogo para nenos de entre 3 e 6 anos, tiña un orzamento inicial de 50.396,50€, pero a negociación levada a cabo polo equipo de goberno con varias empresas do sector, reduciu esa cantidade en algo mais de 6.000€ ata deixala nos 44.323€, dos cales 15.019€ foron aportados polo concello, e o resto subvencionado pola Xunta de Galicia, a través do GDR. Hai que destacar, tal como explica Pepe Lede, o concelleiro responsable da área de parques e xardíns, “a axilidade coa que este equipo de goberno xestionou está obra para conseguir, a pesares das críticas do PP, por un lado  que os prazos se cumpriran, e por outro que o orzamento se vira mellorado, ademais da aposta forte por buscar formulas que conseguiran implicar a empresas locais.

Dende o equipo de goberno recordan que para poder facer fronte á parte da obra que debe pagar o concello, debido a mala xestión e falta total de previsión do goberno anterior presidido por Salome Peña, que non incluíu ningunha partida orzamentaria para esta obra, e ademais destinou o total da partida prevista para ó colexio á obra do ximnasio, foi preciso acometer unha modificación de crédito.  O mesmo tempo hai que lamentar que o feito de coller este proxecto xa pechado, non permitiu facer o que tiña que ter feito o equipo da señora Peña e non fixo, que é  presentar a obra ós colectivos afectados, colexio, ANPA, etc, para entre todos poder corrixir posibles erros e mesmo melloralo de ser posible.

O equipo de goberno quere insistir tamén na necesidade de facer unha boa previsión orzamentaria, pero sobre todo, é moi importante tomarse o tempo necesario para desenrolar un proxecto que poña enriba da mesa qué tipo de concello se quere conseguir, cara onde se quere medrar, qué necesidades se necesitan cubrir, etc, e deixar de realizar obras por impulso ou a golpe de subvención sen unha correcta planificación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s