O equipo de goberno aprobará esta tarde a concesión de subvencións a entidades e clubs locais

O Concello de Ribadumia celebra esta tarde unha sesión Extraordinaria do Pleno Municipal, tres semanas despois do Pleno de organización de Goberno. Na orde do día figura ademais da adxudicación da reforma do ximnasio, a aprobación das bases de adxudicación para a dotación do edificio anexo o pavillon de Ribadumia, e unha modificación de credito para facer fronte a unhas  obras e compras que non estaban inicialmente orzamentadas para este ano,  un tema de moita importancia e que na última semana se esta vendo desvirtuado pola actitude do PP: a concesión de subvencións a entidades e clubs.

A oposición (PP) non fixo ningunha proposta concreta con respecto ó reparto destas axudas,  pero si criticou as propostas presentadas polo equipo de goberno nas Comisións Informativas, que tiveron lugar o pasado xoves,  por tratarse según o PP dun “corta e pega” das aprobadas o ano pasado.   “O que Salomé se esqueceu de decir, tal como aclarou á prensa o equipo de goberno, foi que  a concesión de subvencións a entidades e clubs xa tiñan que estar aprobadas polo anterior goberno, capitaneado  pola propia Salomé Peña,  en maio como moi tarde. Agora, “debido á deixadez do Partido Popular, que de abril a maio estivo máis pendente de facer propaganda electoral que de xestionar o Concello, a concesión de subvencións terá que ir a un pleno extraordinario” .

Ademais disto, na Comisión Informativa de Cultura e Deportes, e a pesares da urxencia  do tema, o equipo de goberno propuxo revisar a documentación das subvencións por se consideraban necesario facer algunha mellora nas axudas. O documento que se presentará esta tarde  para a  súa aprobación poderia presentar algún cambio, pero de non ser así o goberno comprométese a facer axustes antes de final de ano, se se vira que algunha entidade mantivo unha actividade moi por riba da valoración feita, unha valoración que debido a urxencia e sobre todo a ineficacia das bases ( unha ineficacia  que Enrique Oubiña non se cansou de denunciar ó longo da lexislatura pasada ante o silencio despreciativo do PP) non pudo realizarse  coa  obxetividade que este equipo de goberno pretende, algo que si acontecerá no futuro mais próximo.
Peña  tamén acusou estes días a Oubiña de “ter a pouca vergonza de defender en primeira persoa ese paquete de axudas a pesar de non ser o concelleiro de Cultura e Deporte” ao que Oubiña pide a Salomé Peña que “non se durma nos Plenos, xa que no Pleno de organización quedou moi claro que tanto Enrique Oubiña como José Ramón González forman parte de todas as comisións informativas como representantes dos seus respectivos partidos, ademais de formar parte do equipo de goberno”. Estas comisións, recordamos,  están compostas cada unha por sete membros , e respetando a proporcionalidade da representación que cada grupo político ostenta, corresponde en cada comisión 3 membros do Partido Popular, 2 membros de Independientes por Ribadumia, 1 membro do PSdeG e 1 membro de Somos Ribadumia.

  En resumo, as axudas as entidades  estaban nun caixon debido a inoperancia e irresponsabilidade do PP, e agora que o equipo de goberno, formado por SR, IR e Psoe, decide porlle remedio a esta situación pola vía de urxencia para que as entidades teñan acceso ás axudas canto antes,  topamonos con que o PP, en lugar de preocuparse polas entidades se preocupa de facer propaganda e demagoxia, pero sen facer ningún tipo de proposta, pois o único do que o equipo de goberno ten constancia tanto polo expresado nas comisións informativas como polo que chegou o propio concello, é do interes do PP en que haxa (e cobrar) cantas mais comisións informativas mellor. 

Cambio de bases.

O traballo do equipo de goberno coas axudas a entidades non acaba hoxe. A pesar de que este ano teñen que ser aprobadas por urxencia, dende o equipo de goberno, ante a evidencia de que as bases das subvencións non son obxectivas nin realistas coa labor que están a desenvolver as distintas entidades e clubs, temos  intención de consensuar e elaborar unhas novas bases que fagan xustizas a esta labor, primordial no desenrolo do noso concello.

One comment

  1. Pingback: O equipo de goberno de Ribadumia  segue a traballar na mellora das axudas a entidades e clubs. | Somos Ribadumia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s