Somos Ribadumia avanza na súa estruturación interna.
Onte tivo lugar unha nova xuntanza de Somos Ribadumia. Nela fixose un repaso da labor do equipo de goberno nestes primeiros días, moi intensos, e mais especificamente do traballo de Enrique Oubiña, concelleiro de Obras, vias, urbanismo, asuntos sociais, terceira idade e sanidade. En resumo podese decir que os primeiros días do equipo de goberno estan sendo moi axetreados porque había traballo acumulado, froito do parón derivado do proceso electoral e de cambio de goberno. Mais todo vai correctamente, as urxencias como a posta en marcha da piscina ou da escola de ocio de verán están solventadas, e o novo equipo de goberno xa esta a pleno rendemento. Pola banda da laboura de Enrique Oubiña, ademais da atención os diferentes asuntos plantexados polos veciños e veciñas, que son o día a día do concello, estase poñendo en marcha, coa estreita colaboración do persoal de asuntos sociais, a elaboración dun plan especifico de axudas sociais, algo moi importante para Somos Ribadumia, e tamen para os socios de goberno, e do que se falará moito nos próximos meses. Tamen se informou da reclamación á consellería de sanidade realizada pola inadmisible situación do noso centro de saude, que ademais das carencias que ten, de infraestrutura, de medios e de persoal, resulta que en verán o Sergas non cubre as baixas por vacacións.
Centrandonos xa na situación interna de Somos Ribadumia, logo de valorar o noso estado actual e o traballo realizado ata o momento, e visto que este proxecto ten moito desenrolo por diante, e que ademais conta cun apoio crecente de veciños e veciñas, onte tomaronse importantes decisións:
– Somos Ribadumia vai manter o seu caracter de plataforma veciñal aberta, o que quere decir que as xuntanzas van a seguir sendo abertas, e que as decisións importantes vanse seguir tomando en asemblea, coa posibilidade de que calquera veciño e veciña participe.
– acordouse así mesmo elaborar un documento base, para ser levado a asemblea, que plantexe uns principios estatutarios e de funcionamento mínimos, que nos definan como grupo e que definan a nosa maneira de traballar. Para a laboura de redactar ese documento base nomeuse un equipo de tres persoas, pero o proceso é aberto, polo que calquera persoa poderá facer as aportacións que considere. Na próxima asemblea, que tera certo caracter fundacional, debaterase este documento, coas aportacións e achegas que teñamos, e aprobarase o documento definitivo.
– mentres esta asemblea non ten lugar, provisionalmente estableceuse un grupo para o traballo diario. Non é un grupo pechado, polo que calquera persoa que queira aportar pode unirse e participar. Este grupo, que se comunicara diariamente a través de ferramentas como o e-mail ou o whatsapp, e que se xuntara como mínimo de xeito quincenal, ten o cometido de desenrolar o traballo político de Somos Ribadumia, en base ó programa e código ético aprobados e o pacto de goberno asinado coas outras dúas forzas, fiscalizar e apoiar ó concelleiro Enrique Oubiña no seu traballo, e atender a calquera situación que xurda.
En definitiva, a de onte foi unha xuntanza moi fructifera, con importantes avances que van permitir que Somos Ribadumia teña un papel relevante no goberno municipal, a través do traballo de Enrique Oubiña e gracias o pacto asinado con IR e Psoe que nos da ademais dun proxecto de concello, a estabilidade municipal necesaria para traballar, pero tamén tamen que SR siga medrando como un espazo aberto de participación onde teñan cabida todos os veciños e veciñas.