En agosto e as axudas a entidades e colectivos sen aprobar. Outra vez.

  • Un ano máis o goberno acumula retraso na aprobación destas axudas.
  • Entidades, clubs deportivos e comisións de festas teñen que organizar as súas contas sen saber a axuda que van percibir.
  • As axudas seguen conxeladas.

  Chegamos a agosto coas axudas ao entidades e clubs sen aprobar.  E unha vez máis o goberno local  acumula meses de retraso sen xustificación.  Cabe sinalar que a convocatoria destas axudas, xa con certo retraso, publicouse o 12 de marzo, dando 60 días ás entidades e clubs para entregar as súas solicitudes. O prazo venceu o 10 de maio, polo que non existe motivo polo cal non se puideran aprobar como moi tarde no Pleno Ordinario de Xullo. Pero nin se aprobaron no Ordinario nin en ningún Extraordinario, deixando pasar as semanas e meténdonos en agosto coas axudas sen aprobar.  

  Para a nosa formación este é outro exemplo máis do estado de caos e abandono no que vive afundida a xestión municipal, que se suma aos problemas económicos, retrasos nos pagos das facturas que de media case chegan  aos cen días e con recoñecementos extraxudiciais de créditos que só serven para confirmar que hai facturas que se acumulan durante meses e incluso anos.

  Neste caso concreto o problema maior é a inseguridade para entidades e clubs. No caso dos clubs porque se ven obrigados a organizar as tempadas deportivas sen saber canta axuda van recibir do Concello , nin cando se vai cobrar. E cómpre sinalar que un cambio que se realizou no seu momento gracias a Somos Ribadumia foi o adianto do 25% do total das axudas, pensado precisamente para axudar sobre todo ás entidades deportivas a encarar o inicio das respectivas tempadas. Pero para poder realizar ese adianto é preciso que as axudas estean aprobadas. O resultado desta maneira lamentable de xestionar é que entidades e clubs con toda probabilidade un ano máis van recibir os cartos moi tarde.

 Tampouco están aprobadas as axudas aos campus de verán. Neste aspecto sinalamos que o noso Concelleiro Sergio Soutelo solicitou en Pleno unha ampliación específica desas axudas toda vez que as entidades que organizan os campus de verán e que resultan de axuda para as familias na cuestión  da conciliación familiar tiveron que facer fronte ás uns gatos extraordinarios derivados da falta da piscina municipal. Queremos reafirmar esta proposta por que ademais a alternativa que se buscou para a escola de verán municipal non se lle ofreceu a estas entidades, as que unha vez máis David Castro deixa tiradas.

Con independencia do anterior, un ano máis debemos lamentar que as axudas a entidades e clubs,  que maiormente se dirixen a diversos  colectivos – como as vítimas de violencia de xénero –  e no caso dos clubs á promoción do  deporte de base , se manteñan dende 2017  conxeladas  mentres que os gastos en apoiar eventos deportivos puntuais,  especialmente o AF7, aumentan cada ano. As nosa posición segue sendo que se hai cartos para apoiar eventos puntuais ten que haber los para apoiar as labor diaria e durante todo o ano de entidades e clubs.

Queixas pola xestión da escola de verán.

·       Improvisación constante, falta de información.

·       Falta de actividades adecuadas ao cada idade.

·       Sobre exposición dos menores nas redes sociais.

 *NOTA: Artigo enviado á prensa o 28 de xullo, antes de ter coñecemento do acontecido na piscina, tema do que xa falaremos

 Nestes días dende Somos Ribadumia estamos recollendo numerosas queixas en relación á escola de verán que consideramos  deben ser expostas publicamente.

  A maioría das  queixas xiran en torno á xestión e organización da escola de verán, e todo ten que ver cunha completa falta de planificación. Tal como expón Sergio Soutelo “ aquí o problema é que o goberno limitouse a contratar ao persoal antes de comezar a escola de verán, sen planificar previamente as actividades e unha axenda para os dous meses que dura”.  Con este punto de partida, deixando o peso da organización e xestión das actividades no persoal contratado no momento, era evidente o que ía acontecer, e se a iso sumamos  o único razoamento  do goberno é que , e isto é literal, “as nais teñen que pensar que os nenos fixeron algo”,  pois xa temos a foto completa dunha escola de verán caótica.

 O resultado, tal como nos trasladan nais e pais, non é nada positivo: de partida a xuntanza previa fíxose o día antes de comezar a escola, nin horario difícil e avisando o día antes, o cla xa estou malestar por que as nais e pais non poden ter confirmación do inicio da escola e do horario sen marxe para organizarse ante calquera eventualidade ou retraso. Despois disto: continua improvisación das actividades e  abuso das actividades xenéricas no canto de facer actividades adecuadas  a cada grupo de idade. Ademais disto, chama moito a atención de que a pesar de que nais e pais están continuamente recibindo mensaxes de whatsapp con todo tipo de recados, non hai información previa das actividades, nin outra información de  interese real.  “Saturar con mensaxes non é informar as nais e pais. Informar a nais é pais sería darlle o planning de actividades antes do comezo do verán”.

A piscina como exemplo mal facer.

Un exemplo do que nos trasladan as nais e pais témolo coa cuestión da piscina. A pesar de que o goberno leva semanas preparando o uso da piscina da pousada como alternativa á piscina municipal,   gardou silencio e non informou as nais e pais de que se ía por en marcha esa alternativa, arao punto de que  toda a información que recibiron as nais e pais foron un par de mensaxes de whatsapp o luns dicindo que os nenos comezarían as usar a piscina da Pousada o martes. “ as formas xeraron moito malestar porque por moito que sexa positivo,  a pousada levaba anos pechada, e os pais teñen moitas preguntas en canto as condicións desta instalación, algo polo que dende a nosa formación levamos semanas preguntando tamén sen resposta”.  Dende Somos Ribadumia consideramos que certas actividades, esta moi en concreto, non poden comunicarse vía mensaxe.  O “goberno así como monta xuntanzas co persoal da escola de verán para facerse a foto, pode convocar a nais e pais e dar a cara”.

Sobreexposición dos menores.

Outra cuestión sensible da que se queixaron numerosos pais e nais, ten que ver coa sobre exposición nas redes sociais dos nenos e nenas. Referímonos á  campaña de propaganda que o goberno está realizando a conta da escola de verán e dos propios nenos e nenas,  con publicacións continuas   con fotos dos cativos e cativas nas redes sociais.    “Unha cousa é que os pais autoricen que se fagan fotos, que non todos o fixeron,  e que se publique algunha xenérica, pero é totalmente inaceptable que o goberno estea facendo campaña con fotos diarias de nenos e nenas nas redes sociais, menos acompañadas de mensaxes populistas, presenza de políticos e un electoralismo  tan rancio como intolerable”.

  A sobreexposición de menores que tanto gusta ao señor Castro non  algo novo, pero consideramos, igual que moitas nais e pais, que se están superando todos os límites razoables e non razoables.

Dende Somos Ribadumia agardamos que o goberno do señor Castro deixe de facer oídos xordos  ante as queixas das nais e pais, e corrixa as situación que se está vivindo na escola de verán.

Que pasa coa piscina da pousada?

  • Constan conversas coa dirección para que esa piscina a poida usar o Concello.
  • David Castro oculta o acordo e as condicións do mesmo.
  • Operarios municipais levan días traballando na Pousada. Facendo que?
  • Quen vai usar esa piscina, cando, con que garantías de seguridade, e a que custe?

  No Pleno Extraordinario que forzamos dende a oposición para aclarar a situación da piscina municipal, o noso Concelleiro Sergio Soutelo sacou á luz a existencia de conversas coa adxudicataria da Pousada de Ribadumia para chegar a un acordo a través do cal este verán a piscina desa instalación puidera ser usada  polo Concello para dar servizo aos campus de verán. Nese momento Soutelo xa deixou claro que “nos non o vemos mal, sempre dependendo do custe e das condicións, obviamente”.

   Dende o goberno admitiron as conversas pero non deron datos. Por ese motivo Sergio Soutelo presentou uns escrito días despois solicitando ver o acordo, que se sobreentende estará redactado e asinado por ambas partes,  e toda a documentación relacionada “incluíndo calquera acordo económico, das condicións para o uso por parte do Concello das instalacións da Pousada, sexa a piscina ou sexa calquera outra, das obrigas e dereitos de cada parte, de cuestións relativas a seguros de responsabilidade civil ou danos materiais, de contratación de persoal, e calquera outra cuestión relacionada,  así como un informe onde se aclare de maneira pormenorizada o uso que vai dar o Concello a esa instalación, cando e de que maneira,  e o custe que vai ter para as arcas municipais, incluíndo custes de mantemento, de seguros, de persoal ou calquera outro que puidera existir”.

  Non falamos dunha cuestión menor. O uso dunha instalación particular para fins de carácter público ten que estar moi ben recollido documentalmente, en particular as condicións relativas á seguridade e ao persoal empregado. “Os seguros do Concello, para o caso de que estean pagados,  non cubren instalacións privadas, e o persoal contratado polo concello –  está anunciada publicamente a contratación por parte do Concello para cubrir dous postos de socorrista – non pode realizar funcións en instalacións privadas alleas ao Concello, polo que todo debe ter a pertinente cobertura legal e xurídica”.

  Todo isto podería quedar en nada ou chegar a concretarse o acordo, e de feito a Soutelo non se lle achegou a documentación solicitada, aínda que tampouco se comunicou que non existira. Pero en días pasado o alcalde estivo na Pousada e esta semana operarios municipais estiveron realizando algún tipo de labor dentro das súas instalacións, algo moi irregular legalmente falando, que ademais non se está explicado publicamente, pero que nos leva a pensar que nos próximos días a piscina, cuxo servizo non está de momento dispoñible para os usuarios do hotel – aberto sen anuncio dende o 1 de xullo – podería pasar a dar algún servizo ao Concello .

  De ser así, dende a nosa formación non podemos aceptar que se estea ocultando o acordo con concesionaria, nin moito menos que oculte información a veciñanza do que se vai facer, quen vai acceder a esa piscina, se unicamente os nenos da escola de verán municipal , se se van incluír aos dos campus ou se se vai abrir á veciñanza en xeral como alternativa á colapsada piscina municipal, no seu caso en que condicións de legalidade e seguridade,  e cales van ser as contrapartidas do Concello por usar esa instalación.   E sobre todo, cando vai acontecer isto, pois levamos máis de medio mes de xullo, e o único que sabemos é que aos nenos da escola de verán como solución o goberno local puxos a xogar cunha mangueira, uns baldes e algunha pistola de auga. 

Esiximos a David Castro que compareza publicamente e explique exactamente que esta pasando, e que dea a Sergio Soutelo acceso á documentación que ten solicitada ou que a faga pública para coñecemento da veciñanza.

Os puntos de recarga de vehículos impulsados por David Castro,  un ano despois de anunciarse a súa posta en marcha,  seguen sen funcionar

  • Anunciouse a posta en marcha para agosto de 2025, xa cun ano de retraso, pero  outro ano despois seguen sen funcionar.
  • En Ribadumia, obra chapuceira sen arranxar.
  • Novo fracaso de David Castro como presidente da Mancomunidade, con proxectos que se retrasan ou quedan en nada.
  • Os puntos de recarga do aparcadoiro disuasorio de Barrantes, sen instalar dous anos despois.

   David Castro ten un problema importante de xestión en todos os aspectos, e todos derivados da súa desidia. Neste caso concreto falamos da rede de  electrolineiras impulsadas por el mesmo dende a Mancomunidade, que tiñan que estar operativas  a finais do verán de 2024, foron instaladas no 2025 e mediado este xullo de 2026 seguen sen funcionar.

  Compre recordar que no caso de Ribadumia, a corporación aprobou a cesión do espazo para dous puntos de recarga en marzo de 2024. A instalación realizouse na primaveira  de 2025, un ano despois, e ademais cunha obra que no seu momento denunciamos por chapuceira, por ocupar máis espazo do cedido e por colocar o cadro eléctrico ocupando unha vía pública, no medio dunha rúa pendente de abrir no futuro desenvolvemento urbanístico desa zona.

  Con independencia do anterior, a realidade é que a posta en marcha desa rede de electrolineiras segue retrasandose. Estaba anunciada para agosto do ano pasado, logo volveuse anunciar para esta primaveira ou como moi tarde para o inicio de veran deste 2026, pero levamos máis de medio mes de xullo e non sabemos cando van entrar en funcionamento.

 Dende a nosa formación apoiamos a cesión  o espazo público  para a colocación destes  puntos de recarga, pero non para telos de adorno. Non podemos aceptar que se fale de problemas coa rede eléctrica ou con permisos por que se supón que esas cuestións e os prazos correspondentes  se tiveron en conta cando se redactaron os proxectos, e dende logo un retraso de máis de un ano resulta inasumible, máis nun proxecto que se vendeu como a segunda maior rede de electrolineiras de Galicia e que claramente non vai ser nada disto pois as propias estacións de servizo e outros negocios están impulsando os seus propios puntos de recarga de vehículos, de tal xeito que a iniciativa da Mancomunidade, pensada para unha necesidade, pero  tamén para que eses puntos funcionaran como puntos de atracción de visitas foráneas, sobre todo nos Concello con menos atractivo turístico, perde todo o seu valor.

  E dende logo consideramos que a actitude permisiva de David Castro, que se desentendeu por completo deste tema un minuto despois de facerse a foto, resulta inaceptable. Como presidente da Mancomunidade está demostrando unha completa falta de seriedade nas actuacións, con anuncios que quedan en nada ou que sofren retrasos inxustificables.

Nin rastro dos puntos de recarga eléctrica do aparcadoiro disuasorio.

   Por outra banda, queremos sinalar, falando da cuestión dos puntos de recarga impulsados por institucións públicas no noso Concello, que a Xunta de Galicia  aínda non colocou os tres puntos de recarga para vehículos eléctricos que anunciou no aparcadoiro disuasorio creado nas inmediacións da saída da autovía do Salnés. Non debemos esquecer que ese aparcadoiro, inaugurado en xuño de 2024,  tivo un custe de  540.000 euros, unha barbaridade pois falamos dun aparcadoiro de só 77 prazas, e ademais compre remarcar que o emprazamento non resultou, tal como denunciamos no seu momento, ser o mais adecuado, co resultado de que o aparcadoiro está  infrautilizado boa parte do ano, por non dicir que permanece case baleiro.

  O resultado de todo isto é que o noso Concello debería ter cinco puntos de recarga de vehículos situados en zonas públicas xa no 2024,  pero mediado 2026 non ten ningún. E ante esta situación, David Castro cala, demostrando a súa incapacidade política e tamén o seu nulo peso dentro do Partido Popular.